31.8.12

Dodro: Bases do XXV Premio Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

  • O prazo para presentar poemarios remata o 6 de novembro

Dodro, 31 de agosto de 2012. Dende o Concello de Dodro e con motivo da próxima celebración do “XXV PREMIO DE POESIA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN 2012”, adxuntan as bases da convocatoria de dito Premio, co fin de que se lle dea a maior difusión posible.





Concelleira de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo


Cristina Codesido


Dodro diptico 10x21 poesia.pdf Download this file

Dodro_premio_baleirn

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Motor: a VI Concentración de Motos Antigas da Pobra é o domingo 9 de setembro

VIConcentracionCabio.pdf Download this file


A Pobra, 31 de agosto de 2012. A concentración de motos antigas terá lugar na praia de Cabío, o domingo 9 de setembro, con saida ás 11 horas dos xardíns da Pobra, e almorzo na Torre Xunqueiras.

O Padre Teixugo, colaborador deste xornal e moteiro, pídenos "que aproveitemos a ocasión para mostrar o mellor de nós, respectando á organización dos actos (cando din parade, hai que parar o vehículo e agardar, non  vaia ser que se amole alguén), xa sexa un membro da organización, xa sexa un axente da autoridade municipal, autonómica ou nacional, ok? E por favor, nada de deixar lixo á vista (hai unha cousa que se chama punto limpo) e non cruzar a estrada cando non se ten que facer. A concentración moteira vai ser internacional, polo que é unha óptima oportunidade para dar a coñecer tamén o mellor de nós. Agardo que todo saia ben, polo noso ben e a honra e o prestixio barbanzán".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: a Carreira do Demo tivo lugar o pasado domingo na parroquia ribeirense de Artes

Trofeos_demo

Ribeira, 31 de agosto de 2012. A sección deportiva da Asociación de Veciños de Carreira “Atletismo Virxe da Guía” participou con 12 corredores na “V Carreira do Demo” celebrada o pasado domingo na parroquia ribeirense de Artes.


O colectivo carreirense retornou moi contento tanto polo trato dispensado pola organización capitaneada por Rosa Orellán como polos resultados obtidos, concretados nos trofeos acadados por Juan José Gago (3º en categoría xuvenil masculina), Lorena Calviño (1ª en categoría xuvenil femenina), Abraham Benítez (3º mellor corredor ribeirense) e Xavi Regueiro (1º en categoría xuvenil masculina e 2º mellor corredor ribeirense, por detrás do sempiterno Ramón Folgar).


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este luns, 3 de setembro, comezan obras en Mariño de Rivera e Praza do Concello

  •  O martes comezarase a realizar as obras de levantamento do asfaltado nas vías de Otero Pedrayo e Nove de Agosto. Ollo co tráfico se vostede ten que pasar por alí en vehículo

Ribeira, 31 de agosto de 2012.- O Concello informa do comezo, o próximo luns, das obras de renovación do firme de varias rúas.  En primeiro lugar iniciarase o fresado da rúa Mariño de Rivera e da Rúa Plaza do Concello, polo que estará prohibido o circulación de tráfico e o aparcamento a partir das 8 da mañá.

 

O martes comezarase a realizar as obras de levantamento do asfaltado nas vías de Otero Pedrayo e Nove de Agosto.

 

Actualmente as vías, polo uso e os novos servizos instalados nelas, encóntranse deterioradas, polo que se proxecta a pavimentación con conglomerado asfáltico na súa totalidade ou unicamente nas zoas que están en peor estado.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: clausurada a Escola de Verán e o obradoiro de reforzo educativo

Dodro, 31 de agosto de 2012. O Concello de Dodro clausurou hoxe a “Escola de Verán”, na que participaron medio cento de menores de 3 a 12 anos. Esta actividade estivo cofinanciada polo propio Concello e a Deputación da Coruña e tivo por obxecto fomentar a igualdade de xénero e favorecer a conciliación da vida laboral e persoal das familias de Dodro durante as vacacións estivais.

Coa axuda das monitoras, os menores despedíronse da “Escola de Verán” organizando un festival no colexio Eusebio Lorenzo Baleirón o que asistiron as súas familias e o Alcalde de Dodro, o popular Valentín Alfonsín Somoza. Este acto serviu como punto e final a unha actividade de convivencia lúdica de dous meses de duración que incluíu xogos, visionado de películas, deportes, obradoiros de manualidades, costura, bricolaxe e cociña e que puxo de relevo a importancia destas aprendizaxes desde a infancia para o logro da igualdade real entre mulleres e homes e a construción dunha sociedade máis xusta.

Reforzo educativo

Tamén hoxe, 31 de agosto, remataron en Dodro as clases da Aula de Reforzo Educativo de Verán, proxecto cofinanciado polo mesmo Concello e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que tiña por obxecto a prevención e redución do abandono escolar dos menores que cursan a ESO.            

Na experiencia participaron un total de 15 escolares que durante os meses de xullo e agosto asistiron o colexio Eusebio Lorenzo Baleirón  tanto para preparar as materias nas que tiñan dificultades de cara as probas de setembro como para aprender técnicas de estudo que mellorasen o seu rendemento académico. A aula contou ademais cun servizo de titorías e de orientación e asesoramento ás familias dos menores.

No acto de clausura da actividade o alcalde de Dodro fixo a entrega de diplomas e destacou a "importancia da constancia no traballo así como o valor dunha boa formación", e animou ás/ós participantes a resolver con éxito ás vindeiras probas académicas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: festival e entrega de diplomas para rematar o Verán Cultural

Ribeira.- 31 de agosto de 2012.- Hoxe co motivo do fin dos obradoiros do programa Verán Cultural celebrouse un gran festival e a entrega de diplomas aos participantes dos cursos.

 

Durante o festival, no que a temática era o verán, os rapaces bailaron unha canción que eles mesmos escolleron, xa fose porque a sabían ou porque lles gustaba e foron vestidos de acordo coa letra, con traxes realizados nas aulas e deseñados polos 20 monitores que estiveron con eles ao longo de este verán.

 

As cancións escollidas foron:

 

1º. Campamento de Inglés: "Baby" de Justin Bieber

2º Aguiño: Quiero bailar

3º Xoga con nós: 7 anos: "Che chevereche"

4º Xoga con nós: 6 anos: "Hasta que salga el sol"

5º Xoga con nós: 5 anos: "Papano americano"

6º Xoga con nós: 4 anos: "Quiero rayos de sol"

7º Xoga con nós: 2 e 3 anos: "Ey chipirón"

 

Ademais, os participantes do obradoiro de banda deseñada fixeron unha exposición na planta baixa do auditorio dos seus debuxos e caricaturas, así como un mural sobre Ribeira.

 

Entrega de diplomas

Ao final do festival realizouse a entrega de diplomas, por parte da 1ª tenente de alcalde, Lola Elorduy, e a edil de Cultura, Elvira Pisos, dos cursos Xoga con Nós do CEIP Frións, aos do Verán Rechinan do CEIP Aguiño, aos participantes do Camp of Cultural Summer e aos nenos e nenos do obradoiro de Debuxo, banda deseñada e caricatura do CEIP O Grupo.





Onte, en Certo:


Convenios: asinados os dos clubs deportivos


Verán cultural: aló foi, coa entrega de diplomas

Pode que tamén lle interese:


Memoria histórica: o luns 10 de setembro, asemblea da Comisión da Barbanza


Viaxe de maiores: á Costa da Morte. A seguinte, a Portugal


Consumo: Ribeira acollerá en setembro Galicia Calidade móbil



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: Ribeira con Ciudad Juárez, este sábado 1 de septiembre

  • Ribeira estará entre las 150 ciudades del mundo que celebran actos literarios para llamar la atención sobre la brutalidad y violencia sobre las mujeres que aún se padece en esta ciudad mexicana
  • El acto será en el bar Brétema, en Bandourrío, a partir de las 21:30
  • Participan escritores como Antonio Piñeiro o Santiago Páramo y políticos como Alicia Padín o Pastor Rodríguez


Ribeira, 31 de agosto de 2012. La Asociación Na Brétema invita -a todo aquel que desee asistir- al acto que se llevará a cabo simultáneamente con ciudades como Berlín, Río de Janeiro, Chicago, Los Ángeles, Nueva York, Madrid, Barcelona, Notingham, Roma, Tetuan, Acapulco, Lima, Varsovia o Lisboa, entre otras 150.

En el Bar Brétema, de Bandourrío, se llevará a cabo un acto literario simultáneo a distintas ciudades del mundo, coincidiendo con la celebración del segundo Encuentro de Escritores en Ciudad Juárez, el 1 de septiembre de 2012, que se convocan de manera bajo un mismo cartel y el epígrafe Encuentro de Escritores por Ciudad Juárez. Pueden leer el manifiesto en http://escritoresporjuarez.ning.com


El acto internacional se realiza para dar una llamada de atención sobre la barbarie, muchas veces tutelada y consentida, de Ciudad Juárez, mundial y tristemente conocida por los feminicidios y la impunidad que los rodea. La guerra encubierta entre grupos de narcotraficantes y los grupos de poder que los encubren, a uno y otro lado de la frontera, son el origen de atrocidades, auténticos crímenes contra la humanidad, frente a las que no podemos acostumbrarnos, ni callarnos, tal y como el terror pretende. La impunidad de todo crimen se nutre del olvido, el silencio, la corrupción, y la desmovilización ciudadana.


Según explican los organizadores, "en septiembre de 2011 un grupo de jóvenes activistas y escritores decidieron salir a la calle, bajo el lema "Escritores por Ciudad Juárez" desafiando a las organizaciones criminales y a quienes las encubren, para manifestarse abiertamente y a cara descubierta y reclamar para el pueblo de Juárez, la paz y la recuperación de los espacios públicos, en favor de la convivencia y la libertad. Eran solo un puñado de jóvenes artistas, que movidos por el asesinato de la activista Susana Chávez, y sin otro apoyo que su propia voluntad y coraje, nos han contagiado y animado a secundar su propuesta".


Este 1 DE SEPTIEMBRE DE 2012, se van a celebrar en numerosos pueblos y ciudades del planeta, las lecturas solidarias "ESCRITORES POR CIUDAD JUÁREZ", para que esos jóvenes de Juárez no se sientan solos, que cada recital sea un luz encendida contra la violencia y por la paz, ya sea en grandes capitales como en pueblos.


El acto de todo el mundo será visualizado en directo  en una gran pantalla instalada en Ciudad Juarez, y en los casos en que no fuese posible se difundirá después a través de Youtube o de información trasladada al blog de coordinación central. escritoresporciudadjuarez.blogspot.com, en el que ya figura la participación que se llevará a cabo en Ribeira.


Los datos del acto son:

Lugar: Bar Brétema, Bandourrío, Ribeira.

Fecha: Sábado, 1 de septiembre de 2012.

Hora: 21,30 hs.

Intervendrán: Alicia Padín, Toño Pita, Pastor Rodríguez, Santi Páramo, Antonio Piñeiro, entre otros.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado, 1 de setembro, XII Encontro de Habaneras

Cartel_habaneras_2012_setembro

  • Ás 21:15 horas na Igrexa de san Martiño de Noia

Noia, 31 de agosto de 2012. Mañá, sábado 1 de setembro, o Concello de Noia organiza o XII ENCONTRO DE HABANERAS que terá lugar ás 21:15 horas na igrexa de San Martiño.

As corais participantes son: Coral "Liceo" de Noia, Coral Polifónica "Helios" de Vigo,  Orfeón "Ría de Muros" (Muros) e  Coral Polifónica de Noia. As catro corais rematrán cunha canción conxunta.

Tamén, en Noia:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: voluntarios no canto de socorristas durante 15 días en Coroso e Vilar

  • O contrato cos socorristas oficiais expira hoxe
  • Noutros areais galegos, como o de Barreiros, haberá socorristas con título a cambio tan só da comida
Media_httpfarm4static_flhaa

Socorristas en Coroso


Ribeira, 31 de agosto de 2012.- Durante 15 días un total de 10 voluntarios (5 en cada praia) traballarán en Coroso e O Vilar co fin de manter a seguridade entre os bañistas. 

Hoxe finaliza o contrato dos 39 socorristas que traballaron nas praias deste municipio durante a tempada do verán, polo que a concellería de Seguridade, rexida polo edil Víctor Reiriz, decidiu que fosen substituídos por voluntarios nos principais areais, xa que o bo tempo fai prever a presenza de bañistas en busca dos últimos raios do sol.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: asinados os convenios do Concello cos clubs deportivos locais

  • Tamén se entregaron os diplomas aos que foron ás xornadas de formación deportiva para actualizarse como monitores o pasado mes de xullo
Ribeira, 30 de agosto de 2012.- Hoxe realizouse, no Salón de Plenos, a sinatura dos convenios de colaboración entre o Concello e vinte clubs deportivos de diversas disciplinas do municipio. Na firma estiveron presentes o edil de Deportes Juan Luis Martínez Queiruga, o técnico de Deportes Miguel Ruiz e o alcalde Manuel Ruiz Rivas.  

O edil fixo fincapé en que “investir en deporte e investir na nosa xuventude” e agradeceu a labor de todos os clubs pola “cantidade de rapaces e adultos que están a realizar diferentes deportes a través destas asociacións”. 

Pola súa parte o alcalde salientou que “o deporte vai seguir gañando importancia ao longo do tempo polo que faremos todo o posible porque o esforzo dos clubs se vexa recompensado”. 

As agrupacións que firmaron o convenio de colaboración foron: 

  • Club Atlético de Oleiros
  • Club Palmeira
  • Club Deportivo Artes
  • Motoclub Riveira School
  • Asociación Integrados
  • Club Baloncesto Riveira
  • Club Atlético de Riveira
  • Club Sta. Uxía Atletismo
  • Club Natación Riveira
  • Club TKD Natural Sport – Videlgi Riveira
  • Asociación Cultural Deportiva Lajareu por Barlovento
  • Club Kenpo Riveira
  • Club Náutico Deportivo de Riveira
  • Club Xuventú Aguiño
  • Olveira C.F.
  • Club Xadrez Círculo Mercantil de Riveira
  • Sálvora C.F.
  • Club Patinaxe Riveira
  • Carreira Club de fútbol
  • Club Kempo Barbanza

O Concello non ofrece na súa nota de prensa as cantidades asignadas a cada un. Mágoa de transparencia.

Entrega de diplomas

Ademais, o edil de Deportes Juan Luis Martínez Queiruga e a concelleira de Educación María Carmen Vizcaya, xunto co alcalde entregaron os diplomas aos participantes, que superaron o 80% da asistencia, do curso de actualización para técnicos deportivos que traballan ou colaboran cos clubs, asociacións e peñas deportivas locais. 

Este curso celebrouse no camping Ría de Arosa 2, durante os días 11, 12, 13 de xullo e nelas abordáronse temas sobre a planificación máis básica para os diferentes deportes, os estilos, medios e métodos de Ensinanza – Aprendizaxe ou as responsabilidades no ámbito deportivo no traballo con menores de idade.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical