20.4.12

Muros: danse de baixo do Bng dúas ducias de militantes. Os concelleiros quedan coa acta


María Xosé Alfonso era ata agora a responsable do Bng local

Muros, 20 de abril de 2012. Segundo informou hoxe a ata agora responsable local do Bng, María Xosé Alfonso, "uns 24 militantes do BNG de Muros decidiron solicitar a súa saída do BNG despois dunha profunda e longa reflexión. Sinalan que xa viñan tendo dende hai tempo profundas discrepancias co funcionamento e discurso do BNG, ao que se lle sumou o descontento xerado polos últimos acontecementos relacionados cunha posible moción de censura no concello de Muros".

    Así as cousas, parte destas 24 persoas están vinculadas a Máis Galiza "e non descartan integrarse no novo proxecto común nacionalista que se está xestando, sempre e cando éste non sexa un BNG bis, se centre nos problemas reais da sociedade, e garanta un maior achegamento á sociedade e polo tanto ás súas bases cun discurso claro e cun funcionamento máis participativo e democrático", explica a edil nacionalista.

    Entre estas 24 baixas están os tres edís nacionalistas encabezados por María Xosé Alfonso que acordaron manter as súas actas de concelleiros "porque por enriba de todo está o compromiso acadado cos seus votantes de traballar para Muros co programa que foi elaborado conxuntamente coa cidadanía muradá", argumentou.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical