20.4.12

Educación: Iniciativa Estudantil Galega tacha de "ataque brutal" a suba das taxas do goberno do PP

  • “Chegou o momento de que os estudantes planten cara ao maior ataque en educación da historia” , din dende esta asociación estudantil

  • Juan Jesús Sánchez, coordinador de IESGA:

    a suba de taxas universitarias proposta por Wert é inceptable e supón a privatización da universidade pública, ademais de eliminar a posibilidade de acceder á Universidade a miles de estudantes

Barbanza-Noia, 20 de abril de 2012. A suba de taxas de matrícula universitaria exposta hoxe polo Ministro de Educación, é, para a organización estudantil IESGA,  “brutal e inxustificable” e “obriga ao estudantado en moitos casos a ter que abandonar a carreira”. Para a organización, “estas medidas son un retroceso na educación pública e nos dereitos estudantís”. A organización de  estudantes progresistas considera que “esta suba das taxas universitarias, sumada á brutal diminución das bolsas e aos graves recortes aplicados en Educación, eliminará a posibilidade de acceder á Universidade a miles de estudantes o vindeiro curso”

Dende Iniciativa Estudiantil Galega manifestan o seu desacordo con esta suba que consideran “non só abusiva, senón tamén manifestamente inxusta para o estudantado”.

Para Juan Jesús Sánchez, coordinador de IESGA, “todas estas medidas na universidade atacan á igualdade de oportunidades dos estudantes”. “É inxustificable subir as taxas universitarias mentres se reducen as bolsas indiscriminadamente”, comentou,

Sánchez, lembra ademáis que “desde IESGA defendemos a educación pública como dereito e non como o privilexio daqueles que se poden permitir pagalo”. Por outra banda, denuncia que “ este incremento das taxas de matrícula universitaria non vai parello o incremento de bolsas, senón a un recorte brutal nas axudas ó estudo”. “As taxas de matrícula non se establecen en función da renda anual, senón que son iguais para todos, polo que terá que pagar o mesmo unha persoa de baixos ingresos que alguén con moitos recursos económicos”, explicou.

A Organización denuncia que as medidas de Wert son o comezo dun camiño a unha universidade de élite, á que só poderán acceder ou permanecer nela aqueles que dispoñen de maiores posibilidades económicas. Sánchez advertíu que “chegou o momento de que os estudantes planten cara ao maior ataque en educación da historia” e aseguran que haberá mobilizacións en vindeiras datas.

Máis info: www.iesga.es






Juan-jesus-sanchez-iesga-1024x

Voz_007.mp3 Listen on Posterous

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical