9.6.11

Ribeira: o mércores 15 de xuño presentan un libro sobre o xornalista gastro-radiofónico Luis Rial

Cartazrial

O mesmo día, na Pobra e en Boiro, outro dinosaurio dos medios:


Cultura: Íñigo, padriño de xornalistas o 15 de xuño

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: un grupo de alumnos do IES Leliadoura foise de acampada ás Illas Cíes

Mar: o Psoe di que o goberno de Feijóo "deixa tirado ao sector do mexillón"

pnl mexillon.PDF Download this file

  • O PP rexeitou unha iniciativa socialista para recorrer a multa imposta a este sector
  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira asegurou que a Consellería do Mar doulle información sesgada a Comisión Nacional da Competencia para obviar a súa responsabilidade na xéneses da constitución de moitas das Organizacións de Productores, incluída a actual Conselleira do Mar
  • Dixo que a Xunta de Galicia esta defendendo ao lado equivocado do asunto, e preguntou porque na recente visita do Conselleiro de Industria á Comisión Nacional da Competencia non se interesou por este problema “ou é que o sector do mexillón non é importante para Galicia?”
  • Sobre a reducción da cuota do lirio lembrou que o Goberno Central destina 9.8 millóns de euros a flota afectada, e critica que o Goberno de Feijoo “non moveu un so músculo para axudar aos pescadores galegos”
Media_httpfarm5static_aibvq

Barbanza e Noia, 9 de xuño de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interviu hoxe na Comisión 8º do Parlamento para reclamar, mediante unha proposición non de lei, abordar tódalas accións que fosen precisas en dereito para recorrer a multa imposta pola Comisión Nacional da Competencia ao sector mexilloeiro galego. E tamén apoiar as accións que neste mesmo sentido leven a cabo as organizacións representativas do sector. A proposta foi rexeitada polo PP.  Alí criticou que o Goberno de Feijoo  deixa tirado ao sector neste asunto e, en contrapartida, impón unha taxa absolutamente abusiva na transmisión patrimonial das bateas. “ Esta é a realidade da axuda da Xunta ao sector mexilloeiro”, espetou.

A deputada socialista dixo que  non parece razoable impor sancións por prácticas monopolísticas  cando a propia Comisión Nacional da Competencia (CNC) recoñece na súa resolución que os prezos veñen mantendo unha baixada continua ao longo dos anos e que, incluso, recoñece unha baixada do 20% dos prezos destinados a exportación pola súa adecuación as regras do mercado. “Como pode ser posible que se impoña unha multa por algo que se recoñece que non aconteceu” preguntouse. Ademais asegurou que a Xunta non defendeu ao sector mitícola diante da CNC o obviar a evidente participación de distintos conselleiros, e a propia Rosa Quintana Carballo, dende 1997 ate 2008 na constitución das distintas Organizacións de Produtores e reunións diversas ao longo deste período de tempo. “E lamentable –dixo- o xeito que ten a Conselleira do Mar e o Goberno Galego de eludir a súa responsabilidade e deixar tirado os productores de mexillón.

Asegura que os responsables deste situación teñen nomes e apelidos como Amancio Landin, Rosa Quintana , Enrique López Veiga ou Maneiro. Dixo que a Xunta de Galicia esta defendendo ao lado equivocado do asunto, e preguntou porque na recente visita do Conselleiro de Industria á Comisión Nacional da Competencia non se interesou por este problema “ou é que o sector do mexillón non é importante?”, insistiu.

Soneira lembrou na súa intervención que o sector mexilloeiro, con máis de 3.300 bateas, xera uns 11.500 postos de traballo directo (dos cales 8.500 son fixos) e 7.000 indirectos e un volume de facturación anual que oscila entre os 120 e 150 millóns de euros en primeira venda, constituíndo un sector estratéxico no desenvolvemento económico presente e futuro da comunidade galega. Sinalou que Galicia é líder mundial no cultivo de mexillón para o consumo humano.

A Xunta non moveu un so músculo para compensar a prohibición do lirio

Na citada comisión Soneira interpelou á Xunta as axudas da Administración Autonómica pola prohibición de pescar lirio, por esgotar España a cota asignada. Alí denunciou que a Consellería do Mar non aportou ningunha proposta, nin tampouco presentou ningunha modificación ao recorte do 93% presentado pola UE.   Por iso emprazou ao executivo autonómico “a deixar de facer demagoxia e asumir as súas responsabilidades”. E preguntou que donde estaba a preocupación da Comunidade Autónoma cando se presentaron estes recortes, e tamén preguntou “que representante enviou a Xunta de Galicia a esta reunión”, e insistiu “donde esta a preocupación do Goberno de Feijoo neste asunto?”.

E insistiu na súa argumentación  “dende o PSdeG non compartimos o brutal recorte e asumimos os erros dende tódolos estamentos”. Ademais lembrou que o Goberno Central destina  9.8 millóns de euros por mor desta prohibición, e critica que o Goberno de Feijoo “non moveu un so músculo para axudar aos pescadores galegos”, resumiu.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: apertura a docentes das novas instalacións do Arquivo Municipal no Día Internacional dos Arquivos

Ribeira, 9 de xuño de 2011. Profesores dos IES Número 1 e Leliadoura de Ribeira e dos colexios de Frións e O Grupo achegáronse este mediodía ás novas instalacións do Arquivo Municipal, situadas no terceiro e cuarto andar da sede da Policía Local, para tomar parte nunha iniciativa do Concello de Riveira destinada a celebrar o Día Mundial dos Arquivos, que se conmemora hoxe 9 de xuño.

Esta acción consistiu nunha visita dos docentes referidos na que o arquiveiro municipal de Ribeira, José Antonio Otero Sobrido, lles deu a coñecer o servizo e explicou as condicións do local e equipamento, algunhas características do traslado que se está a acometer desde a Casa do Concello, así como os plans de futuro para a dotación e os servizos que se pretenden ofrecer nas novas dependencias, nos que as novas tecnoloxías xogarán un papel importante.

Ademais, no transcurso da visita mostróuselles unha serie de documentos singulares e históricos que se custodian no Arquivo, como un libro de rexistro de emigrantes riveirenses datado en 1913, unha investigación sobre presuntos carlistas de Corrubedo con data de 1875 ou un proxecto de urbanización do Campo do Frade  (hoxe coñecido como praza do Concello) de 1937.

Esta acción serviu para que os centros educativos coñezan de primeira man as características do Arquivo e vexan a viabilidade de organizar futuras visitas de grupos de estudantes, así como de fomentar posibles actuacións en común aproveitando as posibilidades do Patrimonio Documental de Ribeira.

Pode que tamén lle interese:


Ateneo: presentan dous libros este sábado 11


Verán cultural: vexa toda a programación de 2011


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: este venres 10, en Santiago, presentación de "Blues from a gun: Secuencias interiores", de Fernández Rego

Blues

Barbanza-Noia, 9 de xuño de 2011. Este venres 10, a editorial Volta (www.voltaevolta.com) presenta a súa segunda referencia editorial: BLUES FROM A GUN: Secuencias Interiores, de Fernández Rego. Será na Biblioteca Ánxel Casal, situada na avenida Xoán XXIII, de Santiago de Compostela, ás oito da tarde. 

Web de referencia
www.voltaevolta.com

Quen é Fernando Fernández Rego?

Autor da obra "50 anos de pop, rock e malditismo na música galega"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Xunta elimina o ciclo medio de Pesca e Transporte Marítimo do IES Coroso por "falta de oferta" e o Psoe esixe que se manteña Eso e Bacharelato en sete centros afectados

66009-PNP Cifp.pdf Download this file

Educación di que se vai crear un novo Centro Integrado de FP en Ribeira

Ribeira, 9 de xuño de 2011.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria anunciou hoxe a creación de 630 prazas en ciclos formativos o vindeiro curso na provincia da Coruña, "co fin de dar resposta ao interese da cidadanía por estas ensinanzas, que teñen demostrado ser unha porta de acceso ao mundo do traballo. En total haberá máis de 9.050 prazas a disposición dos estudantes coruñeses".

A creación de novos CIFP e o traslado das ensinanzas de ESO e Bacharelato a outros institutos da contorna "posibilita autorizar novos ciclos que respondan ás necesidades do sistema produtivo galego, así como o incremento de oferta en ciclos formativos xa autorizados, mesmo noutras modalidades – a distancia ou modular-, e unha nova oferta de Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI). O obxectivo é agrupar nestes novos CIFPS ciclos da mesma familia profesional ata o momento dispersos en varios IES e poboacións das comarcas", asegura a Consellería.

Novos ciclos
A cidade da Coruña contará con nova oferta o CIFP Someso (2 ciclos; o superior en Construcións metálicas e o ciclo medio en oferta modular para adultos en Carpintería e moble). No IES Fernando Wirtz Suárez créase un novo ciclo superior para adultos en Desenvolvemento de aplicacións web. No novo Centro Integrado Paseo das Pontes son 3 os novos ciclos (grao medio en Elaboración de produtos alimentarios, superior en Dirección de servizos de restauración, e grao medio para adultos en Cociña e Gastronomía).

En total, o vindeiro curso A Coruña contará con 3 Centros Integrados, o xa citado de Paseo das Pontes, e os xa existentes de Someso e Ánxel Casal-Monte Alto. Deste xeito, ademais de ampliar a oferta de FP, acádase o obxectivo de concentrala, facilitando a especialización.

Ademais haberá novos ciclos na CFEA DE GUÍSAMO (ciclos superior en Paisaxismo e medio rural), no IES Punta Candieira de Cedeira (superior para adultos en Sistemas electrotécnicos e automatizados), e no IES Universidade Laboral de Culleredo (ciclo medio para adultos en Instalacións de produción de calor).

Respecto da cidade de Ferrol e a súa contorna, contarán con nova oferta o Ferrolterra (ciclo superior en Eficiencia enerxética e Enerxía solar térmica), que ademais recibirá do CIFP de Fene a rama de Electrónica. Tamén O CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro terá un novo ciclo superior para adultos en Desenvolvemento de aplicacións web. Ademais este último centro recibirá as ensinanzas de grao medio en Xestión Administrativa e superior en Administración e Finanzas, trasladadas desde o CIFP de Fene, que se transforma en IES o próximo curso e no que tamén haberá un novo ciclo de Instalacións Frigoríficas e Climatización.

Na cidade de Santiago, o CIFP Politécnico de Santiago terá nova oferta modular para adultos no grao medio en Soldadura e caldeiraría, mentres que o CIFP Compostela incorporará o grao superior en Dirección de servizos de restauración e o medio para adultos en servizos en Restauración. Tamén nesta cidade o IES san Clemente incorporará o ciclo superior para adultos en Desenvolvemento de aplicacións web.

Pola súa parte, o novo CIFP Coroso, en Ribeira, contará con tres ciclos novos: o medio en Instalacións de produción de calor e, en réxime modular para adultos, os graos medios en Instalacións eléctricas e automáticas e en Electromecánica de vehículos automóbiles. Por falta de oferta deixarán de impartirse na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira o ciclo medio en Pesca e Transporte Marítimo.

Traslado de alumnado
Respecto do traslado do alumnado de ESO e Bacharelato dos futuros CIFP a outros centros, a Consellería xa se ten posto en contacto cos responsables dos centros afectados para explicarlles o procedemento, que se producirá durante o verán, ao igual que a adaptación dos devanditos centros a CIFP, co fin de evitar calquera interrupción da vida académica. O alumnado do Paseo das Pontes será reubicado nos IES Rafael Dieste e IES Salvador de Madariaga, mentres que os do Ferrolterra pasarán ao IES Sofía Casanova, e os do Coroso dividiranse entre : IES Nº 1 e o Leliadoura.

Respecto dos docentes, tal e como está establecido, teñen dereito e prioridade na escolla doutro centro, polo que os que se vexan afectados por esta circunstancia debido á creación dos 3 novos CIFPs quedarán dentro da súa localidade.

Reacción dos socialistas

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, esixiu hoxe á Xunta que manteña as ensinanzas de ESO e bacharelato nos centros IES Manuel Antonio –Vigo-, Politécnico de Lugo, Politécnico de Ferrolterra, Coroso –Ribeira-, A Xunqueira –Pontevedra-, Portovello –Ourense- e Paseo das Pontes –A Coruña-.

O parlamentario socialista presentou unha serie de iniciativas nas que denuncia a “actitude autoritaria” da Consellería de Educación por tomar esta decisión con “desprezo a todo o que teña que ver coa participación e a calidade democrática”. Esixiu tamén que inicie un proceso participativo para acadar o consenso cos órganos de participación implicados.

Meijón reclama así  que a Xunta aprace esta decisión cando menos ata o próximo curso para que as comunidades educativas poidan pronunciarse a través do Consello Galego de FP, a Mesa Sectorial, os Consellos Escolares Municipais e os consellos escolares dos centros afectados para que as medidas “conten co máximo consenso e teñan en conta a singularidade de cada centro”.

O responsable socialista criticou a actitude da Consellería por “manipular” este anuncio eludindo á Mesa Sectorial de Educación e decretando a desaparición destes estudos a tres meses do comezo do novo curso escolar, cando os centos teñen iniciado xa a formalización da matrícula, co que os nais e pais “daban por feito a continuidade dos seus fillos e fillas nos centros”.

Advertiu que os claustros xa tiñan tomadas decisións sobre os libros de texto do curso vindeiro e atópanse volcados coas tarefas de fin de curso, agochando ademais a supresión de prazas públicas “en detrimento da calidade educativa” e coa amortización de entre 150 e 200 prazas docentes de ESO e Bacharelato.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os artistas Manuel Ayaso e Alfonso Costa doaron vinte obras á Casa Museo Municipal

  • Catorce delas pintáronas de xeito conxunto
  • Con esta doazón inaugúrase un novo espazo, adicado ás creacións pictóricas

Ribeira, 9 de xuño de 2011.- O pintor aguiñense Manuel Ayaso e o seu colega noiés Alfonso Costa acudiron hoxe á Casa Museo Municipal co obxecto de  facer oficial a doazón aos fondos desta entidade unha colección, denominada Entredous, composta por vinte obras creadas por ambos artistas. Dáse a circunstancia de que catorce desta vintena de composicións foron pintadas por ambos, é dicir, durante a elaboración, cada un deles foi traballando por separado en cada unha das obras e despois llas entregou a outro, propiciando así un proceso de inspiración mutua. 

Ademais dos dous artistas, estiveron presentes neste acto  o alcalde saínte de Ribeira, José Luis Torres Colomer; o concelleiro en funcións de Cultura e Festexos, Luciano Fernández; e a directora do museo, Pilar Casas. 

O alcalde sinalou que esta doazón sirve para inaugurar un novo espazo no museo que estará destinado a albergar as creacións pictóricas e artísticas en xeral daqueles creadores que desexen doar obras ao museo municipal. Así mesmo, enxalzou os estilos respectivos de cada un dos artistas (“marcado pola súa infancia en Aguiño e profundamente relixioso en ocasións” no caso de Manuel Ayaso e “moi influenciado polo surrealismo e o cubismo” no caso de Alfonso Costa) e a capacidade de fundir nun só cadro ambos estilos. 

Mellora cualitativa do Museo

Pola súa parte, o edil Luciano Fernández declarou que esta nova doazón mellora cualitativamente o museo e animou a outros artistas e cidadáns a que se sumen a este tipo de iniciativas para que este espazo cultural siga aumentando os seus fondos. 

En canto aos pintores protagonistas, Manuel Ayaso manifestou que accións coma esta serven para que visitantes doutras partes de España comproben que tamén en Galicia hai artistas de valía; en tanto que Alfonso Costa louvou ao Concello de Ribeira por contribuír á difusión da arte con este tipo de iniciativas.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical