Foto de Diego Romero dunha exposición de Olláparo Boiro, 15 de outubro de 2010. O vindeiro luns da comezo un curso de fotografía que organiza o colectivo Olláparo e que será impartido no Centro Social boirense.
O que se inicia este luns 18 leva o título de "Fotonoite" e trátase dun obradoiro teórico-práctico de fotografía noturna pensado para resolver situacións de pouca luz e adaptarse a calquera tipo de cámara. Serán un total de seis clases, cada luns, de oito da tarde a nove e media da noite, completando así 9 horas de duración.
Iniciación, os mércores
O outro curso organizado por Olláparo é o de "Iniciación á fotografía dixital e manexo básico da cámara fotográfica", que se impartirá os mércores de 20 a 21.30h (será de 12 horas de duración, polo tanto catro mércores). Para maior información poden consultar coa organización fotográfica Olláparo no móbil 626028887 ou no teléfono do centro social, o fixo 981842635.Se queren ver fotos de Olláparo: http://www.flickr.com/photos/ollaparo/
Se queren unirse ao grupo en Flickr: http://www.flickr.com/groups/ollaparo/
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario