22.3.11

Rianxo: este sábado 26 de marzo, concerto do grupo de clarinetes da Escola de Música

Grupo_clarinetes_2011

Rianxo, 22 de marzo de 2011. O concerto que o Grupo de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo ofrecerá o vindeiro sábado 26 de marzo é ás oito da tarde no Auditorio de Rianxo. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: Álvarez Campana, presidente de Portos, estivo de visita institucional facendo promesas

A Pobra do Caramiñal, 22 de marzo de 2011. Álvarez-Campana, actual presidente de Portos de Galicia explicou que Portos de Galicia levará a cabo a reforma e ampliación da lonxa, co obxectivo de reimpulsar a súa actividade e funcionalidade. O proxecto construtivo contempla a ampliación e modernización das instalacións, aproveitando en todo o posible a construción xa existente, como medida de contención de gasto. A obra consiste na renovación de cubertas e fachadas, a ampliación da zona de ventas en 190 metros cadrados e o desprazamento da zona de oficinas da confraría a unha nova ubicación, cunha superficie de 215 metros cadrados.

Prazos hipotéticos

O orzamento desta actuación, que incluirá tamén a renovación completa da cuberta da lonxa, é de 830.000 euros. En canto aos prazos de execución, o ente público estima que a súa licitación poida iniciarse en xullo deste ano, polo que as obras poderían dar comezo no primeiro trimestre de 2012.

O presidente de Portos de Galicia anunciou tamén a próxima execución doutra obra moi demandada polos usuarios do porto da Pobra: o edificio de departamentos para usuarios. Os traballos consistirán na construción de dous bloques de 14 estancias. O orzamento da actuación é de 1,3 millóns de euros e o proxecto está actualmente en fase de redacción, polo que se espera que os prazos de execución poidan ser paralelos aos da reforma da lonxa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o sábado 26 de marzo, encontro cultural con Méndez Ferrín e un catedrático de grego de Santiago

ferrin-2.png

Boiro, 22 de marzo de 2011. A Asociación Cultural Barbantia, a Deputación da Coruña e o Concello de Boiro organizan un  encontro entre Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e presidente da Real Academia Galega, e Juan José Moralejo Álvarez, profesor e catedrático de grego na USC, que, baixo o título “Á luz das palabras”, se vai celebrar na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro o sábado 26 de marzo, ás 12:00 horas.

moralejo-1.jpg

Guión do encontro:

1. O “mundo clásico” na poesía de Ferrín.
2. Gallaecia e as súas etimoloxías.

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Psoe pregunta polas verteduras que emporcan o Río da Cova en Olveira-Bretal

Ribeira, 22 de marzo de 2011. O grupo municipal socialista presentou unha pregunta,  para ser respostada en pleno, na que se refire á desfeita paisaxística e de saneamento na parroquia de Olveira-Bretal.

Como é habitual, publicámola íntegra:
 
Sr. Alcalde/Presidente:
O Grupo Municipal do PSDG-PSOE de Ribeira vén de efectuar este domingo, día 20 de marzo, comprobacións na parroquia de Olveira-Bretal para, entre outros asuntos, determinar as circunstancias e impacto dos problemas de verteduras que se lle tiñan comunicado pola mesma parroquia.
Ditas verteduras son os líquidas e sólidas que están a emporcar o Río da Cova, con diversas procedencias, ademáis do que se realizóu, en distintas datas dos últimos meses, xusto a carón do seu curso, moi a rentes da súa beira, de xeito que vén constituír unha agresión de marxes de curso fluvial e espazos públicos, ademáis dunha acción fortemente destrutiva da paisaxe.
Como vostede xa sabe, as marxes de cursos fluviais son espazos que gozan de protección especial por distintas normativas e, en xeral, pola Lei. Esta vertedura concreta que a carón do Río da Cova se pode comprobar na data actual elévase nalgúns puntos ata dous metros por enriba do nivel do chan anterior, constituíndo evidente risco de escorrentía de lodos ao propio curso, e incluso dunha posibilidade de obstrucción do cauce, tamén prohibida na Lei. O volume aproximado das verteduras é de 3.000 metros cúbicos. A súa composición é maiormente lama, áridos e terra lodificable pola chuvia; pero inclúe abundante materia asfáltica, contaminante, cascallo e material provinte de remoción de solos en obras.

Esta agresión, e mais outras semellantes acontecidas nos espazos próximos ao Parque de San Roque e Monte da Cidade, xa foron denunciados en varias ocasións por este grupo e pola veciñanza, sen que tivesen a debida resposta polo goberno municipal, que é o encargado de garantir, preservar, protexer e colaborar na protección dos cursos de auga e espazos públicos. O Río da Cova presenta evidencias de contaminantes, como noutros casos do Municipio, sen que o Goberno do PP saiba ou quera reaccionar, dado o dilatado no tempo de tales problemas. Por iso, o grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ribeira presenta a vostede, diante do pleno da Corporación, a seguinte PREGUNTA:

  1. Que tratamento ou solución vai ser dada polo actual Goberno de Ribeira ao atentado ambiental e paisaxístico que se producíu á beira do Río da Cova?
  2. Que consideración lle merece este problema ao actual Goberno de Ribeira?
  3. Coñece o Goberno de Ribeira que se dese algún tipo de autorización para esas verteduras?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: homenaxean ao párroco Juan Bautista Nemiña este domingo 27

Media_httpfarm3static_dfdbo

Ribeira, 22 de marzo de 2011. Este domingo 27 terá lugar unha homenaxe ao cura párroco de San Xián de Artes, Juan Bautista Nemiña Insua. Está prevista unha misa solemne á unha da tarde na igrexa e logo a comida homenaxe no restaurante Baiuca, en Artes, sobre as dúas e media da tarde.

Se desexa participar, deberá retirar as invitacións en


       - CENTRO RECREATIVO (TELÉFONO: 981 873052)
       - ROSA MARÍA ORELLÁN SANTOS (TELÉFONO: 981 872474) 
       - MANUEL REIRIZ DIOS (TELÉFONO: 981 872319)
 
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Bng pregunta pola anulación de licencia para un edificio na avenida da República Arxentina

Pregunta recurso licenza Innau Grupo Inmobiliario.pdf Download this file

Noia, 22 de marzo de 2011. O grupo municipal do Bng presentou unha pregunta para ser respostada en pleno ordinario na que se cuestiona o que acontece coa licencia dun edificio na avenida da República Arxentina, o cal, segundo os nacionalistas, incumpre a lexislación.


 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: convocadas as bases para axudas a deportistas non profesionais deste concello

Media_httpfarm3static_ytzyg


Ribeira, 22 de marzo de 2011. O Concello informa que xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP do día 18 de marzo) as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de bolsas a deportistas non profesionais para o exercicio 2011 no concello de Ribeira.

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e procedemento para a concesión de subvencións destinadas a colaborar financeiramente cos e cas deportistas non profesionais que destacaran na súa faceta competitiva durante o ano 2010, de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia competitiva e publicidade.

O Concello de Ribeira dispón dunha contía orzamentaria de 6.000 euros para destinar a esta convocatoria. A contía individual das subvencións non poderá exceder dos 1.500 euros.

As solicitudes deberán presentaranse no rexistro xeral do Concello, ou en calquera outros rexistros públicos aos que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Poderán optar a estas subvencións as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

    * Practicar algún deporte olímpico con carácter non profesional.
    * Ter contado con licenza federativa durante o ano 2010 expedida pola Federación Deportiva correspondente.
    * Estar empadroado no concello de Ribeira dende cando menos o 1 de xaneiro de 2007.
    * Estar ao corrente coas obrigas fiscais co Concello de Ribeira, así como coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e a Seguridade Social.

O prazo para presentar as solicitudes expira aos 15 días, contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria.


Podería interesarlle:


Gala do Deporte 2011: publicadas as bases

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a casa museo de Manuel Antonio preséntase e ábrese ao público este sábado 26 de marzo

Media_httpfarm6static_ejxab

Se non ve ao dereito a información, ten o cartel en grande aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: organizan excursión ao Carballiño do 5 ao 8 de maio

Dscn8722

A Pobra, 22 de marzo de 2011. O Concello da Pobra do Caramiñal, xunto coa concellería de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, organizan unha excursión o Carballiño (Ourense), os días 5-6-7 e 8 de maio.

Esta excursión contará convisitas ao Mosteiro de Oseira, ao balneario de Partovia e Carballiño, así como a unha cooperativa do Ribeiro e a Ribadavia.

Media_httpfarm5static_plhtg

Ribadavia conta cun interesante conxunto histórico que inclúe unha xudería

Todas aquelas persoas que queiran disfrutar desta viaxe poden pasar polas oficinas do concello para anotarse. O custe da viaxe é de 45 euros por persoa, con todo incluido (o dos catro días). Subvenciona a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o vindeiro sábado 26 de marzo preséntase o cd "Ronsel", do grupo "Alameda"

Media_httpfarm6static_kilge

O grupo "Alameda" pertence á Sociedade Liceo de Noia

Noia, 22 de marzo de 2011. Este vindeiro sábado, 26 de marzo, ás oito e media da tarde terá lugar no salón de actos da Sociedade Liceo de Noia a presentación do cd "Ronsel", con cancións que interpreta o grupo "Alameda". Trátase dunha recopilación de cancións referidas á vila noiesa.

Media_httpfarm6static_mnacd

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sanidade: aprobaron no Parlamento a proposta de resolución do Bng para dotar mellor o Hospital da Barbanza

2011-03-18Proposta-BNG-Debate-estado-da-NaciónHospital-Barbanza.pdf Download this file


Ribeira, 22 de marzo de 2011. O BNG logrou o apoio unánime de todos os deputados e deputadas para a proposta de Resolución presentada durante o debate sobre o Estado da Nación, pola que o “Parlamento Galego insta á Xunta de Galicia a mellorar a dotación do Hospital da Barbanza, a fin de incrementar a calidade da atención sanitaria neste ámbito, executando un planespecífico de redución das listas de agarda, priorizando as especialidades máis saturadas como xinecoloxía, contruíndo a unidade de Saúde Mental e creando a categoría de celadores no mesmo.”


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a exposición de fotos de Marisa Flórez, titulada "Mulleres", pódese ver ata o 3 de abril no Coliseo Noela

Noia: os da tertulia literaria "Tapal" conmemoran o Día Mundial da Poesía este martes 22 na casa de Rosalía en Padrón

Media_httpfarm4static_cawhe

Casa de Rosalía en Padrón

Noia, 21 de marzo de 2011. Con motivo do Día Mundial da Poesía, mañá, 22 de marzo, a Fundación Rosalía de Castro celebrará un recital poético teatral a cargo dos compoñentes da tertulia literaria Tapal de Noia. Seguidamente proxectarase unha serie de mulleres que pasaron pola casa padronesa, continuando coa conferencia “Poesía e poétca”, a cargo do poeta noiés Xan Leiceaga Baltar.
Lugar: Casa da Matanza (Padrón)
Hora: 20:00 horas
Entrada de balde.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical