- A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo recibiu ao rexedor municipal, José Luís Oujo, para analizar o estado actual do PXOM que alcanza a fase final da súa tramitación
- No vindeiro mes de abril terá lugar unha reunión técnica para cerrar o documento que será aprobado provisionalmente e remitido á Xunta para aprobación definitiva
- Antes do verán o alcalde comprometeuse a enviar á Xunta o proxecto do plan xeral coas modificacións sinaladas no Informe Previo a Aprobación Inicial de xuño de 2011 e nos informes sectoriais emitidos
Porto do Son, 14 de marzo de 2013.- A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse esta mañá en Santiago co alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo. Durante o encontro de traballo, o rexedor municipal trasladoulle á secretaria xeral que antes do verán remitirán á Xunta o proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal para a súa aprobación definitiva. Encarnación Rivas sinaloulle que a Xunta disporá de tres meses, desde que se recibe toda a documentación, para analizar o proxecto e informar do visto bo definitivo. Logo de tantos adiamentos en tantos proxectos (sen ir máis lonxe, a declaración de BIC do Castro de Baroña, que levou anos logo de ser prometido para meses), o alcalde volta a arriscarse dando datas: en apenas tres meses veremos o que ocorre.
Durante o encontro a secretaria xeral e o alcalde trataron o estado actual da tramitación do PXOM que leva redactándose dende o ano 1999, pero que recibiu un impulso decisivo a partir do 2011 tras a emisión no mes de xuño do Informe Previo a Aprobación Inicial (IPAI) da Secretaría de Ordenación. Neste informe, no que se analiza a adaptación do proxecto de documento á Lei do Solo (LOUG), sinalábanse unha serie de axustes que deben ser incorporados no documento para ser aprobados definitivamente, e que xa foron tratados nunha reunión anterior entre os técnicos de ambas administración e do equipo redactor, celebrada en novembro de 2011.
Os últimos avances da tramitación deste proxecto de planeamento foron a aprobación inicial polo pleno municipal do 27 de febreiro de 2012; a exposición pública, entre marzo e abril de 2011, na que se presentaron 650 alegacións; cuestións relativas a totalidade dos informes sectoriais que xa recibiu o concello, así como dos últimos axustes no documento para incorporar as resultas dos mesmos.
Recta final da tramitación
Rivas Díaz emprazou ao alcalde a unha nova reunión técnica para principios do mes de abril, para que técnicos das dúas administracións e equipo redactor resolvan os últimos flecos e cerren o documento que, antes do verán, o concello someterá á aprobación provisional do pleno municipal e continuación enviará Xunta para aprobación definitiva.
Unha vez que a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo dispoña da integridade completa do documento e do expediente administrativo do PXOM, disporá de 3 meses para emitir a Orde de Aprobación Definitiva. Por último, a secretaria xeral de Ordenación trasladoulle ao alcalde a colaboración dos responsables e técnicos da Consellería de Medio Ambiente, departamento que economicamente concedeu en concepto de axudas case 200.000 euros para a redacción do planeamento.Na actualidade, este concello réxese por unhas Normas Subsidiarias de planeamento aprobadas en outubro de 1994.
Porto do Son: a curta da @salaperseveira sobre "Depor-Celta, a última batalla " tamén no @gconfidencial @gcdeportes galiciaconfidencial.com/nova/13604.html
— Certo (@Certo) March 14, 2013
- Porto do Son: ata o 19 de abril para o concurso de fotos sobre igualdade de xénero. Máis de mil euros en metálico en premios
- Porto do Son: doblan turnos nos obradoiros de informática en Baroña e Caamaño
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario