23.11.12

Sociedade: "Stop Desahucios" reuniuse co BNG, que vai presentar moción a nivel comarcal para parar desafiuzamentos


Ribeira, 23 de novembro de 2012. Hoxe, membros do BNG mantiveron unha xuntanza con representantes da plataforma Stop Desahucios Barbanza. Nesta xuntanza de traballo o BNG tivo a oportunidade de amosarlle o traballo desenvolvido até o de agora por esta formación política no Parlamento Galego, no Congreso dos Deputados e tamén nos concellos. Entre os relatores estaban Ana Pontón, deputada no Parlamento e membros do BNG nesta comarca. Así mesmo, houbo oportunidade de escoitar o traballo que desenvolve este colectivo para defender o dereito a que a xente non perda a súa vivenda, as súas reivindicacións e diversas actuacións que están a levar a cabo.

Pola banda do Bng, amosáronlles o traballo desenvolvido nas diferentes institucións como por exemplo as diversas iniciativas que se levaron ao Congreso para evitar desafiuzamentos e que foron rexeitadas polo PP e PSOE, ou que se faga un parque público de vivendas con todas as que están baleiras. Ademais presentaron a moción que vai ir a tódolos plenos dos concellos da Barbanza para que este grave problema se debata a nivel local e se tomen medidas para evitarmos que a xente poida ficar sen vivenda. Este traballo tivo boa acollida entre os representantes do colectivo, ao cal se ofreceu o Bng para calquera necesidade que teñan e na que lles poidan axudar.

"Queremos parabenizar á sociedade e, nomeadamente, a este colectivo porque está plantando cara ao problema e que grazas ao movemento social estanse evitando desafiuzamentos e, polo tanto, que moita xente fique sen casa", sinalan dende o Bng de Barbanza.

MOCIÓN: Moción reforma lei hipotecaria e medidas desafiuzamentos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical