21.1.10

Motor: unha pingüinada con fogueira para quencerse en Valladolid

Motor: unha pingüinada entre amigos dende Ribeira

Motor: unha pingüinada total dende Ribeira

Música: Cristina Pato apúntase ao inglés no título do seu novo disco

Colabora con Rosa Cedrón, coa que segue de xira. Tamén está o acordeonista Víctor Prieto. E os de sempre, Xan Padrón, Laura Amado, súa irmán e amigos. Á venda en febreiro de 2010.
Estará tamén en Itunes? Imos ver!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: a manifestación de hoxe, dende o balcón do Consello da Cultura Galega

Temos ao becario contador de baixa por depresión... Alguén se anima?

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: Balteiro, nas Chans do Barbanza, Iroite. Neve tratada

Impresionante traballo! Parabéns, sr. Souto!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Premios: o Seminario Galego de Educación para a Paz, premio en Dereitos Humanos en Santiago



O Seminario Galego de Educación para a Paz recibe o venres 22 de xaneiro o primeiro premio en Dereitos Humanos que concede o Colexio de Avogados de Santiago

 
    O venres, día 22 de xaneiro de 2010, ás 19:00 horas, no Salón Nobre de Fonseca da USC, o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, D. Manuel Dios Diz, recollerá, en nome da entidade que dirixe, e de mans do Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, D. Evaristo Nogueira, o 1º PREMIO EN DEREITOS HUMANOS, concedido -por unanimidade- da súa Xunta de Goberno, en recoñecemento da súa labor de difusión, nos últimos 25 anos, dos valores consagrados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948.
 
    Para o Seminario Galego de Educación para a Paz significa, neste ano 2010 no que celebra o seu 25 Aniversario, antes que nada, unha enorme satisfacción que o Ilustre Colexio de Avogados de Compostela distinga unha obra colectiva, iniciada en 1985, pero tamén conleva desafío para darlle continuidade a un traballo que necesita do compromiso de todas e todos, porque os dereitos humanos, a convivencia e a paz, son obxectivos a construír cada día, en tódolos ámbitos. En calquera caso, o Seminario quere mostrar publicamente o seu agradecemento a un Premio que estimula a seguir insistindo nunha tarefa fundamental no sistema educativo, como é, a educación para os dereitos humanos e a cultura da paz.


Seminario Galego de Educación para a Paz

FUNDACION CULTURA DE PAZ

www.sgep.org

Tfno: 981-561956

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: Obama fronte ao espello

Especular ten a mesma orixe que espello. Que imaxe nos voltará o espello da Historia deste personaxe? O tempo nolo dirá. Polo de agora, só Alicia puido pasar ao outro lado. Obama, para mal e para ben, non é un protagonista de ficción.
Foto de Pete Souza, foteiro oficial da Casa Branca.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: reclaman que remate axiña o amaño da travesía de Pazo

O BNG de Rianxo reclama o pronto remate das obras da travesía do Pazo.

(Nota íntegra do Bng)

Detectamos unha moi pequena presenza de traballadores e a obra vai ao ralentí. Os seis meses de execución plantexados en abril remataron en outubro co que se acumulan xa tres meses de demora. O Pazo é a porta de entrada á vila de Rianxo e está nun estado deplorable.

No pasado pleno do 7 de xaneiro o BNG de Rianxo realizou unha serie de preguntas e rogos encamiñados a que o Alcalde valorase o estado actual das obras no Pazo e na Carballeira logo de ver a lamentábel estado deste acceso. O asfalto estragábase por parte da empresa para aplicar as novas capas de rodadura pero despois de dous meses deixou así presentando un progresivo deterioramento e non se procedeu ao seu amaño definitivo.

Tamén quixemos comprobar se o alcalde tiña coñecemento da escasa dotación de traballadores que lonxe de ser só no período vacacional do Nadal se prolonga e é hoxe unha constante nunca estando máis de tres ou catro colocando as baldosas das aceiras.

O alcalde situara en setembro o remate da actuación nun primeiro momento, para a festas da Guadalupe:

A este paso, se cumplirán las previsiones en cuanto a plazos de ejecución y la actuación estará rematada para la celebración de las fiestas de A Guadalupe, en septiembre. Asimismo, Piñeiro confirmó que se rebajará el cambio de rasante, una actuación que reclamaban los vecinos para mejorar la seguridad en la travesía.

Ao chegar as festas a situación se debeu torcer pois xa se apuntou a finais de ano para acabalas malia que comezaron en abril e o prazo de execución era de seis meses. Do mesmo xeito a palabra dada de rebaixar o cambio de rasante evaporouse para uns cativos cinco centímetros.

Mais o que realmente é preocupante é que a día de hoxe, entrando a finais de xaneiro non se vexa ningunha saída e desde o equipo de goberno se dean longas ao BNG e non se poña á fronte dos veciños para reclamar á empresa que  acaben xa.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: o furacán Aurelio (Flora para os xermanos) non puido con estes carteis

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical