Noia, 9 de outubro de 2010.- Portos de Galicia comezou a construción de 80 novas prazas de amarre para os mariscadores de a flote do porto de Testal en Noia, e prevé o seu remate para marzo de 2011. O obxectivo desta obra é dotar dunha maior seguridade e calidade o desenvolvemento da actividade realizada polos mariscadores. Con esta actuación o ente da Consellería do Mar afianza o seu compromiso adquirido coa confraría de Noia e responde á súa demanda. A obra realízase debido ao incremento da frota de embarcacións maiores de 6 metros e das 80 novas prazas de amarre que se construirán, 51 serán de seis metros de eslora e 29 prazas de sete metros. Ademais da ampliación das liñas de pantalán existentes, as obras consisten fundamentalmente na demolición e retirada dunha das rampas de varada do porto de Testal e na dragaxe ata conseguir un metro de calado entre as ramplas existentes. Esta actuación conta cun investimento de máis de 586.000 euros e constitúe unha actuación comprometida da Consellería do Mar e do ente Portos de Galicia para impulsar todas as instalacións portuarias galegas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia