Detalle Aurelio Aguirre
Cargado originalmente por xornalcerto
Aurelio Aguirre, amigo de Rosalía de Castro
Aurelio Aguirre, amigo de Rosalía de Castro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 20 de abril de 2012.- Por segunda semana consecutiva, o salón de actos do Conservatorio rexistrou unha nutrida concorrencia de público para asistir a outra conferencia dos Xoves Literarios. Nesta ocasión foi o literato Francisco Antonio Vidal Blanco (nacido na Bouciña, en Palmeira, en 1957) o que deleitou aos asistentes cunha comparanza entre os fastos, mitos, crenzas e celebracións da antigüidade e as festas e romarías de hoxe.
Para impartir a súa charla, Vidal Blanco baseouse no seu libro “Dos Fastos aos Festexos”, publicado en 2009 en colaboración con Rosa B. Vizcaya, e apoiouse para as súas argumentacións nunha ampla profusión de imaxes representativas.
San Alberte
O autor non desaproveitou a ocasión para incidir nalgúns dos ritos que aínda hoxe perduran no municipio ribeirense. Tal é o caso dos actos consistentes en “virar a tella”, “tirar a tella” e “bendicir as terras dos campos”: tres rituais que, sen ir máis lonxe, puidéronse ver o pasado luns con motivo da romaría de San Alberte. O de virar a tella sería para que as mulleres dos mariñeiros atraesen os ventos propicios cos que os seus homes voltasen do mar; o de tirar a tella sería un ritual de esperanza e fecundidade, polo cal, o que tivese a sorte de deixar o mesmo anaco de tella, tirado tres veces, no antepeito da fiestra da capela de San Alberte onde se fai o rito, atoparía parella ese mesmo ano. Xa o de bendecir os cestos con terra do monte sería tamén parte do ciclo de festas de primavera -os maios, xa prerromanos- que buscan atraer a fecundidade para os campos recén sementados.
Francisco Antonio Vidal ten publicado oito novelas (a última delas, “As deusas do Calvario” en 2010) e diversos ensaios e obras de teatro. Entre os seus premios literarios cabe destacar o premio do Concello de Vilalba de novela nos anos 1992 e 1998, o Premio de Literatura Infantil Ólisbos en 1993, o da Casa de Galicia de Baracaldo en 1997, o do Concello de Viveiro en 2003 ou o Terra de Melide en 2007.
Paz Andrade no vindeiro Xoves Literario
A semana que vén terá lugar a última das xornadas dos Xoves Literarios que promove o Concello no marco da programación do Abril Mes dos Libros 2012. Con tal motivo, a Corporación Local renderá un tributo ao homenaxeado deste ano no Días das Letras Galegas, coa conferencia “O multifacetismo emprendedor de Paz-Andrade” que pronunciará Xesús Manuel Valcárcel. Será de novo ás 20 horas no Conservatorio.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
“Chegou o momento de que os estudantes planten cara ao maior ataque en educación da historia” , din dende esta asociación estudantil
Juan Jesús Sánchez, coordinador de IESGA:
Barbanza-Noia, 20 de abril de 2012. A suba de taxas de matrícula universitaria exposta hoxe polo Ministro de Educación, é, para a organización estudantil IESGA, “brutal e inxustificable” e “obriga ao estudantado en moitos casos a ter que abandonar a carreira”. Para a organización, “estas medidas son un retroceso na educación pública e nos dereitos estudantís”. A organización de estudantes progresistas considera que “esta suba das taxas universitarias, sumada á brutal diminución das bolsas e aos graves recortes aplicados en Educación, eliminará a posibilidade de acceder á Universidade a miles de estudantes o vindeiro curso”
Dende Iniciativa Estudiantil Galega manifestan o seu desacordo con esta suba que consideran “non só abusiva, senón tamén manifestamente inxusta para o estudantado”.Para Juan Jesús Sánchez, coordinador de IESGA, “todas estas medidas na universidade atacan á igualdade de oportunidades dos estudantes”. “É inxustificable subir as taxas universitarias mentres se reducen as bolsas indiscriminadamente”, comentou, Sánchez, lembra ademáis que “desde IESGA defendemos a educación pública como dereito e non como o privilexio daqueles que se poden permitir pagalo”. Por outra banda, denuncia que “ este incremento das taxas de matrícula universitaria non vai parello o incremento de bolsas, senón a un recorte brutal nas axudas ó estudo”. “As taxas de matrícula non se establecen en función da renda anual, senón que son iguais para todos, polo que terá que pagar o mesmo unha persoa de baixos ingresos que alguén con moitos recursos económicos”, explicou. A Organización denuncia que as medidas de Wert son o comezo dun camiño a unha universidade de élite, á que só poderán acceder ou permanecer nela aqueles que dispoñen de maiores posibilidades económicas. Sánchez advertíu que “chegou o momento de que os estudantes planten cara ao maior ataque en educación da historia” e aseguran que haberá mobilizacións en vindeiras datas.Máis info: www.iesga.es
PONIENDO LAS CARRERAS MUY CARAS PONDREMOS FIN AL PROBLEMA DE LOS POBRES QUE SE PONEN A ESTUDIAR Y DEJAN LOS BARES SIN CAMAREROS ESPAÑOLES.
— masaenfurecida (@masaenfurecida) April 19, 2012
O Borbón estase pocholizando. A monarquía, mochila que nos sobra unpaisenlata.wordpress.com/2012/04/19/que… Un breve pero intenso artigo de F.P Lorenzo
— Certo (@Certo) April 20, 2012
Wert avisa que lo que hoy han aprobado no es lo que estaba en el programa electoral del partido... qué sorpresa XDD
— Javier Peláez (@Irreductible) April 20, 2012
#ConsejodeMinistros: Viernes tras viernes, "no nos gusta pero no tenemos más remedio que condenaros a la miseria para mantenernos a flote"
— Juventud SIN futuro (@juventudsin) April 20, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Neste amadriñamento cada recén nado recibe unha árbore á cal se lle pon unha placa co seu nome e deberá encargarse do seu coidado para os restos.
O ano pasado (24-02-2011) houbo un acto semellante
Esta actividade levouse a cabo o ano pasado con gran éxito e púidose comprobar o compromiso da xente no coidado das árbores e da demanda que tivo durante todo o ano, por este motivo decidiuse repetir a experiencia. Aprazaríase a actividade en caso de mal tempo e avisaríase con suficiente antelación.
Boiroverde no 2012 é a reanudación do proxecto iniciado no 2011 no Concello de Boiro para a dinamización e sensibilización medioambiental da cidadanía. Pretenden chegar a un amplo abano de público e idades dende unha perspectiva multidisciplinar. Retoman este proxecto a maior parte dos integrantes do CMTL de Boiro no marco da súa preparación práctica con grandes expectativas de logro na sensibilización, mobilización e cambio de actitudes cara o medio ambiente.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia