- "Divinas palabras" proxéctase o xoves 13 de outubro
- "Tirano Banderas" pasarase o venres 14 de outubro
A Pobra, 11 de outubro de 2011. Con motivo da celebración da XIII edición de xornadas de homenaxe a Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal, vanse celebrar dúas xornadas dedicadas á adaptación cinematográfica de dous dos títulos máis emblemáticos do escritor: “Divinas palabras” e “Tirano Banderas”, que serán proxectadas respectivamente os días 13 e 14 deste mes de outubro.
Para inaugurar esta sección dedicada ó cine, o xoves día 13 ás 20:00 horas estarán no auditorio do Museo Valle-Inclán acompañando ó alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, o Director da CGAI, Guillermo Escrigas, e o Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro.
Antes, en Certo:
Xornadas Valle-Inclán: imaxes da presentación e da exposición
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario