16.2.10

Dodro: o poeta Anxo Angueira participará en Santiago na Homenaxe a Rosalía (polo seu nacemento) o vindeiro 24 de febreiro

(Vía culturagalega.org) O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 173 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Para conmemoralo, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura organizou, ás 20 horas, un concerto no Salón de Teatro de Compostela co título Homenaxe a Rosalía. O evento contará coa presenza do Abe Rábade Quartet, Anxo Angueira, Guadi Galego e a participación especial de Uxía Senlle, que interpretarán os temas do disco Rosalía 21, editado por Falcatruada, e que recupera en clave de jazz textos clásicos desta autora. A obra xurdiu como un proxecto multimedia que fixo parte da representación galega na Feira do Libro da Habana en 2008.

Toda a información sobre o disco Rosalía 21 en www.Rosalia21.com

Tembra Un Neno by Abe Rábade, Guadi Galego  
Download now or listen on posterous
Rosalia21_Tembra_un_neno.mp3 (4928 KB)

Download now or preview on posterous
ROSALIA21_galego.pdf (371 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical