11.10.11

A Pobra: o cinema insírese tamén nas Xornadas de Homenaxe a Valle este xoves 13 e venres 14

Cartel_jornadas_cine

  • "Divinas palabras" proxéctase o xoves 13 de outubro
  • "Tirano Banderas" pasarase o venres 14 de outubro

A Pobra, 11 de outubro de 2011. Con motivo da celebración da XIII edición de xornadas de homenaxe a Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal, vanse celebrar dúas xornadas dedicadas á adaptación cinematográfica de dous dos títulos máis emblemáticos do escritor: “Divinas palabras” e “Tirano Banderas”, que serán proxectadas respectivamente os días 13 e 14 deste mes de outubro.

Para inaugurar esta sección dedicada ó cine, o xoves día 13 ás 20:00 horas estarán no auditorio do Museo Valle-Inclán acompañando ó alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, o Director da CGAI, Guillermo Escrigas, e o Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro.

Antes, en Certo:


Xornadas Valle-Inclán: imaxes da presentación e da exposición


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: prevén catro pistas de pádel cubertas no complexo da Fieiteira que custarán preto de medio millón de euros

Ribeira, 11 de outubro de 2011.- O Concello de Ribeira anunciou hoxe que construirá no Complexo Polideportivo da Fieiteira un Centro de Pádel que contará con catro pistas cubertas. Así o contou o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga, quen resaltou que a ampla demanda existente entre a veciñanza (unhas 300 persoas son practicantes habituais do deporte do tenis no municipio) "foi clave á hora de decantarse por esta actuación, da que non existen iniciativas da mesma natureza na comarca". 

O centro terá unha superficie de 1.200 metros cadrados e estará situado nunha parcela a carón da piscina municipal e do campo de fútbol, que está ocupada actualmente por prazas de aparcamentos. Non obstante, Martínez Queiruga aclarou que a oferta de prazas de estacionamento non diminuirá xa que xunto coa execución deste proxecto contémplase a ampliación da área de estacionamento de vehículos. 

O feito de que o centro estea cuberto permitirá o uso da instalación durante todo o ano. Ademais de catro pistas acristaladas, a nova instalación contará con vestiarios e taquillas e dous halls de acceso: un dende o edificio da piscina e outro dende o exterior, de tal xeito que non se supedite o uso das pistas ao horario da piscina. 

Martínez Queiruga afirmou que xa se encargou o estudo para a realización dun prego de condicións que regulamenten as cláusulas administrativas e económicas para a construción do futuro Centro de Pádel. A modalidade contemplada para o desenvolvemento da actuación é a concesión de obra pública durante 35 anos.  

As tarifas rondarán os 12 ou 14 euros, un prezo baixo tendo en conta que se está arrendando en torno a 17 ou 20 euros, 

O Concello reservarase horas de uso propio tanto para a creación dunha escola deportiva como para a promoción de campionatos. 

O custe da actuación non está pechado, pero calcúlase que rondará os 400.000 ou 500.000 euros. 

Centro futuro de Raqueta

Segundo manifestou o edil ribeirense a intención do Executivo local é que máis a longo prazo a Fieiteira poida albergar un Centro de Raqueta, que inclúa tamén de pistas de tenis regulamentarias.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o mestre do jazz Steve Brown estivo impartindo unha lección maxistral

Rianxo, 11 de outubro de 2011. O pasado sábado día 8 de outubro, a Escola de Música de Rianxo organizou, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha Master Class co mestre Steve Brown, recoñecido músico americano. Con esta Master Class a Escola de Música de Rianxo da por iniciado o curso no recente Departamento de Jazz que ten como mestre a Alfredo Susavila. Asemade, os 18 alumnos que asistiron tiveron a ocasión de iniciarse no mundo da música moderna e da improvisación. A Master Class tivo como colofón un concerto no que participaron Steve Brown (guitarra), Risto Vuolanne (contrabaixo) e Roberto Somoza (Saxofón) e no que presentaron o seu novo cd: STANDARDS&BALLADS.

Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Bng leva ao Parlamento unha proposición non de lei sobre os restos arqueolóxicos de Taramancos

Iniciativa parlamentar (achádegos en Taramancos).pdf Download this file

Media_httpfarm7static_kgsiq

Noia, 11 de outubro de 2011. As deputadas Ana Luisa Bouza Santiago, Ana Pontón Mondelo e Teresa Táboas Valeiro, veñen de presentar unha proposición non de lei para o seu debate no pleno da Cámara Galega. 

A iniciativa parlamentar versa sobre a necesidade de revisar a actuación do Goberno galego no relativo aos restos arqueolóxicos aparecidos en Taramancos como consecuencia das obras de construción da estrada variante de poboación. 

A proposición, non de lei, lembra que o pasado día 30 de setembro, o Concello de Noia, debateu e aprobou por maioría absoluta unha moción que, a maiores de solicitar unha serie de actuacións por parte da Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras, entre elas a posibilidade de modificación do proxecto técnico desta obra pública a fin de preservar para o futuro os achádegos, tamén puña en cuestión todo o procedemento seguido pola Administración galega desde a data na que apareceron os restos mencionados. 

As parlamentarias instan ao Goberno galego a que se investigue a situación na que se atopa o xacemento de Taramancos, igualmente a que se informe ao Concello de Noia sobre a evolución das excavacións, e por último a revisar o proxecto técnico da estrada a fin de que os restos aparecidos fiquen á vista para a súa posterior posta en valor.

Relacionada:


Pleno de Noia: moción de urxencia polo arraso do castro de Taramancos


Pode que tamén lle interese:


Homenaxe: A Subela, en Santiago este sábado 15 de outubro, no de "Morgan"


Urbanismo en Noia: van derrubar o inmoble da rúa Laxe, nº 17

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: rematou o curso sobre dependentes dirixido a coidadores

Img_1253

Dodro, 11 de outubro de 2011. O pasado sábado día 8 rematou o curso "Técnicas específicas de atención persoal a pacientes dependentes: Hixiene, Aseo e Coidados sanitarios" de 70 horas de duración, dirixido a coidadores/as de persoas en situación de dependencia e organizado pola concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro. O curso é valorable para o recoñecemento da experiencia profesional.

 
O curso, nun principio, estaba aberto a 20 prazas, pero debido á grande cantidade de solicitudes finalmente admitíronse a 29 persoas, as cales recibiron o sábado o diploma de man da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Boga Grela.

Pode que tamén lle interese:


Actividades culturais: igualdade, xénero, labores...En outubro e novembro


Exposición: ata o 17 de outubro, sobre Cambio Climático


Un xoguete, unha ilusión: novo programa solidario


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo e Outes: 705.000 euros para reformar as casas do concello

Beln_docampo_e_alcalde_de_oute

  • A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Docampo, supervisou o resultado dos traballos acompañada polos alcaldes de ambos municipios
  • As subvencións destináronse á construción dun novo edificio administrativo para albergar oficinas municipais en Rianxo, e na rehabilitación e reorganización das dependencias da casa do concello de Outes
  • Do Campo aproveitou a visita a estes municipios para manter un encontro de traballo co rexedor de Outes, Carlos López Crespo, e coñecer de primeira man as necesidades do concello

Rianxo

Rianxo e Outes, 11 de outubro de 2011.- A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, asinou esta mañá os documentos de conformidade para a concesión das subvencións destinadas ás obras de reforma levadas a cabo nas casas consistoriais de Rianxo e Outes. Estas actuacións foron cofinanciadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Administracións Públicas. En total, o Goberno galego destinou 705.000 euros aos dous proxectos.

Do Campo desprazouse en primeiro lugar ao Concello de Rianxo, onde foi recibida polo alcalde, Adolfo Muíños. A máxima representante do Executivo autonómico supervisou o resultado da actuación, na que a Xunta investiu 255.000 euros, repartidos en catro anualidades. As obras consistiron na construción dun novo edificio administrativo para trasladar varias oficinas municipais debido a falta de espazo detectada na casa consistorial. Ambos inmobles conectáronse a través dun corredor interior, o que tamén permitiu mellorar as condicións de accesibilidade coa instalación dun ascensor.

A delegada territorial tamén se trasladou a Outes. Alí, o proxecto contemplou a renovación das instalacións respectando as antigas fachadas e recuperando un antigo semisoto, o que permitiu duplicar a capacidade do edificio.

A esta acción o Executivo autonómico dedicou 450.000 euros, co obxectivo de protexer o patrimonio arquitectónico da vila á vez que se satisfacían as necesidades do municipio en canto a espazo e modernización dos servizos.

Visita institucional

Media_httpfarm6static_ffhzp

Casa do Concello de Outes

A delegada aproveitou a súa estancia na localidade para manter un encontro de traballo co rexedor, Carlos López Crespo, e coñecer de primeira man as necesidades dos veciños. O alcalde trasladoulle as demandas do concello, mentres que Do Campo ofreceuse a estudialas e a traballar de maneira intensa para satisfacelas no menor prazo de tempo posible.

No transcurso da reunión, a máxima representante do Goberno galego na provincia destacou o compromiso da Xunta coa creación de emprego e lembrou que o Concello de Outes conta este ano cunha subvención de preto de 192.500 euros para a contratación de 18 persoas desempregadas para a realización de obras e servizos de interese social. A totalidade dos contratos son a xornada completa.

Trátase dos fondos achegados pola Consellería de Traballo e Benestar aos concellos a través do Plan de Cooperación, que este ano incrementou a partida para Outes en máis de 66.600 euros.

A desta mañá foi unha visita institucional enmarcada na rolda de contactos iniciada pola delegada da Xunta na Coruña dende que tomou posesión do seu cargo, momento no que se comprometeu a visitar os 94 municipios da provincia. Do Campo trasladoulle ao rexedor “todo o apoio, diálogo e cooperación do Goberno autonómico para traballar de xeito coordinado á hora de satisfacer as demandas dos veciños”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical