Acollería as actuais instalacións alugadas para vías e obras na Carballeira e nos baixos nun baixo sen licenza de primeira ocupación en Rianxiño
O inminente remate das obras de urbanización no Polígono Empresarial de Rianxo abre a porta para normalizar a actual situación de varias naves que o Concello ten alugadas en diferentes lugares do Concello. Situadas na Carballeira, no cruce de Rianxiño ou unha terceira na zona da Pedreira, entre outras, acollen desde materiais de construción, ferramentas, vestiarios de traballadores e almacén dos vehículos pesados, e ocasionalmente da escola obradoiro.
Ambas instalacións recibiron diferentes visitas de Inspección de Traballo por deficiencias diversas (estado da maquinaria, ruídos, instalación eléctrica) que sobre a marcha se foron subsanando, pero que implican que non son unhas instalacións óptimas para o fin ao que se queren destinar. Ao noso entender pasan por darlle unha solución definitiva, aforrar os alugueiros e erguer unha nova nave polivalente e perfectamente axeitada para atender os servizos municipais de Vías, Obras, Parques e Xardíns, entre outras. Albergando tanto vestiarios para os traballadores como para aloxamento dos vehículos dispoñíbeis, cumprindo as normas e sen ir parcheando.
Dáse tamén a paradoxa, aseguran os nacionalistas, de que os baixos que o Concello aluga en Rianxiño carecen de licenza de primeira ocupación despois de varios anos e non se entende que permita alcaldía que estean ubicados servizos nun edificio cunha planta de máis. "Curiosa relación a establecida polo alcalde Pedro Piñeiro mediante contrato privado co empresario, que por un lado alugue o baixo e á vez inicie un proceso para demoler o andar ilegal", explican. O BNG entende deben buscarse solucións para evitar este conflito cando menos ético de usar un baixo nun edificio con irregularidades. O traslado ao polígono debera plantexarse a curto prazo para solucionalo dirixíndose á empresa adxudicataria da xestión do Parque Empresarial nesta demanda.
O BNG plantexará mediante unha moción plenaria o estudo deste traslado e a idoneidade da construción dunha nova nave municipal, algo no que seguramente xa leve o executivo anos traballando diante dos problemas mencionados e o gasto en alugueiros mensuais que se amortizaría investindo en patrimonio municipal.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario