16.9.11

Arte: o lousamián Veiras Manteiga expón en Espace Scoman, na localidade francesa de Laval

Ribeira: a Lan Party UxíaNet 1.1 será do 14 ao 16 de outubro na casa da Xuventude

  • Prometen 60 horas ininterrompidas para partillar arquivos e coñecementos sobre informática, ademais de xogar en rede
  • Só 55 prazas, ollo! Hai que preinscribirse en uxianet.com. Ata se pode durmir dentro, pero só hai 50 liteiras

Ribeira, 16 de setembro de 2011.- A casa da Xuventude de Ribeira iniciará -e agardamos que non haxa marcha atrás, como outras veces- no mes de outubro a súa andadura pública, e vaino facer coa segunda edición da lan party Uxíanet 1.1, unha actividade na que os anotados poderán partillar arquivos a maior velocidade que á que lle deixan na súa casa as operadoras oligopólicas deste país e coñecementos sobre informática e novas tecnoloxías. 

Para falar desta convocatoria, déronse cita a concelleira de Xuventude e Igualdade do Concello, Aroa Fernández; o técnico municipal Mario Vidal; e Adrián Lorenzo e Fernando Ferro no nome de PHP Software Factory, que se encarga da coordinación técnica da actividade. 

Uxíanet 1.1 terá  lugar durante case 60 horas ininterrompidas: dende as 10 horas do venres 14 de outubro ata en torno ás 18 ou 19 horas do domingo 16. Hai 55 prazas convocadas e os interesados poden facer a súa preinscrición na páxina web www.uxianet.com

Esta festa informática está  dividida en dúas áreas diferenciadas: por unha parte será intranet, é dicir, a zona na que as persoas anotadas disporán dunha alta velocidade de conexión para compartir arquivos ou xogar en rede a través dos seus ordenadores, entre moitas outras posibilidades; e por outra parte haberá un espazo de libre acceso denominado extranet no que terán lugar charlas sobre tecnoloxía e informática, unha exposición sobre a historia da informática, etc... O programa definitivo será dado a coñecer proximamente. 

Con esta actividade vanse aproveitar "ao completo" as instalacións da Casa da Xuventude, ata o punto de que os participantes teñen a oportunidade de durmir no sector do inmoble dedicado a albergue (dispón de 50 liteiras). 

O desenvolvemento da lan party Uxianet 1.1 marcará o inicio do funcionamento regular da Casa da Xuventude e, ao fío disto, e segundo informou Aroa Fernández, pronto se darán a coñecer outras actividades que se están ultimando co fin de dinamizar este espazo tan importante e aínda sen usar polos mozos e mozas do municipio, logo de varios anos de estar rematada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Concello recorre o prezo dunha parcela municipal na Barquiña ante o Xurado de Expropiación de Galicia

11091612470 (plano expropiación parcela municipal).pdf Download this file

  • O solar afectado ía destinado a construír unha escola infantil que a Xunta deixou nun caixón
  • O Concello pide máis de medio millón de euros fronte aos 126.000 que quere pagar a Xunta


Cando remate a variante de Noia, a paisaxe da Barquiña variará moito

Noia, 16 de setembro de 2011. Como consecuencia das obras de construción da estrada variante de poboación, a parcela de titularidade municipal situada no lugar dos Carballiños-A Barquiña, ficou completamente afectada polo trazado da mesma. A parcela en cuestión conta cunha superficie de 1.553 metros cadrados, sendo o destino da mesma, a nivel urbanístico, o da construción de equipamentos colectivos. No mandato pasado, o Concello de Noia iniciara os trámites para construir no lugar a escola infantil, unha Galescola -agora Galiña Azul- que pasou a "mellor vida" ante o cambio de goberno na Xunta.

As discrepancias manifestadas polo Concello diante da Consellería e do Xurado de Expropiación van en duas direccións, segundo explica o concelleiro nacionalista encargado do departamento de Urbanismo, Bieito González: "A primeira, fai referencia ao xusto prezo ofertado pola administración galega e a segunda, á petición de expropiación da totalidade da parcela en contra da proposta inicial que contemplaba só, a expropiación de 973 metros cuadrados, deixando os 580 metros restantes en poder do Concello, pero que xa non tería utilidade algunha xa que ficarían afectados pola franxa de servidume de protección da futura estrada", aclara.

O prezo ofertado para expropiación de 123,59 €/metro cadrado está "absolutamente desfasado e non argumentado", argumenta Bieito González, e pola súa parte o Concello esixe un valor de 358,27 €/metro cadrado. Iso fai que a Xunta de Galicia só ofreza polas parcelas expropiadas 126.489,56 euros, mentres que o Concello de Noia "na valoración máis prudente" calcula o valor da parcela total en 553.365,92 euros. 

O Concello de Noia, con criterios de prudencia e no ánimo de manter unha correcta colaboración entre administracións asumiu o máis baixo dos criterios dos que dispuña para valorar a finca, "non tentando lucrarse da expropiación", asegura o nacionalista que dirixe a concellería de Urbanismo. A administración municipal baseouse para acadar o valor de 358,37 €/metro cadrado na valoración feita na Xunta de Compensación cando se desenvolveu a Unidade de Actuación nº11. Outros valores moi superiores saían calculalo en base ao convenio urbanístico do Eroski nesa unidade de  actuación onde o Concello vendeu o metro cadrado a 420 euros daquela data, ou calculando a repercusión da urbanización pola edificabilidade total saen cantidades superiores, ou incluso das expropiacións feitas polo Concello na mesma unidade de actuación tamén sairían datos superiores na valoración. 

O Concello de Noia reitera que "está pola colaboración entre administracións, e dada a prudencia nas actuacións municipais non é doado entender a negativa da Xunta de Galicia a atender as demandas plantexadas, tanto no relativo á expropiación total da finca como á valoración que do xusto prezo fan", remata Bieito González.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: O Faiado 2 organiza un roteiro a antigos camiños de gando o sábado 8 de outubro

Roteiro_terceiro


Ollo: sáese da Pobra do Caramiñal, enfronte dos Xardíns Valle-Inclán

Antes, O Faiado 2:


O Faiado 2: O 27 de agosto foron pola calzada do Ordenario

Pode que tamén lle interese:


Obradoiro de escultura: comeza en outubro. Vaite anotando!


Cursos: de alemán e tempo libre, en outubro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: aberto o prazo para anotarse ás once escolas deportivas deste curso

Dptico_actividades_2011

  • O prazo remata o vindeiro venres 7 de outubro. As clases comezan o 17, luns
  • Hai ximnasia, artes marciais, atletismo, basket, multideportes, patinaxe, tenis, ximnasia rítimica, bici de montaña, triatlón e deportes náuticos


Ribeira, 15 de setembro de 2011.- A Concellería de Deportes informa de que o vindeiro luns 19 de setembro, e ata o día 7 de outubro, estará aberto o período de inscrición para as 11 Escolas Deportivas para Nenos que pon en marcha a Administración Municipal. 

Existe un número limitado de prazas en todos os grupos de adestramentos, que se asignarán por estrita orde de inscrición. As clases darán comezo o 17 de outubro e rematarán a última semana de maio. O prezo do curso completo é de 52,29 euros por neno. As incricións poderán realizarse na oficina de deportes situada no Auditorio Municipal en horario de mañá de 9 a 12.30 horas (teléfono: 981 835 650). 

As Escolas Deportivas organizadas son: Actividades Ximnásticas e Acrobáticas (50 prazas ofertadas), Artes Marciais (50 prazas), Atletismo (50), Baloncesto (120 prazas distribuídas en catro grupos en función das idades), a Escola Multideportiva (40 prazas), Patinaxe (25 prazas de nova incorporación),Tenis (45 prazas segundo a idade), Ximnasia Rítmica (25 prazas de nova incorporación), Mountainbike (20 prazas), Triatlón (50 prazas) e Deportes Náuticos: esta última disciplina está composta de vela lixeira, vela tradicional e remo e comezará no mes de febreiro de 2012. 

Todas as escolas desenvolveranse no Complexo Deportivo da Fieiteira, agás o Baloncesto e o Mountainbike (que o farán no polideportivo de Santa Uxía, en Coroso), Patinaxe (no polideportivo de Sirves) e Tenis (no de Artes). 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o venres 30 de setembro preséntase "Máxico Tear Natural", de Xosé Lobato Martínez

Media_httpalvarellosi_vfcjz

Boiro, 16 de setembro de 2011. A Asociación Cultural Barbantia vén de anunciar que o vindeiro 30 de setembro, venres, preséntase o libro "MÁXICO TEAR NATURAL", de Xosé M. Lobato Martínez, escritor e socio de Barbantia, nun acto que terá lugar ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Boiro. Estarán presentes, amais do autor, o directivo de Barbantia Xosé Ricardo Losada; o director da editorial, Henrique Alvarellos Casas; o director da Galería Sargadelos do Barbanza, Jesús Lojo Alcalde; o coordinador de Barbantia, Alberto Piñeiro; e mais a concelleira de cultura do Concello de Boiro, Helena Teixeira Barcala.

Quen é Lobato Martínez?

Media_httpalvarellosi_xpfhb

XOSÉ MANUEL LOBATO MARTÍNEZ (Lestedo-Boqueixón, 1958): “Nacín, crieime e formeime no halo místico do ar que protexe o contorno do Pico Sagro”. Manifesta que foi capturado por unha especie de magnetismo: o legado natural e intransferible que é Galicia. É autor dos libros Autoconcepto en hijos de emigrantes (2001), Diáspora.com (2002) e Cos pés na peneira (2005). En 2009 publicou Retorno a Natura (Alvarellos Editora)

Máis info na web da editorial, en http://alvarellos.info

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: memorice as datas dos obradoiros de memoria e alfabetización, ou imprima esta táboa

Dodro: póñense en marcha as Escolas Deportivas deste curso

Dodro escolas deportivas.pdf Download this file

  • Hai dende pilates ata patinaxe ou psicomotricidade. Duran ata xuño. Inscrición ata o 30 deste mes de setembro

Tríptico e folla de inscrición

Media_httpfarm3static_warfi

Non fagan isto na casa: as da imaxe son profesionais da escola de patinaxe de Ribeira

Dodro, 16 de setembro de 2011. As Escolas desenvolveranse entre outubro de 2011 e xuño de 2012, divididas en tres trimestres.

O 1º trimestre vai dende o 3 de outubro ata o 17 de decembro.

O 2º trimestre exténdese dende o 9 de xaneiro ata o 31 de marzo e o

3º  trimestre será dende o 11 de abril ata o 16 de xuño.

O custo de participación en cada trimestre é de 10 € para os menores de 16 anos e de 15 € para os maiores de 16 anos. A.F. Adaptada (gratuita). Tenis e patinaxe ( preguntar en oficina ).

Para poder inscribirse nas actividades será necesario acudir ó Departamento de Deportes para poder cumplimentar a ficha. O plazo de inscrición está aberto entre o 19 e o 30 de setembro.


ACTIVIDADES NEN@S ( entre 3 e 16 anos)

PSICOMOTRICIDADE ( nados entre ano 2005 e 2008 )
Luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas

PREDEPORTE ( nados entre ano1999 e 2004)
Luns e mércores de 18:00 a 19:00 horas

BAILE ( nados entre 1995 e 2006 )
Venres de 19:30 a 20:30 horas

FÚTBOL S. / FÚTBOL 7 (nados entre 2000 e 2006)
Martes e xoves
Grupo 1 ( 2004 a 2006 ) 17:00 a 18:00 horas
Grupo 2 ( 2002 a 2003 ) 18:00 a 19:00 horas
Grupo 3 ( 1998 a 2001 ) 19:00 a 20:00 horas

VOLEIBOL
Venres de 17:00 a 18:00 horas

TENIS ( nados entre o anos 1995 e 2003)
Luns de 16:00 a 17:00 horas

PATINAXE ( nados entre 1999 e 2006)
Xoves de 18:00 a 19:00 horas

ACTIVIDADES MAIORES (maiores de 16 anos)

XIMNASIA DE MANTEMENTO
Luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas

TONIFICACIÓN
Martes e xoves de 20:00 a 21:00 horas

PILATES
Martes e venres de 20:30 a 21:30 horas

BAILES DE SALÓN
Sábados de 20:00 a 22:00 horas

ACTIVIDADES 3a IDADE ( maiores 65 anos)

A.F. ADAPTADA ( maiores de 65 e/ou persoas con movilidade reducida)
De luns a xoves de 10:00 a 11:00 horas

A taxa correspondente a cada actividade e participante farase efectiva unha vez solicitaa
e confirmada a praza no Departamento de ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2011/2012

Deportes na conta de NCG:
2091 0329 18 3110000014

O xustificante de pago entregarase na oficina do Departamento de Deportes.

En función do número de inscritos, a composición dos grupos e os horarios poden
sufrir algunha modificación.

As actividades que non superen un número mínimo de 6 inscricións non se levarán a cabo.

Máis información no Departamento de Deportes ou chamando ó teléfono 981.80.25.32

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o conselleiro de Medio Ambiente achegouse a darlle pulo ao saneamento coa inauguración do novo colector de Barraña

  • Nótase o ambiente preelectoral: calquera cousa vale para inaugurar e poñer placa. Este colector estaba planificado dende hai anos e non fixo máis que adiarse polos distintos gobernos, PP incluído.
  • Medio Ambiente priorizou melloras concretas no bombeo de Esteiro, no colector do río Breiro e na conca do Escarabote

Boiro, 16 de setembro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, explicou durante a presentación do Plan local de saneamento de Boiro que, “cunha fonda análise da rede, o plan rexistrou o funcionamento e detectou as ineficiencias de todo o sistema de saneamento”, explícase, de xeito totalmente obvio, na nota de prensa da Xunta.

Agustín Hernández, quen presentou este plan logo de inaugurar o colector da praia de Barraña, incidiu en que “a preocupación pola boa calidade das augas da ría de Arousa foi unha preocupación para este goberno desde o comezo”, disque, e que así o amosa a licitación feita en agosto de 2009 do plan de saneamento local para os concellos de Boiro e Rianxo, nos que Consellería de Medio Ambiente investiu 1,7 millóns de euros.

A análise levada a cabo consistiu no exame da rede de saneamento, inventariando os pozos de bombeo, os distintos tipos de aforos existentes e facendo análises en distintas condicións climatolóxicas, entre outras moitas actuacións. Estes estudos permitiron detectar tres problemas xerais:

• Exceso de augas na rede: tanto por entrada de auga de mar, como por infiltración, como pola entrada de auga de pluviais.
• Escasa xestión dos bombeos: falta de mantemento, bombeos parados durante longos períodos (como é o caso do bombo de Coído, con só un arranque en dúas semanas de medición)
• Falta de planificación no deseño da rede: bombeos mal dimensionados (Chouza/Esteiro e Agüeiros/Bodión) ou exceso de bombeos.

O Plan local de saneamento, do que hoxe se presentaron os primeiros resultados, prioriza ademais actuacións concretas no colector do río Breiro, no bombeo de Esteiro e no conca de Escarabote.

No que respecta ao colector do río Breiro, destaca que se trata dun colector deseñado como separativo que funciona como unitario, con altas infiltracións, fluxo inverso e verteduras constantes, unha situación similar a que rexistra a Conca de Escarabote. A análise realizada do bombeo de Esteiro, pola súa banda, detectou unha serie de deficiencias como o paro concreto das bombas, a ausencia de alivia directo ou de regulación do bombeo, ou unha menor capacidade que o bombeo precedente (o da Chouza).

Solucións
O plan detalla as solucións máis axeitadas para os problemas anteriormente descritos.
1. BOMBEO ESTEIRO:
Nova estación de bombeo con capacidade suficiente, retención e aliviadoiro con clapeta. Integración do control na EDAR dos bombeos de costa.
Mellora da xestión e mentemento
2. RÍO BREIRO:
Sustitución do colector
Eliminar aliviadoiros aguas arriba do tanque de Chouza
Desconectar red de pluviais
3. CONCA ESCARABOTE:
Aumento volumen de retención do bombeo
Minimizar entradas de agua: clapetas, impermeabilizaciones e pozos estancos
Desconectar redes de pluviais e eliminar infiltración

Segundo explicou o conselleiro de Medio Ambiente, unha vez detectadas as necesidades, procederase á cuantificación e priorización das actuacións xunto co concello para empezar a redación de proxectos no vindeiro mes de outubro e poder comezar coa execución das primeiras obras ao longo do ano que vén.

Colector de Barraña
A preocupación pola boa calidade das augas da ría de Arousa amósase na posta en marcha hoxe do colector e o tanque de tormentas do río Barraña, unha obra que se anticipa ao propio plan de saneamento local de Boiro, que inaugurou o conselleiro.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do organismo autonómico Augas de Galicia, levou a cabo a construción dun novo colector interceptor na praia de Barraña. Esta obra está incluída no Plan de choque para a eliminación de verteduras nas rías galegas e supuxo un importe de máis de 2, 5 millóns de euros, que suporá un importante beneficio para os preto de 20.000 habitantes do Concello de Boiro.

Esta actuación foi proxectada para solucionar os problemas da rede do núcleo de Boiro, que é unitaria polo que, en canto chove, o interceptor desbordaba directamente á area da praia. Ademais, a rede non conta con ningún elemento de laminación e, de forma sistemática, cando chove forte, os seus bombeos alivian e algúns pozos vense desbordados. Con estas obras lograrase o control das augas pluviais e, así, eliminaranse os vertidos á praia de Barraña e, como consecuencia, á ría de Arousa.

O proxecto hidráulico incluíu a renovación do interceptor, instalando un colector de poliéster de 1.200 mm de diámetro e reforzado con fibra de vidro en lugar do actual de fibrocemento, dende o pozo número 9 ata o novo tanque de Chouza.

Para completar o novo colector, construíse un tanque de tormentas para a retención dos importantes caudais xerados na rede en tempo de choivas na zona do peirao. Este novo tanque, cunha superficie de 600 metros cadrados, ten un volume de almacenamento de 3.800 m³ de auga e poderá depurar ata 180 litros/ segundo.

Por outra banda, o conselleiro de Medio Ambiente informou que se está a piques de rematar as obras da segunda fase de saneamento no río Coroño, que contou cun investimento de máis de 700.000 euros. Esta actuación é prioritaria para impulsar e practicar as políticas de respecto medioambiental, xestionando as verteduras urbanas e, desta forma, evitar os vertidos incontrolados ao medio como neste caso ao río Coroño.

Media_httpfarm7static_krgcj

As obras consisten na instalación dunha rede de colectores de augas residuais nos núcleos de Mieites, Comoxo e A Cuncheira, que actualmente carecen dela, e a súa incorporación no núcleo de Pazos á rede de residuais. Desta forma, as augas residuais dos núcleos anteriormente mencionados serán transportadas mediante colectores por gravidade e impulsións ao depósito de Coroño, situado na localidade de Pazos.

Para levar a cabo os traballos, execútanse 5.592 metros de colectores de residuais por gravidade en tubaxe de PVC, cun diámetro de 315 milímetros. Ademais, instánse dúas estacións de bombeo, que realizarán impulsións de 559 mililitros, e executarase un pozo de aneis prefabricados con cámara de chaves in situ, e outro pozo rectangular in situ de formigón.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical