O acceso á praia da Mercé é unha das obras incluídasA Pobra do Caramiñal, 24 de decembro de 2010. A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia concedeu obras ao Concello da Pobra por un importe de 79.976,85 euros con cargo ao Plan de Infraestructuras do Rural ( PIR 2011).
A Comisión de Goberno, con data 15 de decembro de 2010, aprobou as obras seguintes e que se farán á maior brevidade posible, dentro dos orzamentos do 2011:
ACCESO DESDE A ESTRADA AC-305 A PRAIA DA MERCED . Esta é unha das obras a levar a cabo por un importe de 48.324,71 €. Os traballos a realizar na mesma consistirán na mellora en saneamento, acondicionamento de todo o camiño rematando cun asfaltado en quente de 6 cm., así como a baixada a Praia.
PAVIMENTACIÓN DO ENTORNO DA TOMADA E ARRANXO DO VIAL O CAMPO-XUNQUEIRAS: obra moi demandada polo veciños, que ascende a un importe de 31.652,14 € e consistirá na pavimentación de toda a estrada do entorno da Tomada, en asfaltado en quente, acondicionamento das cunetas e a recollida de pluviais, así como o ensanche da mesma.
Con relación á obra do Campo-Xunqueiras as obras consistirán en acondicionamento o longo da mesma, ensanchamento da estrada, canalización das cunetas con tubería e limpeza de todo o vial.
A Política deste Equipo de Goberno, explican en nota de prensa do Concello, "é mellorar tódolos accesos e servizos nas Parroquias. Con esta inversión dase un paso importante ás melloras destes lugares, incrementando desta maneira a calidade de vida dos seus veciños. Agradecemos a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que nos teña concedido ditas obras".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia