16.2.10

Lingua Galega: Uxío Novoneyra conta cunha páxina completa neste ano no que lle adican o Día das Letras Galegas

http://www.uxionovoneyra.com/
Hai convocatorias (o 9 de maio todos ao Courel), está a súa biografía, poemas, obras, notas en prensa, imaxes e mesmo gravados. Un excelente traballo!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: Lajareu por Barlovento convoca a súa regata de inverno

Datas: 20 de febreiro, 6 de marzo, 20 de marzo e 27 de marzo (son catro probas).


Vía http://www.culturamaritima.org/node/14182

Bitácora de Lajareu por Barlovento:

http://lajareu.blogspot.com/

Anuncio Regata de Inverno 2010                                                                                                                                    </object>


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: a Cofradía da Dorna abre canle en Youtube

A Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira, na súa aposta polas novas tecnoloxías web, decidíu abrir unha canle na plataforma Youtube onde se están a colgar vídeos dorneiros históricos e tamén vídeos da festa ou relacionados coas actividades da Cofradía.
Non deixes de velos, desfrutarás cos bos recordos e verás as dotes artísticas dos distintos actores dorneiros que se prestan a estes cortos dende hai más de dez anos.
Se queres colaborar con esta iniciativa ponte en contacto coa cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com. Todas as ideas serán ben recibidas.

Vía http://noticiasdorneiras.blogspot.com

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: o poeta Anxo Angueira participará en Santiago na Homenaxe a Rosalía (polo seu nacemento) o vindeiro 24 de febreiro

(Vía culturagalega.org) O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 173 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Para conmemoralo, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura organizou, ás 20 horas, un concerto no Salón de Teatro de Compostela co título Homenaxe a Rosalía. O evento contará coa presenza do Abe Rábade Quartet, Anxo Angueira, Guadi Galego e a participación especial de Uxía Senlle, que interpretarán os temas do disco Rosalía 21, editado por Falcatruada, e que recupera en clave de jazz textos clásicos desta autora. A obra xurdiu como un proxecto multimedia que fixo parte da representación galega na Feira do Libro da Habana en 2008.

Toda a información sobre o disco Rosalía 21 en www.Rosalia21.com

Tembra Un Neno by Abe Rábade, Guadi Galego  
Download now or listen on posterous
Rosalia21_Tembra_un_neno.mp3 (4928 KB)

Download now or preview on posterous
ROSALIA21_galego.pdf (371 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical