O centro terá unha superficie de 1.200 metros cadrados e estará situado nunha parcela a carón da piscina municipal e do campo de fútbol, que está ocupada actualmente por prazas de aparcamentos. Non obstante, Martínez Queiruga aclarou que a oferta de prazas de estacionamento non diminuirá xa que xunto coa execución deste proxecto contémplase a ampliación da área de estacionamento de vehículos.
O feito de que o centro estea cuberto permitirá o uso da instalación durante todo o ano. Ademais de catro pistas acristaladas, a nova instalación contará con vestiarios e taquillas e dous halls de acceso: un dende o edificio da piscina e outro dende o exterior, de tal xeito que non se supedite o uso das pistas ao horario da piscina.
Martínez Queiruga afirmou que xa se encargou o estudo para a realización dun prego de condicións que regulamenten as cláusulas administrativas e económicas para a construción do futuro Centro de Pádel. A modalidade contemplada para o desenvolvemento da actuación é a concesión de obra pública durante 35 anos.
As tarifas rondarán os 12 ou 14 euros, un prezo baixo tendo en conta que se está arrendando en torno a 17 ou 20 euros,
O Concello reservarase horas de uso propio tanto para a creación dunha escola deportiva como para a promoción de campionatos.
O custe da actuación non está pechado, pero calcúlase que rondará os 400.000 ou 500.000 euros.
Centro futuro de Raqueta
Segundo manifestou o edil ribeirense a intención do Executivo local é que máis a longo prazo a Fieiteira poida albergar un Centro de Raqueta, que inclúa tamén de pistas de tenis regulamentarias.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario