27.8.10

A Pobra do Caramiñal: o fin de festa do Carme dos Pincheiros trasládase a este sábado 28

Fin de Festas do "Carme dos Pincheiros"

Sábado 28 de agosto de 2010

10:00 H.- Lanzamento das bombas.

10:30 H.- Entrarán na Vila:

      Banda de Música de Arcade

      Grupo de Gaitas A Gandaina

11:30 H.- PEQUEXOGO no Praza Alcalde Segundo Durán

12:00 H.- Desfile dende a Igrexa do Caramiñal, dos

                 XIGANTES e CABEZUDOS da Confraría do Carme

                 dos Pincheiros, acompañados polo grupo de Gaitas

13:00 H.- Concerto nos Xardíns Valle-Inclán a cargo da

      BANDA DE MUSICA DE ARCADE

17:30 H.- PEQUEXOGO ( Festa da Espuma ) na Praza Alcalde Segundo Durán

19:00 H.-Desfile XIGANTE e CABEZUDOS co Grupo de Gaitas A Gandaina

20:00 H.- Actuación Agrupación Amas de Casa Pobra no Cantón da Leña.

22:00 H.- VERBENA  a cargo da Orquestra

      NUEVA MODA

24:00 H.- GRAN COMBATE NAVAL E FOGOS DE ARTIFICIO

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: abren a convocatoria de axudas ao transporte para estudantes

Noia, 27 de agosto de 2010. A Concellería de Educación do Concello de Noia ten aberto ata o vindeiro 16 de setembro o prazo para a presentación das solitudes das axudas ao transporte escolar (Bonobús). Os beneficiarios destas axudas terán que aboar só o 50% do custo da viaxe.

O obxectivo destas axudas é favorecer o desprazamento dos alumnos de Noia que se despracen a Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo para a realización de actividades formativas durante o curso 2010-2011; se ben a as viaxes a Lugo e Ourense asimilaranse como viaxes a Santiago por mor das condicións do convenio asinado entre o Concello de Noia e a empresa Castromil. Como novidade no convenio hai que indicar que os bonos para as viaxes terán validez ata o 31 de outubro de 2011, mellorando deste xeito as condicións de cursos pasados, nos que só eran válidos durante o curso escolar.

Os requisitos para poder optar a estas axudas son os seguintes:

  • Estar empadroado no Concello de Noia, cun mínimo de 6 meses de antigüidade.

  • Cursar calquera dos estudos ou asistir a actividades formativas que sexan obxecto da presente convocatoria.
  • Non superar os ingresos brutos per cápita da unidade familiar en que estea integrado a cantidade de 1,5 veces o salario mínimo interprofesional.

A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello e deberán acompañarse da seguinte documentación:

  1. Fotocopia do D.N.I. do solicitante.

  2. Fotocopia da Declaración da Renda das persoas físicas do ano 2009. No caso de non estar obrigado pola Axencia Tributaria a presentala, deberase achegar unha declaración xurada na que conste esta circunstancia.

  3. Para aqueles casos nos que non se presente a Declaración da Renda xustificaranse os ingresos da seguinte maneira:

  • Certificado do INEM, no caso de recibir prestación ou subsidio de desemprego.

  • Certificación do Instituto da Seguridade Social ou organismo correspondente no caso de percibir pensión contributiva de xubilación, invalidez, viuvez ou orfandade.
  • Certificación acreditativa no caso de percibiren ingresos procedentes de pensións non contributivas, fondos de asistencia social, rendas de integración social de Galicia ou da lei de integración social de minusválidos.
  • Calquera outro que lle sexa requirido a xuízo da comisión de valoración.

Asemade, deberá acreditarse a necesidade dos bonos para os fins previstos presentando unha fotocopia do carné de estudante, copia da matrícula oficial de estudos ou certificado de asistencia a actividades formativas en asociacións para persoas con discapacidades.


Circunstancias que afecten á economía familiar, como situacións de desemprego, minusvalías, familias monoparentais ou familias numerosas serán tidas en conta á hora de valorar as solicitudes.

Hai que salientar que a contía destinada para estas axudas durante o curso 2010-2011 será de 12.000 €, o que supón un claro incremento con respecto ao curso pasado (9.360 €) e moito máis respecto aos cursos 2007-2008 e 2008-2009 (7.200 € en cada un deles), fortalecendo deste xeito as axudas á educación, segundo indicou Lino García, concelleiro de Educación do Concello de Noia.



Download now or preview on posterous
bop_156.pdf (2243 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical