5.6.10

Ribeira: charla sobre "American Graffiti" no Cine Club Ateneo-Valle Inclán

O mércores 16 de xuño, disertación a cargo de Toño Díaz, xornalista na TVG e un seareiro do cinema clásico, o cinema B, Torrente, o cinema Z... vamos, un cinéfago cinéfilo deses.
Para ter unha mínima noción de American Graffiti (de George Lucas, o mesmo da Guerra das Galaxias, en cuxo desfile en Santiago tamén colaborou Toño Díaz, por certo), acudan a Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/American_Graffiti

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arqueoloxía: grupo en Facebook para "Arqueoloxía de Galicia"

Noia: o "Xuño Musical" programa concertos cada luns no Coliseo Noela


Os concertos serán no Coliseo Noela, agás o do luns 21, que será na Alameda

Noia, 5 de xuño de 2010. Este vindeiro luns, 7 de xuño, comeza en Noia a programación do "Xuño musical", un ciclo de concertos que se desenvolve cada ano ao longo do mes de xuño no Concello de Noia. Os seus comezos datan do ano 1997, segundo nos conta Lino García, concelleiro de Educación do Concello de Noia. Os seus obxectivos son:

  • Dar a coñecer o traballo feito nas aulas ao longo do curso.
  • Que sexa un elemento motivador para o alumnado no estudo cotiá.
  • Lembrar que en Noia temos unha institución municipal de grao profesional onde os nenos e xoves poden desenvolver a súa formación musical, a sensibilidade e o gusto pola música en xeral e rematar os estudos musicais ata o grao profesional.
Nos concertos participan alumnos e alumnas de tódolos niveis, así como o profesorado das distintas especialidades instrumentais, grupos de cámara, coro, banda e orquestra do Conservatorio Municipal de Noia. Nesta edición os concertos terán lugar os luns do mes de xuño no Coliseo Noela ás 20:30 h., agás o do luns 21, que con motivo do "Día Europeo da Música" vaise celebrar na Alameda de Noia, a carón da Casa do Concello. A entrada será gratuíta.



Programa:

LUNS 7 de xuño
LUGAR: Coliseo Noela
HORA DE COMEZO: 20:30 h.
PARTICIPANTES: Alumnado dos dous últimos cursos de grao profesional.

LUNS 14 de xuño

LUGAR: Coliseo Noela
HORA DE COMEZO: 20:30 h.
PARTICIPANTES: Alumnado de grao elemental.

LUNS 21 de xuño (Día Europeo da Música)
LUGAR: Alameda de Noia, a carón da Casa do Concello.
HORA DE COMEZO: 20:30 h.
PARTICIPANTES: Orquestra, Coro e Banda do Conservatorio.

LUNS 28 de xuño
LUGAR: Coliseo Noela
HORA DE COMEZO: 20:30 h.
PARTICIPANTES: Alumnado de grao profesional, agás os dos dous últimos cursos.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical