O Faiado da Memoria, proxecto do que falamos en Certo ao entrevistar a Antón Caeiro, o autor do documental sobre o grupo de teatro "Airiños" de Asados, cumpre un ano de vida. Seguen a rescatar o audiovisual galego. Este video mostra o ambiente da praia de Compostela en Vilagarcia nos anos 30, e entre outras cousas -moda de baño, cans pola praia e fermosas estampas familiares- podedes ver botes, galeóns, canoas, balandros ou lanchas de motor.
Coa editorial noiesa Toxosoutos. En abril sae do prelo. Con CD dobre. Un imprescindible para o que teña orellas... http://certo.es/index.php?page=50_anos
Actividades que se están a realizar dende as Concellarías de Muller e Participación Cidadá.O programa chámase PARROQUIAS CREATIVAS e ten como obxetivo darlle aos veciños de Noia un motivo para sair da casa e relacionarse entre eles á vez que aprenden, segundo explica a concelleira Rosa Ana Mariño González.
A XUNTA INICIA OS TRÁMITES PARA LEVAR A CABO UN PROXECTO DE MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA CEE-RIBEIRA (AC-550), NO TERMO DE PORTO DO SON
Esta actuación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas actuará sobre o treito comprendido entre o punto 98+900 e o 99+800 O obxectivo é eliminar punto negro de concentración de accidentes O Consello da Xunta na súa reunión esta mañá aprobou o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón á urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada Cee-Ribeira (AC-550) no treito de concentración de accidentes situado entre os puntos quilométricos 98+900 e o 99+800, no termo municipal do Porto do Son. O obxectivo deste proxecto é a realización de obras de construción de beirarrúas e aparcadoiros, mellora e reordenación de interseccións e rehabilitación de superficie do firme coa finalidade de mellora de seguridade na estrada AC-550, nun treito próximo ao un quilómetro de lonxitude. Cómpre sinalar que esta actuación se realiza baixo a declaración de urxencia, porque o motivo da súa materialización é eliminar un treito de concentración de accidentes, evitando riscos innecesarios para os veciños do Porto do Son que circulan por esta vía para accederen ás súas vivendas e algúns servizos públicos. De xeito paralelo, a Xunta de Galicia traballa na licitación dunha asistencia técnica para iniciar o proceso de expropiación. A previsión é iniciar a elaboración de actas no terceiro trimestre de 2010 e o inicio de obras no ano 2011.
O proxecto
A mellora de seguridade viaria na estrada AC-550 no treito comprendido entre os pk 98+900 e 99+800 consiste esencialmente no acondicionamento da travesía de poboación e a mellora de interseccións para eliminar o treito de concentración de accidentes neste punto da estrada da rede primaria básica da Xunta de Galicia. O orzamento reservado polo departamento que dirixe Agustín Hernández ascende a máis de 921.000 euros. A lonxitude do treito en que se vai a actuar é de 900 metros e ao seu remate esta zona terá unha sección tipo de máis de 10 metros, xa que constará de dous carrís de 3,30 metros cada un, dúas beiravías de 0,50 metros cada unha e dúas beirarrúas de 2 metros cada unidade. Para a materialización destas obras será necesario escavar máis de 2.000 metros cúbicos de terra e empregar 1.500 toneladas de mestura bituminosa en quente. Tamén se executarán os traballos de restauración paisaxística, de drenaxe lonxitudinal e transversal e de sinalización e balizamento. Os preto de 10.000 veciños de Porto do Son veranse afectados por estas obras durante seis meses, mentres que a poboación servida ao remate da actuación será de 37.385 habitantes de Porto do Son e Ribeira, explicou hoxe a Xunta de Galicia.
O motivo da presente e convidalo/a, en nome daXunta Directiva da Peña Madridista “Amancio”de Riveira, ao acto de celebración do 23º Aniversario da nosa fundación.
O evento consistirá nunha cea para todos/as os/as socios/as que terá lugar o vindeiro sábado 13 de marzo de 2010 a partir das 22:00 h no Restaurante BAIUCA(Artes - Riveira)cun prezo de 35 € por persoa.
Menú:
Aperitivos variados
Langostinos á prancha
Lomo de bacallau fresco á prancha con pisto
Albardadiños de solomillo branco con prebe de viño tinto
Xeado de vainilla con chocolate quente e tella de améndoa
Os asistentes terán a posibilidade de participar nun sorteo de varios regalos
Dende esta directiva entendemos que, dado a problemática actual da crise económica que estamos a padecer, debemos facilitarlle a tódolos asociados a presenza a estacita anual da Peña; polo que decidimos asumir con fondos propios parte dos gastos que conleva esta programación, como a barra libre, a actuación musical e parte do custe do menú.
Desexando a maior participación posible e contar coa súa presenza, agradecemos confirmen o antes posible a súa asistencia e a dos seus acompañantes para organizar formalmente o acto. Podendo recoller a entrada chamando ó teléfono móbil da peña 630 444 586ou ben contactando con calquera membro deste directiva.
Aproveito a ocasión para enviarlle a testemuña da miña consideración máis distinguida.
O abaixo firmante galego, fala, pensa, sinte e vive en galego. No seo da súa familia de sangue, da súa xente, non é quen de falarnoutra língoa que non sexa o galego; incruso cando se dirixe a Deus dun xeito íntimo e persoal, faino en galego: Señor axúdanos a saír deste sarillo!
Foi á escola pública da súa vila:aprendeu a ler e escribir en castelán. Foi ao instituto, a universidade, noutra vila, noutra rexión,tamén en castelán.
Agora, xa preto do retiro usa o galego ou o castelán indistintamente, segundo a quen teña enfronte, mais, sempre co respetoea consideraciónquemerecea liberdade dos demais. “Falar galego non é falar mal, senón falar na língoa de ceo". Taménos demais poden pensar o mesmo da súa fala.
Por mor dosestudios ou do traballo, nunhalonga estadía fóra de Galicia, ten visitado empresassitas no País Vasco, Cataluña, Alemania, Bélxica, Escocia, Gales, Inglaterra, USA, etc. Non tivo necesidade do euskera, catalán, alemán, flamenco, gaélico, galés. Só do castelán e do inglés.
Quérese dicir que o galego non e útil. Non, non e non! Nin é certo que Fran, o portentoso futbolista, tivese a perna dereita só para apoiar. Usábaa pouco, mais forma parte do seu ser. O que subscribe, use pouco ou moito o galego, se llo arricanren tamén arrincaríangrande parte da súa ialma, do seu ser, da súa raíz.
M. J. Blanco Gey
M.J. Blanco Gey tamén escribiu sobre Os Baltar e a casa Castelao. Aquí
O BNG de Rianxo reclama ao Alcalde que agora busque recuperar os fondos do Estado que se ian destinar a recuperar os cantís de Tanxil e Tronco que no pasado rexeitou
Rianxo, 4 de febreiro de 2010. Segundo o Bng rianxeiro, "700.000 euros orzamentados se viñeron abaixo grazas á intervención do executivo local e agora fan falta por que se agrava a situación no camiño de Tanxil". Para os nacionalistas, "A negociación do PSOE e o BNG para apoiar os orzamentos do Estado do ano 2008 permitiron contar cunha cantidade de 700.000 euros adicionais para realizar amaños de urxencia nese ano que permitisen recuperar na medida do posíbel os cantís do camiño a Tanxil desde Rianxo e na zona Tronco, afectadas por frecuentes derrubes de terra que poñían e poñen en perigo a seguridade dos viandantes. O citado proxecto de orzamentos concretaba, dentro das melloras directamente engadidas, a recuperación deses espazos".
Ademais, engaden que "lonxe de apoiar o seu uso en Rianxo ou aproveitar eses fondos, o Alcalde contestou ao Goberno do Estado que se estaba a realizar un proxecto de senda litoral e que non era necesario recuperar acantilados ningúns. Esa foi a resposta que despois deu o goberno (recollida no Boletín das Cortes do 20 de marzo de 2009) e que impediu materializarse este investimento. A zona segue, á espera de actuacións futuras, nun lamentabel estado, degradándose cada día máis, con constantes caídas de árbores, desprendementos de terra (en todo o tramo e na finca dos Baltar), rotura, caída ou desaparicion dos dos pasamáns e proteccións de troncos, por non mencionar que se usa para tirar restos de podas de xardíns, etc. Iso malia ser o camiño a pé entre a vila de Rianxo e as praias de Quenxo e Tanxil".
O BNG diante do estado actual desa zona, cada vez peor a cada inverno que pasa, úrxelle ao alcalde que tente amañar o que rexeitou facer cos fondos estatais, que se preocupe polas tarefas cotidiáns, anque sexan proxectos pequenos e reclame de novo a actuación rexeitada á Demarcación de Costas, de urxencia, con independencia de se nun futuro se acomete ou non outra actuación maior. "O que está demostrado tamén é que non se da sostido o que se ten hoxe xa aberto de camiño a Tanxil: o executivo rianxeiro é incapaz de facer un mantemento mínimo anual deste camiño costeiro", conclúen.
A “Pía do Frade “ era unha pedra que estaba a cincuenta metros aosurdo Dolmen de Axeitos. Grazasa os investigadores Florentino López Cuevillas e Fermín Bouza Brey, os cales nos legaron os riscados debuxos que a pedra tiña no seu arredor; puiden compoñer un virtual eiteiro representando as mesmas figuras que eles describiron en canto a súa distribución en dito penedo.
Antes de rematar o debuxo, amoseillo a un señor maior do lugar de Axeitos.Un pouco sorprendido, o vello pensou que era unha foto de como el a lembraba cando era neno. Tamén me dixo que no alto do penedo facía como unha gran cazoleta onde os veciños botaban a secar o millo. Isto da Pía do Frade fainos pensar que na súa orixe ben puido ser un santuario druída onde neste teofánico templo o frade ofertaba ás divinidadesos produtos da terra.
Folclore:
Entre a Pía do Frade e a Pedra do Mouro, hai unha trabe de ouro.
A pedra, segundo me contaron, desapareceu a berros de barreno,e o pedrugallo resultante foi para levantar unha casa en Sirves. Cando os canteiros acabaron con ela,en ringleira indiaían dereitiños para meterlle o dente ao Dolmen de Axeitos. Salvouse por un chisco! Agora o entorno da gusto velo…
A Deputación, cos seus honorables técnicos, deseñaron un cerre para delimitar o eido onde se atopa o Dolmen, que mesmo che fan saltar as bágoas ou os miolos de carraxe ao contemplar o uso que lles dan aos nosos impostos. Técnicos, políticos da Deputación, alcaldes e concelleiros invitadosaíndateñen a desvergonzade acercarse a bendicir tales trangalladas.
Coa boca esbarrada, a amorfa veciñanza, embelesada pola fashiondos engominadosaristócratas quebaixandos escintilantesaudis, escachan coas mans de pau en enxebres aplausos inconscientes da súa imbecilidade, invitándoos a que sigan agredindo á paisaxe e aos sacros chans. Cos nosos impostos, facer tal burrada!Un ten que ser de de madeira de coleiropara non insultalos.
Acostumados a tales aberracións, rematamos pensando que xa é así, e coa boca aberta, non reaccionamos. Cando un se afai a ser vasalo, despois custa moito deixar de selo, pois esta condición vén ser coma como un xene ou atávica herdanza.
Os de Noia gábanse da inversión que van facer no entorno da Pedra da Moura. Ollo,Alcalde. Primeiro visite a obra de enxeñeiríaperimetral do entorno da anta de Axeitos. Non vaia ser que despois os seus súbditos lle pidan responsabilidades, pois se cadra estas paupérrimas denuncias van creando conciencia nos mal tratados rabaños como a “Santa Madre Igrexa" nos define, e co cambio climático—nunca se sabe—, poida que tamén se dea a miragre, e rexurda unha novafusquenlla: tampouco sería de estrañar.