15.10.10

Dodro: o PP anuncia modificacións no PXOM que negociou con Urbanismo na Xunta


Cruceiro en Tallós, zona onde haberá probablemente unha redución de zona residencial urbanizable

Dodro, 15 de outubro de 2010. O Partido Popular de Dodro informa que despois de varias reunións mantidas con responsables de Urbanismo da Xunta de Galicia, "conseguimos que por parte da Secretaría Xeral de Urbanismo se reducisen ó máximo posible as modificacións a realizar no PXOM presentado polo goberno bipartito PSOE-BNG". Así, o máis probable,  como anunciara no seu día o Partido Popular, é que a zona residencial urbanizable prevista para Tallós terá que reducirse nunha gran parte para que a Xunta de Galicia poida aprobar o PXOM. Outros cambios que son inevitables será a redución da área reservada para o Polígono Industrial, e certas modificacións que afectan á área de expansión dalgúns núcleos e que se ven afectados pola Lei de Augas e de Costas.

      Segundo o PP, "lamentablemente, os dous anos perdidos na tramitación do PXOM polo goberno bipartito da Xunta de Galicia e o goberno municipal do PSOE-BNG non permitiron conquerir unha maior área de expansión dos núcleos. A clasificación dunha área residencial de dubidosa viabilidade en Tallós tamén obrigou a reducir a zona para a construción de vivendas particulares. É de destacar que o goberno bipartito PSOE-BNG nin sequera solicitou a redución da zona de protección de Costas como outros concellos, a pesares das súas críticas ó anterior goberno popular, permitindo así que moitos terreos particulares sigan afectados pola Lei de Costas".

      O Partido Popular de Dodro, "a pesar de que en ningún momento o goberno PSOE-BNG contou con nós para a tramitación do PXOM, tivo que asumir as tarefas de goberno para poder sacar adiante o PXOM da forma máis rápida e limitando as reducións das zonas para poder edificar ó máximo que permite a normativa", asegura. E conclúe sinalando que "agora, correspóndelle ao goberno bipartito PSOE-BNG acelerar a incorporación das modificacións solicitadas pola Xunta de Galicia para poder aprobar definitivamente o PXOM canto antes, o que de cumprirse os prazos previstos podería suceder nun prazo non superior ó mes e medio. ISO SEMPRE E CANDO O BNG-PSOE NON RETRASE O PROCEDEMENTO NA PROCURA DE INTERESES PARTIDISTAS".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical