4.2.10

Opinión: "A perna dereita de Fran" (sobre a fala galega)

A PERNA DEREITA DE FRAN

O abaixo firmante galego, fala, pensa, sinte e vive en galego. No seo da súa familia de sangue, da súa xente,  non é quen de falar  noutra língoa que non sexa o galego; incruso cando  se dirixe a Deus dun xeito íntimo e persoal, faino en galego: Señor axúdanos a saír deste sarillo!

Foi á escola pública da súa vila:  aprendeu a ler e escribir en castelán. Foi ao instituto, a universidade,  noutra vila,  noutra rexión,  tamén en castelán.

Agora, xa preto do retiro usa o galego ou o castelán indistintamente, segundo a quen teña enfronte, mais,  sempre co respeto e  a consideración  que  merece  a liberdade dos demais. “Falar galego non é falar mal, senón falar na língoa de ceo". Tamén  os demais poden pensar o mesmo da súa fala.

Por mor dos  estudios ou do traballo, nunha  longa estadía fóra de Galicia, ten visitado empresas  sitas no País Vasco, Cataluña, Alemania, Bélxica, Escocia, Gales, Inglaterra, USA, etc. Non tivo necesidade do euskera, catalán, alemán, flamenco, gaélico, galés. Só do castelán e do inglés.

Quérese dicir que o galego non e útil. Non, non e non! Nin é certo que Fran, o portentoso futbolista, tivese a perna dereita só para apoiar. Usábaa pouco, mais forma parte do seu ser. O que subscribe,  use pouco ou moito o galego, se llo arricanren tamén arrincarían  grande parte  da súa ialma, do seu ser, da súa raíz.
M. J. Blanco Gey


M.J. Blanco Gey tamén escribiu sobre Os Baltar e a casa Castelao. Aquí


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical