23.11.12

Ribeira: Altofalante cubrirá estatuas este domingo, 25N, para facer un chamamento contra a violencia de xénero


Ribeira, 23 de novembro de 2012. A asociación Altofalante desenvolverá este domingo 25 de novembro unha actividade para visibilizar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. A actividade pretende concienciar e sensibilizar á xente deste grave problema que nos afecta a todos e todas nós.

A actividade desenvolverase por diversas partes do centro do municipio e vai consistir en que Ribeira amenza o 25 de novembro con diversas estatuas e monumentos que hai no centro da cidade cubertos cuns plásticos negros e co manifesto preto delas para que a xente que se achegue a elas poidan ver o motivo de que estean cubertas.

Velaquí o manifesto que se vai colocar:

Media_httpfarm9static_cbvvp







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Altofalante cubrirá estatuas este domingo, 25N, para facer un chamamento contra a violencia de xénero


Ribeira, 23 de novembro de 2012. A asociación Altofalante desenvolverá este domingo 25 de novembro unha actividade para visibilizar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. A actividade pretende concienciar e sensibilizar á xente deste grave problema que nos afecta a todos e todas nós.

A actividade desenvolverase por diversas partes do centro do municipio e vai consistir en que Ribeira amenza o 25 de novembro con diversas estatuas e monumentos que hai no centro da cidade cubertos cuns plásticos negros e co manifesto preto delas para que a xente que se achegue a elas poidan ver o motivo de que estean cubertas.

Velaquí o manifesto que se vai colocar:

Media_httpfarm9static_oppbg







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: este sábado 24 soterran o patriarcado en Santiago

  • Trátase dunha iniciativa do Bng co gallo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
  • O Bng de Barbanza presenta unha moción en todos os concellos tamén por este motivo


A Pobra do Caramiñal, 23 de novembro de 2012. Onte pola mañá, Cristina Andrade, vicerresponsábel comarcal do Bng, e Rosana Pérez, deputada no Parlamento do estado, en representación do BNG comarcal deron unha rolda de prensa para presentar as iniciativas do BNG para a conmemoración do 25 de novembro. Por unha parte hai unha moción que se está a presentar en todos os concellos coa intención de que se incrementen as partidas orzamentarias destinadas á protección das vítimas de violencia de xénero e tamén os servizos, xa que nos últimos anos viñeron reducíndose de maneira drástica provocando o desamparo de moitas mulleres. Tamén se demanda o desenvolvemento, contemplado na lei, a atención psicolóxica das vítimas eos seus fillos e fillas na rede sanitaria pública así como garantir a tutela xudicial evitando a disuasión económica que supón o aumento das taxas xudiciais.

Acto en Santiago

Media_httpfarm5static_qcpvg

O cemiterio de Bonaval está detrás do Museo do Pobo Galego

Por outra banda tamén se anunciou o acto simbólico de soterramento do patriarcado que se vai levar a cabo mañá, sábado 24, en Santiago. Trátase dun cortexo fúnebre que sairá ás 12:00 do mediodía da praza do Toural para rematar no parque de Bonaval. Con este acto preténdese facer visible que a violencia de xénero é a consecuencia última e máis terríbel da desigualdade pero non a única, e para avanzar no camiño da igualdade hai que comezar por romper drasticamente este patrón de convivencia fortemente consolidado na nosa sociedade.






Esquela-patriarcado

25 de novembro 2012.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: orde do día do luns 26 de novembro

Ribeira: o Concello planta árbores resistentes a climas costeiros no peirao de Aguiño

  • O Concello tamén informou de novas adxudicacións, a do centro de ocio de Oleiros e as do novo mercado
  • O do quiñón, suprimido da ordenanza fiscal

Media_httpfarm9static_pgfco

Porto de Aguiño

Ribeira, 23 de novembro de 2012.- O Concello vén de iniciar, baixo o paraugas da mancomunidade de municipios Arousa Norte, unha actuación destinada ao embelecemento do municipio a través da plantación en parques e zonas verdes de diversas especies arbóreas especificamente seleccionadas pola súa resistencia e excelente aclimatación ás zonas costeiras.

O número de árbores que se están a plantar por parte dos xardineiros do Concello superan os oitenta, das variedades metrosidero robusta e metrosidero excelsa, washingtonia robusta, morus alba (moreiras) e  prunus serrulata (cerdeira xaponesa).
 
A actuación deu comezo no día de onte na zona portuaria da parroquia de Aguiño, onde se plantaron metrosideros e washingtonias. A actuación proseguirá en parques e zonas verdes doutras zonas de litoral do municipio.

Venta do quiñón

Por outra banda, o Equipo de Goberno decidiu suprimir da ordenanza fiscal reguladora do servizo de mercados municipais a referencia relativa á venta do chamado quiñón neste tipo de instalacións.

Aínda que de facto xa non se viña autorizando nos últimos tempos esta posibilidade, o Concello suprimiu a alusión contida nos artigos 5 e 7 da normativa -que está en período de exposición pública tras a súa aprobación inicial no último pleno- para evitar malas interpretacións en canto á posibilidade de arrogarse este dereito.

A decisión foi tomada por coherencia coa estratexia adoptada polo Executivo local de lograr unha maior profesionalización dos mercado municipais existentes (Ribeira e Palmeira) e de prestar un mellor servizo e de calidade aos consumidores e usuarios.

Adxudicacións no novo mercado

Ao fío disto, cabe informar tamén de que na última xunta de goberno local procedeuse á adxudicación da coordinación de seguridade e saúde das obras de construción do novo Mercado Municipal, actuación estrela do Proxecto Riveira Atlántica, que está cofinanciado nun 70% con fondos Feder.

A adxudicación recaeu en Manuel Vidal García, por un importe de 23.311,86 euros, IVE incluído. A duración do contrato virá fixado pola duración das obras cuxa coordinación se contrata.

Tamén se ratificou a adxudicación da asistencia técnica da dirección de obra no novo mercado á empresa 2C Arquitectos, por un importe de 53.542,50 euros (IVE incluído).

Adxudicación a Carlos Seoane do centro social e de ocio de Oleiros

  • O importe da adxudicación ascendeu a 38.720 euros, IVE incluído, e o prazo de execución é de 56 días naturais.

    Unha vez redactado o proxecto adxudicarase a obra, ascendendo o importe global da actuación, incluíndo redacción, execución e posterior construción, a 830.430 euros.

    O edificio proxectarase como un centro “sostible”, respectuoso co entorno natural, destinado a fomentar o lecer e o desenvolvemento cultural da poboación do rural de Ribeira.

    Esta actuación enmárcase dentro do proxecto Riveira Atlántica 2015, cofinanciado nun 70% con Fondos FEDER da Unión Europea,  que ten por obxecto facer do concello riveirense un referente turístico de Galicia en base a criterios de rendibilidade e sustentabilidade.

Unha vez redactado o proxecto, adxudicarase a obra do centro. Para esta actuación, contarase cun importe global de 830.430 euros, incluíndo a redacción, execución e construción do centro, o que supón o 12% do presuposto total do proxecto paraugas no que se enmarca, Riveira Atlántica 2015.

Esta actuación permitirá pór a disposición dos cidadáns do termo municipal de Riveira e moi en especial aos veciños da parroquia de Oleiros un novo centro social e de lecer que será o referente dentro do parque patrimonial biosaudable deseñado para toda a área de actuación no rural riveirense.

Lecer sostible

Este novo edificio emprazarase nunha parcela de máis de 2.500 metros cadrados, coñecida como Horta do Cura, situada no lugar de Eirexa, na parroquia de San Martiño de Oleiros. Conforme ao anteproxecto, organizarase nunha planta de aproximadamente 600 metros cadrados de superficie e contará entre as súas estancias cunha área de acollida e información, cun departamento de administración, con diferentes aulas-taller e cunha zona de almacéns. No exterior construirase, ademais do aparcamento, unha área de xogos para os nenos e unha pista polideportiva.

A obra erixirase como un edificio “sostible”, en sintonía co entorno natural no que se enmarca. A empresa adxudicataria do proxecto deberá asegurar a eficiencia enerxética da edificación incluíndo un sistema de produción de auga quente mediante enerxías alternativas, lámpadas de baixo consumo e un sistema de aproveitamento da luz natural que regule o nivel de iluminación en función do aporte de luz natural. Ademais, na súa construción empregaranse materiais respectuosos co medio ambiente que faciliten a súa limpeza, mantemento e reposición.

Un novo punto de encontro social e desenvolvemento cultural

O novo centro concíbese como un punto de encontro social e de ocio saudable que permitirá:

    Atender a colectivos desfavorecidos.
    Realizar talleres de recuperación de oficios tradicionais para persoas desempregadas utilizando as novas tecnoloxías e criterios de deseño industrial e o apoio na comercialización de ditos produtos.
    Impartir cursos de formación en novas tecnoloxías para todos os niveis, incluída a terceira idade.
    Centralizar os servizos de promoción do parque patrimonial Oleiros-Artes.
    Organizar outros actos didácticos de diversa índole como por exemplo aulas de natureza, xornadas de produtos naturais, seminarios temáticos de gastronomía local, etc.
    Promocionar a cohesión territorial e social.
    Integrar os servizos de promoción turística.
    Albergar exposicións.

 


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: "Stop Desahucios" reuniuse co BNG, que vai presentar moción a nivel comarcal para parar desafiuzamentos


Ribeira, 23 de novembro de 2012. Hoxe, membros do BNG mantiveron unha xuntanza con representantes da plataforma Stop Desahucios Barbanza. Nesta xuntanza de traballo o BNG tivo a oportunidade de amosarlle o traballo desenvolvido até o de agora por esta formación política no Parlamento Galego, no Congreso dos Deputados e tamén nos concellos. Entre os relatores estaban Ana Pontón, deputada no Parlamento e membros do BNG nesta comarca. Así mesmo, houbo oportunidade de escoitar o traballo que desenvolve este colectivo para defender o dereito a que a xente non perda a súa vivenda, as súas reivindicacións e diversas actuacións que están a levar a cabo.

Pola banda do Bng, amosáronlles o traballo desenvolvido nas diferentes institucións como por exemplo as diversas iniciativas que se levaron ao Congreso para evitar desafiuzamentos e que foron rexeitadas polo PP e PSOE, ou que se faga un parque público de vivendas con todas as que están baleiras. Ademais presentaron a moción que vai ir a tódolos plenos dos concellos da Barbanza para que este grave problema se debata a nivel local e se tomen medidas para evitarmos que a xente poida ficar sen vivenda. Este traballo tivo boa acollida entre os representantes do colectivo, ao cal se ofreceu o Bng para calquera necesidade que teñan e na que lles poidan axudar.

"Queremos parabenizar á sociedade e, nomeadamente, a este colectivo porque está plantando cara ao problema e que grazas ao movemento social estanse evitando desafiuzamentos e, polo tanto, que moita xente fique sen casa", sinalan dende o Bng de Barbanza.

MOCIÓN: Moción reforma lei hipotecaria e medidas desafiuzamentos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: este sábado 24, teatro con "Brancas", de Femme Fatale

Porto_do_son_brancas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical