- Inda que vai dirixida a estudantes de instituto, poderase achegar quen así o desexe e informarse sobre esta posibilidade de emprego dentro do capitalismo
Dirección Xeral de Relacións Laborais, que consiste nunha aula itinerante que forma parte da campaña de divulgación das potencialidades do cooperativismo entre a mocidade, e onde dita aula viaxará por centros educativos de toda Galicia. Trátase dunha campaña que xa funcionou no curso 2010-2011 e que se volve a repetir polo éxito que tivo no periodo anterior. Está orientada principalmente aos rapaces de últimos cursos que van rematar os estudos e en moitos casos queren traballar, pero pola situación actual ou pola idade non atopan traballo. O obxectivo é chegar a estes rapaces e ofrecerlles unha alternativa a través das cooperativas. Ademais de Boiro, a aula móbil xa visitou varias localidades das provincias de Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra, ao longo do curso escolar, onde se ofrece a información máis actualizada e completa sobre o cooperativismo, orientación especializada por parte de técnicos especializados e un programa de actividades moi atractivo, co obxectivo de situar nun primeiro plano o cooperativismo como unha opción laboral de futuro. Os monitores da Escola Cooperativa Móbil, que estará ubicada na praza do Concello de Boiro aprenderanlles aos alumnos as vantaxes do cooperativismo, mediante sesións prácticas, coa finalidade de transmitir aos participantes, dun xeito ameno e atractivo, os valores do
cooperativismo, as habilidades sociais cooperativas, os pasos necesarios para crear unha cooperativa, así como a análise de casos de cooperativas de éxito. Ademais, podrán visitar a Escola Cooperativa Móbil todas as persoas que estean interesadas. A aula achegarase a máis de 25 centros de todo o territorio galego e rematará o seu percorrido cun acto de clausura en Santiago de Compostela en maio.
Boiro: do 25 ao 27 de marzo, obradoiros para rapaces nos que farán presentacións dixitais e moda personalizada post.ly/AH6nY
— Certo (@Certo) March 14, 2013
Deportes: o V Encontro Galego de Esgrima Antiga, este domingo 17 en Ribeira post.ly/AH6iT
— Certo (@Certo) March 14, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia