Consta dun obradoiro de música e dun concerto de The Homems e mestura fomento do galego con creación musical. Está dentro do programa Bocaberta.
Ribeira, 11 de xaneiro de 2010.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello colabora coa Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta para ofrecer (a través do programa de dinamización Bocaberta) unha innovadora actividade que combina o fomento da lingua galega entre a mocidade (rapaces e rapazas a partir dos 12 anos) coa creación artística e musical: trátase de Detrás da Canción, iniciativa que terá lugar o vindeiro 5 de febreiro e está dividida en dúas accións, unha formativa e outra lúdica.
Así, en primeiro lugar (entre as 18 e as 19.50 horas) desenvolverase un obradoiro de música para dar aos participantes a oportunidade de coñecer as formas máis actuais de facer música facendo uso das novas tecnoloxías, de xeito que unha produción caseira poida ser de alta calidade. Para o obradoiro está previsto que se utilicen as instalacións da Aula Multimedia do Concello de Ribeira (Telecentro), pois conta con todos os medios precisos para o seu desenvolvemento.
A continuación (de 20 a 21 horas), o Auditorio Municipal dará cabida a un concerto dunha hora de duración, no que participarán o grupo compostelán The Homens Projecto Mourente e mais os asistentes ao obradoiro, e que servirá para sacar á luz ese bo quefacer por medio dunha posta en común da súa capacidade creativa.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario