Os concertos serán no Coliseo Noela, agás o do luns 21, que será na Alameda Noia, 5 de xuño de 2010. Este vindeiro luns, 7 de xuño, comeza en Noia a programación do "Xuño musical", un ciclo de concertos que se desenvolve cada ano ao longo do mes de xuño no Concello de Noia. Os seus comezos datan do ano 1997, segundo nos conta Lino García, concelleiro de Educación do Concello de Noia. Os seus obxectivos son:
- Dar a coñecer o traballo feito nas aulas ao longo do curso.
- Que sexa un elemento motivador para o alumnado no estudo cotiá.
- Lembrar que en Noia temos unha institución municipal de grao profesional onde os nenos e xoves poden desenvolver a súa formación musical, a sensibilidade e o gusto pola música en xeral e rematar os estudos musicais ata o grao profesional.
Programa:
LUNS 7 de xuño
LUGAR: Coliseo Noela
HORA DE COMEZO: 20:30 h.
PARTICIPANTES: Alumnado dos dous últimos cursos de grao profesional.
LUNS 14 de xuño
LUGAR: Coliseo Noela
HORA DE COMEZO: 20:30 h.
PARTICIPANTES: Alumnado de grao elemental. LUNS 21 de xuño (Día Europeo da Música)
LUGAR: Alameda de Noia, a carón da Casa do Concello.
HORA DE COMEZO: 20:30 h.
PARTICIPANTES: Orquestra, Coro e Banda do Conservatorio. LUNS 28 de xuño
LUGAR: Coliseo Noela
HORA DE COMEZO: 20:30 h.
PARTICIPANTES: Alumnado de grao profesional, agás os dos dous últimos cursos.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario