27.11.11

Boiro: entregan os Premios Exxpopress 2011 a Gadisa, O Faiado-2 e Anselmo Millán

  • Á promoción turística, cultural e empresarial de Galicia
  • Na gala tamén foron homenaxeados o xornalista Fernando Ónega, a conserveira Frinsa e o grupo musical Los Chiky´s polo seu cincuentenario profesional
 
 
Boiro, 27 de novembro de 2011. O grupo empresarial Gadisa, a Asociación Artesana e Etnográfica O Faiado-2 de Boiro e o presidente da Coalición de Sociedades Españolas en EEUU "Xacobeo USA", Anselmo Millán Castelo, recibiron na noite do sábado en Boiro os Premios Exxpopress-2011 á promoción turística, cultural e empresarial de Galicia, que concede o Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia.

O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, presideu a primeira Gala Anual do Club, na que se rindeu tamén homenaxe ó xornalista Fernando Ónega López, á conserveira Frinsa de Ribeira e ó grupo musical Los Chiky´s de A Estrada ó cumplirse o cincuentenario das súas respectivas traxectorias profesionais. Os galardoados recibiron unha escultura de deseño exclusivo do artista Jontxu Argibay.
 
Ó acto, que tivo lugar nos salóns do restaurante Chicolino de Boiro, asistiron máis dun cento de persoas, entre elas, o deputado provincial e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; o alcalde de Boiro, Juan José Dieste; o deputado autonómico José Manuel Lage; os presidentes das patronais de A Pobra, Boiro e Rianxo; patróns maiores, empresarios, concelleiros, xornalistas e representantes de diversas entidades e colectivos sectoriais.
 
Os tres homenaxeados polo cincuentenario profesional foron nomeados tamén Socios de Honra do Club e recibiron a Insignia de Prata da entidade, ó igual que a Asociación de Empresarios Turísticos de Arousa-Norte. 
O Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia é unha entidade sociocultural, de ámbito autonómico (Galicia) e sin ánimo de lucro, creada e promovida por xornalistas de prensa, radio e televisión, pero aberta a toda a sociedade. Está apadriñada polo xornalista e presentador José María Iñigo e presidida polo xornalista Jesús Souto Rodríguez. Os obxectivos fundamentais do Club son a promoción cultural, turística e empresarial de Galicia e a organización de actividades relacionadas co xornalismo.
 
ANSELMO MILLÁN CASTELO
Anselmo Millán Castelo, nado en Pontevedra en 1946, pero palmeirense de adopción, emigrou a EEUU con 25 anos e afincouse en Harrison (New Jersey), donde pronto empezou a levar a cabo unha intensa actividade política, abandeirando a defensa dos dereitos e intereses da comunidade galega en EEUU e xogando un importante papel na política dese país.

Foi o primeiro concelleiro de fala hispana en Harrison, cargo que desempeñou durante unha década ó frente de diversas áreas de goberno. En 1996 foi o primeiro español designado como delegado estatal na convención nacional de Chicago para elexir ó candidato á presidencia dos EEUU.

En 1999 consigueu aglutinar a 14 centros españois de EEUU fundando a Coalición de Sociedades Españolas Xacobeo USA, na que están representadas tamén diversas administracións e institucións galegas e norteamericanas. Ese ano, por primeira vez na historia e gracias á iniciativa de Anselmo Millán, un congresista dirixeuse no Capitolio á sesión conxunta do Congreso e do Senado para proclamar e promocionar o acontecemento do Ano Santo Xacobeo en Galicia.

Tras unha breve etapa retirado da política activa, en novembro de 2010 voltou ser elexido concelleiro en Harrison, esta vez como responsable da área de Saúde e Servizos Humanos.

Anselmo Millán Castelo é na actualidade unha das persoas máis influíntes da comunidade galega en EEUU, en cuio nome exerce de excelente anfitrión.

ASOCIACIÓN ARTESANA E ETNOGRÁFICA "O FAIADO-2"

A Asociación Artesana e Etnográfica O Faiado-2 xerminou en febreiro de 1998 no taller de restauración O Faiado, en Boiro, da man dunha muller inquieta que pronto soubo contaxiar ó seu entorno a súa paixón por protexer, investigar e divulgar a herdanza cultural legada polos nosos ancestros: María Luisa López Otero.

Alí, entre vellas xoias etnográficas, empeza a coller xeito a idea de concienciar ás persoas da importancia do seu patrimonio, de cómo conservalo e de cómo difundilo.

Aquela idea materializouse o 10 de abril de 2002 coa constitución da asociación O Faiado-2, que nacía co obxectivo de estimular, promover e apoiar a creación artesanal e artística a través do intercambio de experiencias e coñecementos e a conservación e promoción do patrimonio.

Dende entón, a súa prolífica traxectoria está repleta de actividade: xornadas etnográficas, roteiros, traballos de investigación, publicacións, conferencias, exposicións, cursos...

Na actualidade, O Faiado-2 é unha das asociacións máis dinámicas e prolíficas no eido da cultura, non só do Concello de Boiro, senó da comarca do Barbanza.

GADISA

Gallega de Distribuciones de Alimentación SA (GADISA) é unha empresa galega líder de distribución no Noroeste Peninsular. Fundada en 1986 e con sede en Betanzos, acadou no ano do seu 25 aniversario unha rede de 200 supermercados Gadis en Galicia e Castela-León, ademáis de 10 centros Haley, 12 Cash&Carry IFA e 180 supermercados Claudio franquiciados.

GADISA concede unha gran importancia ó seu Programa de Responsabilidade Social Corporativa, que o ano pasado desenvolveu 981 iniciativas e que está basado en cinco áreas estratéxicas: recursos humanos; medio ambiente; apoio a entidades sociais, ONG´s e colectivos de desfavorecidos; colaboracións institucionais e mellora da calidade de vida da sociedade.

O seu compromiso de mecenazgo non é só cos grandes acontecementos sociais, culturais e deportivos, senón tamén cos colectivos e entidades máis modestas.

O spot publicitario “Maloserá”, da campaña “Vivamos como galegos” acadou un dos premios convocados pola Asociación Española de Anunciantes e foi distinguido como o mellor anuncio de televisión polo Consello Asesor da CRTVG e de RTVE en Galicia.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o presidente da Xunta entregou o Grelo de Ouro ao presidente de Frinsa

Ribeira, 27 de novembro de 2011. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte ao mediodía, na entrega do XXV Grelo de Ouro, a relevancia desta cerimonia e afirmou que actos coma este poñen de manifesto que, “en medio dese mar de dificultades”, en Galicia hai persoas resoltas, “en todos os sectores sociais e no empresariado galego”. “Os problemas que nos desacougan –dixo- requiren respostas novas, que non admiten marxe de error. E as medidas que se poidan adoptar serán ineficaces se non hai persoas resoltas”.

Deste xeito, Feijóo referiuse ao premiado, Ramiro Carregal, presidente de Frinsa del Noroeste S.A.. “Don Ramiro –destacou- sempre se reinventa. De cada reto sae un novo Carregal que se impón aos hándicaps sen perder nunca a súa elegancia indumentaria e persoal. O de don Ramiro é unha viaxe sen pausa ao optimismo, cunha equipaxe que non varía, o traballo”.

“Carregal descobre a enerxía que atesoura o optimismo, antes de que outros a plasmaran nunha teoría; e, tamén, se anticipa a un fenómeno que os especialistas están chamando glocalización. A síntese entre o local e o global está presente en todas as empresas de Ramiro. Portugal, Bélxica, Bolivia, África. Percorre o mundo enchoupándose de costumes e culturas cando iso aínda non se estilaba. Comprende a diversidade e albisca que o mundo do futuro estará feito de interconexións”.

Segundo o presidente da Xunta, dalgún xeito, Ramiro Carregal anticipa a Galicia que queremos, “unha Galicia arbórea coas raíces na tradición e as polas dispostas a recibir a innovación e o progreso. Adiántase ao tipo de empresa que predican hoxe con insistencia os expertos, afincada en valores locais pero aberta á globalización”.

Feijóo concluíu subliñando que este empresario é non soamente un pioneiro do frío industrial e da comercialización de túnidos conxelados. “Non é soamente o creador hai cincuenta anos dunha empresa frutífera. Na súa peripecia vital vese o mellor libro de autoaxuda colectiva, un libro que ensina a non renderse e a confiar nas propias forzas”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical