22.3.11

Ribeira: convocadas as bases para axudas a deportistas non profesionais deste concello

Media_httpfarm3static_ytzyg


Ribeira, 22 de marzo de 2011. O Concello informa que xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP do día 18 de marzo) as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de bolsas a deportistas non profesionais para o exercicio 2011 no concello de Ribeira.

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e procedemento para a concesión de subvencións destinadas a colaborar financeiramente cos e cas deportistas non profesionais que destacaran na súa faceta competitiva durante o ano 2010, de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia competitiva e publicidade.

O Concello de Ribeira dispón dunha contía orzamentaria de 6.000 euros para destinar a esta convocatoria. A contía individual das subvencións non poderá exceder dos 1.500 euros.

As solicitudes deberán presentaranse no rexistro xeral do Concello, ou en calquera outros rexistros públicos aos que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Poderán optar a estas subvencións as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

    * Practicar algún deporte olímpico con carácter non profesional.
    * Ter contado con licenza federativa durante o ano 2010 expedida pola Federación Deportiva correspondente.
    * Estar empadroado no concello de Ribeira dende cando menos o 1 de xaneiro de 2007.
    * Estar ao corrente coas obrigas fiscais co Concello de Ribeira, así como coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e a Seguridade Social.

O prazo para presentar as solicitudes expira aos 15 días, contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria.


Podería interesarlle:


Gala do Deporte 2011: publicadas as bases

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical