15.10.10

A Pobra: o Bng presentou unha solicitude para que se manteña o NoiteBús


A Pobra do Caramiñal, 15 de outubro de 2010. O Bng local presentou onte no rexistro do Concello unha petición para que se manteña o servizo do Noitebús. O texto completo é o seguinte:

"O PP, a través da Xunta de Galiza, vén de anunciar a súa intención de suprimir o servizo coñecido como “Noitebús”. Esta iniciativa, posta en marcha na pasada lexislatura, forma parte das actuacións destinadas a mellorar a seguranza viaria e reducir a sinistralidade, cubrindo as necesidades de desprazamento nocturno da mocidade. A demanda que rexistrou desde a súa posta en funcionamento, sobre todo na nosa bisbarra, dá boa mostra de que é un servizo necesario do que non se pode prescindir.

     Ao noso xuízo, é lamentábel, á par que unha irresponsabilidade, escoitar do presidente do Goberno Galego que “este é un servizo que resulta innecesario nun momento de dificultades económicas”, cando persoas expertas nesta materia fixeron público, ao mesmo tempo, o seu desacordo. A propia Dirección Xeral de Tráfico (DGT) afirma que “este servizo ten demostrado a súa eficacia, ademais de contribuíu a eliminar vítimas e a concienciar sobre a condución segura”. Tamén a Plataforma “Stop Accidentes” uniuse a estas manifestacións para cualificar a pretensión do goberno do PP de “desastre”, para engadir que “sempre é máis barato previr que lamentar”.

     O BNG considera un auténtico desatino a intención do PP e o anuncio feito polo presidente da Xunta. Os fondos destinados a previr os accidentes e dar servizos á xente nova non poden considerarse un dispendio. Por outra parte, o custe do servizo é perfectamente asumíbel pola Xunta de Galiza. No ano 2010 a Xunta dedicou ao “Noitebús” pouco máis de 4,5 millóns de euros, unha cifra que representa o 0,5% do orzamento da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Un investimento moi inferior ao gasto que o goberno do PP está a facer en propaganda e publicidade desde a Xunta de Galiza. O normal é que os recortes se realicen no ámbito da propaganda e non en servizos que cumpren unha función social evidente. A Xunta de Galiza debe rectificar esta decisión e manter o funcionamento dun servizo que ten demostrado a súa necesidade e utilidade.

     Sendo o noso concello e a nosa comarca territorios afectados moi gravemente pola decisión anunciada pola Xunta e, polo tanto, os nosos e as nosas xoves as que van vivir ese recorte en primeira persoa, mesmo con perigo das súas propias vidas,

     SOLICITÁMOSLLE se dirixa á Xunta de Galiza para instala a manter o funcionamento do servizo de transporte público nocturno a lugares de lecer (“Noitebús), sen aplicar ninguna redución das rutas existentes e mellorando a súa dotación e funcionamento no conxunto do territorio galego en xeral e, en particular, na comarca da Barbanza e no concello da Pobra do Caramiñal.

     A Pobra do Caramiñal, 15 de outubro de 2010. 

     Asdo.: Rosana Pérez Fernández,

     Concelleira e portavoz do G. M. do BNG".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado 16 actúa o grupo municipal xuvenil de Teatro de Ribeira no Coliseo Noela


Noia, 15 de outubro de 2010. Mañá sábado, día 16 de outubro, a partir das 21 horas, o Grupo Municipal Xuvenil de Teatro de Ribeira vai actuar no Coliseo Noela de Noia. Dirixido por Chiki Durán, o elenco artístico interpretará a obra Apoio Zero – Volverasme a ver dentro do programa Noia Scea 2010 que promove a compañía teatral Candelexas en colaboración co Concello de Noia e coa Xunta de Galicia.

Ademais desta obra de teatro, en Noia hai outra actividade cultural: trátase da reunión do grupo de artistas e pintores Arga (arga.es). Entre outras accións artísticas, farán un mosaico na Alameda noiesa sobre as catro e media da tarde.


Por outra parte, cabe recordar que tamén mañá iníciase no Auditorio Municipal de Ribeira a Mostra de Teatro 2010. O evento terá lugar ás 21.30 horas coa obra ”O meu home tolea”, que será escenificada pola compañía Ad Libitum. Poderanse recoller as entradas media hora antes do inicio da función.


Mostra de Teatro de Ribeira: programa completo, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o luns 18 comeza un dos dous cursos de fotografía que organiza e imparte Olláparo


Foto de Diego Romero dunha exposición de Olláparo

Boiro, 15 de outubro de 2010. O vindeiro luns da comezo un curso de fotografía que organiza o colectivo Olláparo e que será impartido no Centro Social boirense.
O que se inicia este luns 18 leva o título de "Fotonoite" e trátase dun obradoiro teórico-práctico de fotografía noturna pensado para resolver situacións de pouca luz e adaptarse a calquera tipo de cámara. Serán un total de seis clases, cada luns, de oito da tarde a nove e media da noite, completando así 9 horas de duración.

Iniciación, os mércores

O outro curso organizado por Olláparo é o de "Iniciación á fotografía dixital e manexo básico da cámara fotográfica", que se impartirá os mércores de 20 a 21.30h (será de 12 horas de duración, polo tanto catro mércores).

Para maior información poden consultar coa organización fotográfica Olláparo no móbil 626028887 ou no teléfono do centro social, o fixo 981842635.

Se queren ver fotos de Olláparo: http://www.flickr.com/photos/ollaparo/
Se queren unirse ao grupo en Flickr: http://www.flickr.com/groups/ollaparo/

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o PP anuncia modificacións no PXOM que negociou con Urbanismo na Xunta


Cruceiro en Tallós, zona onde haberá probablemente unha redución de zona residencial urbanizable

Dodro, 15 de outubro de 2010. O Partido Popular de Dodro informa que despois de varias reunións mantidas con responsables de Urbanismo da Xunta de Galicia, "conseguimos que por parte da Secretaría Xeral de Urbanismo se reducisen ó máximo posible as modificacións a realizar no PXOM presentado polo goberno bipartito PSOE-BNG". Así, o máis probable,  como anunciara no seu día o Partido Popular, é que a zona residencial urbanizable prevista para Tallós terá que reducirse nunha gran parte para que a Xunta de Galicia poida aprobar o PXOM. Outros cambios que son inevitables será a redución da área reservada para o Polígono Industrial, e certas modificacións que afectan á área de expansión dalgúns núcleos e que se ven afectados pola Lei de Augas e de Costas.

      Segundo o PP, "lamentablemente, os dous anos perdidos na tramitación do PXOM polo goberno bipartito da Xunta de Galicia e o goberno municipal do PSOE-BNG non permitiron conquerir unha maior área de expansión dos núcleos. A clasificación dunha área residencial de dubidosa viabilidade en Tallós tamén obrigou a reducir a zona para a construción de vivendas particulares. É de destacar que o goberno bipartito PSOE-BNG nin sequera solicitou a redución da zona de protección de Costas como outros concellos, a pesares das súas críticas ó anterior goberno popular, permitindo así que moitos terreos particulares sigan afectados pola Lei de Costas".

      O Partido Popular de Dodro, "a pesar de que en ningún momento o goberno PSOE-BNG contou con nós para a tramitación do PXOM, tivo que asumir as tarefas de goberno para poder sacar adiante o PXOM da forma máis rápida e limitando as reducións das zonas para poder edificar ó máximo que permite a normativa", asegura. E conclúe sinalando que "agora, correspóndelle ao goberno bipartito PSOE-BNG acelerar a incorporación das modificacións solicitadas pola Xunta de Galicia para poder aprobar definitivamente o PXOM canto antes, o que de cumprirse os prazos previstos podería suceder nun prazo non superior ó mes e medio. ISO SEMPRE E CANDO O BNG-PSOE NON RETRASE O PROCEDEMENTO NA PROCURA DE INTERESES PARTIDISTAS".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: comezan as obras para recuperar as vellas fábricas da Chaínza


Zona da Chaínza, hai máis ou menos un século

Noia, 15 de outubro de 2010. O alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, vén de anunciar o comezo do proxecto "Fábricas da Chaynça" no barrio da Chaínza. A primeira actuación é o acondicionamento do solar mercado, onde se atopa a antiga curtidoría dos Cadarso. As obras consisten no acondicionamento e limpeza do xardíns, a eliminación da envolvente de ladrillo e a consolidación da estrutura de pedra primitiva do pazo e da fábrica. A segunda actuación será a humanización do entorno, a ponte, a fonte, o lavadoiro, a estrada e os camiños.

Este proxecto está financiado polo Grupo de Acción Costeira e o Ministerio de Cultura. A adquisición da parcela de 4.000 metros cadrados edificables, onde se situa a fábrica, foi adquirida polo concello por un valor de 318.000 euros dos que 218.000 foron subvencionados pola Deputación da Coruña. Os autores do proxecto son integrantes do Estudio de Salgado e Liñares, que acaban de ser premiados pola restauración dos muíños e zona de Pedrachán.

Relacionada:


Arquitectura: premiada a restauración de Pedrachán

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este sábado 16 comeza nova edición da Aula Galega de Saxofón no conservatorio

Download now or preview on posterous
aulagalega.pdf (392 KB)


Flickr de galdo trouchky

Ribeira, 15 de outubro de 2010. Mañá sábado día 16 de outubro,  a partir das 9.00 horas, dará comezo no Conservatorio Profesional de Música unha  nova edición  da Aula Galega de Saxofón.  

Esta actividade de carácter formativo está organizada polo Conservatorio local e  ten como mestre invitado a Rodrigo Vila (vigués de nacemento e profesor do Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares) e como responsable de organización a José Fungueiriño (profesor de saxofón do conservatorio riveirense).

A frecuencia da Aula Galega de Saxofón será dun fin de semana ao mes e conta cun total de 17 alumnos activos, algúns deles cursan estudos do conservatorio local e outros proceden e  Conservatorios e Escolas de Música de diferentes  puntos da xeografía galega.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: 5, 12 e 19 de novembro, seminario para xeración, maduración e avaliación de ideas empresariais

Ribeira, 15 de outubro de 2010. O Concello de Ribeira informa de que os días 5, 12 e 19 de novembro, en horario de 9 a 14 horas, terá lugar un “Seminario para a Xeración, Maduración e Avaliación das ideas empresariais”.

Este Seminario esta promovido polo Igape-BicGalicia e o Concello e ten unha duración de quince horas. Constitúe unha ferramenta de formación que ten como obxectivo que o asistente poida crear, analizar e rentabilizar unha idea empresarial. 

Complemento ao seminario do 29 de outubro

A actividade serve de complemento idóneo ao Seminario para a Difusión da Creación de Empresas que terá lugar o 29 de outubro no Conservatorio. Para esta acción formativa segue aberto o prazo de inscrición na Oficina de Desenvolvemento Local deste Concello. 

O curso sobre xeración, maduración e avaliación das ideas empresariais é unha ferramenta de formación mixta que combina tres grandes grupos de actividades: 

  • Xeración de ideas: Consiste en que a partir da análise de 34 fontes de ideas, agrupadas en 6 niveis, os asistentes autoxeren un conxunto de ideas de empresa que se agruparán no seu Banco de ideas para a súa validación posterior.
  • Maduración de Ideas:  A partir das ideas xeradas ou previas, se realizarán un conxunto de actividades co obxecto de transformar algunha delas en ideas empresariais.
  • Traballo para a avaliación da idea: Unha vez traballado na maduración das ideas, os asistentes recibirán unha plantilla co obxecto de obter a información necesaria para unha valoración cualitativa da idea. Estes datos entregaránselle aos asistentes para que poidan realizar a avaliación da idea de negocio.
Gratuito. Prazo para inscribirse ata o 25 de outubro

Este Seminario é  totalmente gratuíto e a única característica imprescindible para as persoas que participan na acción formativa é a de ter motivación e predisposición necesaria como para xerar ideas e iniciar o proceso de maduración como primeiro paso para a súa avaliación.

A inscrición deberá  realizarse ata o 25 de outubro na Oficina de Desenvolvemento Local deste Concello. As prazas son limitadas.

Antes publicamos:


Emprendedores: curso gratuito sobre creación de empresas o 29

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Salud: Unicef celebra el "Día mundial del lavado de manos", una acción que salva vidas


Gemma Mengual y Los Lunnis participan en los actos organizados por UNICEF España en este Día Mundial

Barbanza-Noia, 15 de octubre de 2010 - Cada año 3,5 millones de niños y niñas menores de cinco años mueren debido a enfermedades diarreicas e infecciones respiratorias agudas, según UNICEF.   Por tercer año consecutivo, hoy se celebra el Día Mundial del Lavado de Manos. Una jornada de sensibilización sobre la importancia de lavarse las manos con agua y jabón, que es una de las intervenciones de salud más eficaces y económicas que existen. Lavarse las manos después de ir al baño y antes de preparar alimentos ayuda a reducir en más del 40% los casos de enfermedades diarreicas, y casi en un 25% los casos de infecciones respiratorias.


Implantar la práctica del lavado de manos con jabón podría salvar más vidas que muchas vacunas o intervenciones médicas, reducir las muertes por diarrea casi a la mitad y evitar la cuarta parte de las muertes por infecciones respiratorias agudas.

Las personas que no usan jabón para lavarse las manos tras haber estado en contacto con heces, con fluidos como secreciones nasales y con alimentos o agua contaminados, pueden transmitir bacterias, virus y parásitos.

El hecho de que más personas se laven las manos con jabón podría contribuir de manera significativa a alcanzar la meta de de los Objetivos de Desarrollo del Milenio, de reducir en dos terceras partes las muertes de niños menores de cinco años para el año 2015.

Con el lema Más que sólo un día, la campaña del Día Mundial del Lavado de Manos aspira a que los 200 millones de escolares de 80 países de todo el mundo que participan en la campaña este año, se conviertan en agentes efectivos del cambio.

ACTOS EN ESPAÑA

En España, Gemma Mengual -subcampeona del mundo de natación-, visitará el colegio Regina Carmeli de Rubí (Barcelona) para que los niños comprendan los beneficios de esta medida de higiene y la promuevan en sus hogares y comunidades.


Por su parte, Los Lunnis, Embajadores de UNICEF España, han creado la canción titulada Lávate las manos con la que pretenden hacer saber a los niños, de una manera muy sencilla, que un acto tan simple como lavarse las manos puede salvar millones de vidas.

GOTAS PARA NÍGER

Gotas para Níger es una campaña educativa de UNICEF que pretende dar a conocer la importancia del agua y su relación con la supervivencia infantil y como derecho humano básico que debemos respetar y valorar. Los niños que participan conocerán la situación existente en uno de los países más pobres del mundo en el que sólo el 46% de la población tiene acceso al agua potable.

Aprovechando la celebración del Día Mundial del Lavado de Manos, UNICEF España invita a los centros escolares, a través de su programa educativo Enrédate (www.enredate.org), a que se sumen a esta campaña en la que ya han colaborado 1.300 centros escolares de toda España.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical