21.1.10

Rianxo: reclaman que remate axiña o amaño da travesía de Pazo

O BNG de Rianxo reclama o pronto remate das obras da travesía do Pazo.

(Nota íntegra do Bng)

Detectamos unha moi pequena presenza de traballadores e a obra vai ao ralentí. Os seis meses de execución plantexados en abril remataron en outubro co que se acumulan xa tres meses de demora. O Pazo é a porta de entrada á vila de Rianxo e está nun estado deplorable.

No pasado pleno do 7 de xaneiro o BNG de Rianxo realizou unha serie de preguntas e rogos encamiñados a que o Alcalde valorase o estado actual das obras no Pazo e na Carballeira logo de ver a lamentábel estado deste acceso. O asfalto estragábase por parte da empresa para aplicar as novas capas de rodadura pero despois de dous meses deixou así presentando un progresivo deterioramento e non se procedeu ao seu amaño definitivo.

Tamén quixemos comprobar se o alcalde tiña coñecemento da escasa dotación de traballadores que lonxe de ser só no período vacacional do Nadal se prolonga e é hoxe unha constante nunca estando máis de tres ou catro colocando as baldosas das aceiras.

O alcalde situara en setembro o remate da actuación nun primeiro momento, para a festas da Guadalupe:

A este paso, se cumplirán las previsiones en cuanto a plazos de ejecución y la actuación estará rematada para la celebración de las fiestas de A Guadalupe, en septiembre. Asimismo, Piñeiro confirmó que se rebajará el cambio de rasante, una actuación que reclamaban los vecinos para mejorar la seguridad en la travesía.

Ao chegar as festas a situación se debeu torcer pois xa se apuntou a finais de ano para acabalas malia que comezaron en abril e o prazo de execución era de seis meses. Do mesmo xeito a palabra dada de rebaixar o cambio de rasante evaporouse para uns cativos cinco centímetros.

Mais o que realmente é preocupante é que a día de hoxe, entrando a finais de xaneiro non se vexa ningunha saída e desde o equipo de goberno se dean longas ao BNG e non se poña á fronte dos veciños para reclamar á empresa que  acaben xa.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical