20.9.10

Porto do Son: a praia de Río Sieira convírtese esta fin de semana na meca do surf e do bodyboard de Galicia

Porto do Son, 20 de setembro de 2010. A vindeira fin de semana, 25 e 26 de setembro, Porto do Son convértese na meca do surf e do bodyboard en Galicia. Dispútase o Campionato de Río Sieira, dentro do Circuíto Rías Baixas.

Para anotarse hai prazo ata o xoves 23. Toda a información aquí

Vía http://www.surfgz.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: charla sobre compostaxe na que agasallan composteiros, este martes 21 en Cespón

Rianxo: abren o prazo para solicitar becas municipais para libros de texto e material escolar


Rianxo, 20 de setembro de 2010. O Concello de Rianxo convoca as axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar a familias con escasos recursos económicos para o curso escolar 2010-2011. O prazo abre mañá, 21 de setembro, e pecha o 11 de outubro.

BENEFICIARIOS/AS
Alumnos/as que cursen estudios de Educación Infantil, 3º e 4º de Educación Primaria e E.S.O.
As axudas para a adquisición de libros de texto van destinadas ós alumnos/as matriculados/as nos cursos de Educación Infantil, sempre que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria; para os alumnos/as matriculados/as nos cursos de educación primaria e ESO as axudas irán destinadas a sufragar os gastos do material escolar.

REQUISITOS
• Residir e estar empadroado/a no Concello de Rianxo
• Estar matriculado/a no curso 2010-2011 nun centro de ensino público do Concello de Rianxo
• Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 100% do IPREM
• Non gozar doutras axudas, bolsas ou subvencións de igual ou análoga finalidade.

DOCUMENTACIÓN
- Fotocopia do D.N.I. dos pais e do solicitante, se o ten.
- Certificado de empadroamento colectivo
- Xustificante de ingresos económicos: Copia da Declaración do IRPF 2009 ou certificación expedida pola Axencia Tributaria de non estar obrigado a declarar. Neste caso, presentar xustificantes de ingresos do exercicio 2009 de tódolos membros da familia (nóminas, certificado INEM, certificado pensión, etc).
- Factura dos Libros de texto ou  material escolar.
- Datos bancarios: fotocopia cotexada da cartilla na que figure como titular o solicitante.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Rexistro Xeral do Concello.

PRAZO:  Dende o 21 de setembro ó 11 de outubro do 2010.

Para máis información ollar a documentación axunta ou acudir a:

Servizos Sociais (crta. de Tanxil, 12)
Tlfn: 981 860 061
Horario: 09:00-14:00
Correo-e: servizos.sociais@concelloderianxo.es

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Galiza Nova continúa coas Galimpiadas, agora cun torneo 3x3 de baloncesto no pavillón Alonso Rodríguez


Noia, 20 de setembro de 2010.Despois do "éxito das Galimpiadas", segundo Galiza Nova, esta organización política organiza outro acto reivindicativo baixo o lema, "A nosa nación, a nosa selección". Neste caso, será o turno para xogar un campionato de baloncesto cun torneo 3X3.
A competición celebrarase o vindeiro sábado 25 de setembro ás 11:30 no polideportvo Alonso Rodríguez. Galiza Nova convida e anima a todos os rapaces maiores de 15 anos a que se sumen a eles e "que se conciencien da existencia dunha nación e polo tanto a oficialidade de todas as súas seleccións".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: organizan peregrinación a Compostela na ponte do Pilar (8 a 12 de outubro)


Noia, 20 de setembro de 2010. A Concellaría de Relacións Veciñais e Participación Cidadá informa de que está a organizar unha peregrinación a Santiago de Compostela co gallo do ano Santo. O punto de partida será Sarria e en total faranse 115 quilómetros en  5 etapas do 8 ao 12 de Outubro (Ponte do Pilar).

1º Etapa Sarria-----------------Portomarín

2º Etapa Portomarín----------- Palas de Rei

3º Etapa Palas de Rei ----------Arzúa

4º Etapa Arzúa------------------- O Pedrouzo

5º Etapa Pedrouzo---------------- Santiago.

A organización pretende levar un grupo mínimo de 20 persoas a esta peregrinación. Irán acompañados dun vehículo de apoio que transportará o botiquín, as mochilas pesadas e o avituallamento para as paradas estipuladas nas rutas diarias.

Estimase un custe total de 125 euros por persoa, que inclúe todos os almorzos, comidas e ceas que se fagan durante as rutas, o prezo dos albergues para durmir, o avituallamento a base de froita, auga e aquarius e a credencial de cada peregrino para ir sellando nas zonas indicadas. O prezo pode variar segundo sexa a  ocupación dos albergues públicos; se non houbese sitio neles, durmiríase en albergue privado o que podería encarecer un pouco o prezo final.

Saen camiñatas de entrenamento dende o Concello dende o martes 21

A partires deste martes día 21 de Setembro faranse camiñatas para practicar antes de realizar as rutas do camino de Santiago.  O punto de encontro será diante do Concello de Noia e o horario  irá de luns a venres ás seis da tarde e o sábado, pola mañá, ás dez.

Os interesados poden solicitar máis información e a ficha de inscrición no Concello de Noia (981842100) ou falando con Rosa Ana Mariño González, concelleira de Relacións Veciñais.

O 1 de Outubro será reunión no Salón de plenos ás doce do mediodía para todos aqueles apuntados para realizar a peregrinación ou ir de acompañantes. Alí  falarase das normas e recomendacións para a realización das rutas.

A esta iniciativa sumanse as tres asociación de empresarios da vila co lema Noia Porto de Compostela. A saída de Noia farase en autobús, ás nove da mañá na Alameda. As persoas que desexen acompañar aos peregrinos ata Sarria poderán facelo no mesmo autobús.

Itinerario dos acompañantes


Día 8 de outubro: Saída ás 9h, chegada a Sarria e comida cos peregrinos, despedida dos camiñantes ao inicio da primeira etapa, visita ao mosteiro de Samos e retorno a Noia en autobús. Custe  desta viaxe: 5 euros.


Día 12 de Outubro: saida en autobús de Noia ás 10 da mañá dende  a Alameda, chegada a praza do Obradoiro para recibir aos peregrinos de Noia que culminan a última etapa, asistencia á misa do Peregrino ás  12h, entrada pola porta Santa e abrazo ao apóstolo Santiago. Regreso a Noia en autobús. Custe: Gratuíto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o cuarto curso intensivo sobre Defensa Persoal, dende o luns 27 en Palmeira, céntrase na autodefensa feminina

Ribeira, 20 de setembro de 2010. Dendo o vindeiro luns, día 27 de setembro, e ata o venres 1 de outubro, terá lugar o IV Curso Intensivo sobre Defensa Persoal en Palmeira, impartido polo mestre de artes marciais Juan Hombre.

O curso terá lugar no local da Sociedade Fillos de Palmeira e vai constar en principio de clases de autodefensa feminina. "Nesta ocasión faremos especial fincapé no traballo para defenderse ante violacións ou agresións sexuais. Tamén impartirei recursos de loita na rúa e outras cousas máis, sempre interesantes", explica Juan Hombre. Como actividades complementarias farán pequenas marchas polo Barbanza, durmindo unha noite ao raso en plan supervivencia e completándoo con xogos populares galegos "para animar un pouco", asegura o karateka ribeirense.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical