Noia, 15 de outubro de 2010. Mañá sábado, día 16 de outubro, a partir das 21 horas, o Grupo Municipal Xuvenil de Teatro de Ribeira vai actuar no Coliseo Noela de Noia. Dirixido por Chiki Durán, o elenco artístico interpretará a obra Apoio Zero – Volverasme a ver dentro do programa Noia Scea 2010 que promove a compañía teatral Candelexas en colaboración co Concello de Noia e coa Xunta de Galicia. Ademais desta obra de teatro, en Noia hai outra actividade cultural: trátase da reunión do grupo de artistas e pintores Arga (arga.es). Entre outras accións artísticas, farán un mosaico na Alameda noiesa sobre as catro e media da tarde.
Por outra parte, cabe recordar que tamén mañá iníciase no Auditorio Municipal de Ribeira a Mostra de Teatro 2010. O evento terá lugar ás 21.30 horas coa obra ”O meu home tolea”, que será escenificada pola compañía Ad Libitum. Poderanse recoller as entradas media hora antes do inicio da función.
Mostra de Teatro de Ribeira: programa completo, aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario