A Pobra do Caramiñal, 9 de marzo de 2011. Hoxe, mércores 9 de marzo, ás 20,00 horas, os rapaces e rapazas do Club de Patinaxe da Pobra e de Ribeira, saíron hacia Alcoy (Alicante) ao Campionato Nacional de Patinaxe Artística. Na súa despedida estiveron o Presidente do Club de Patinaxe de Ribeira, a Presidenta do Club de Patinaxe da Pobra e o Concelleiro de Deportes e Xuventude da Pobra, Jesús Dieste Buceta. Dende o Concello da Pobra deséxanlle "os maiores éxitos aos participantes". Web da Federación de Patinaxe Artística
O PP rexeita unha iniciativa socialista para restituír as axudas de 557€ ás mariscadorasOS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE AS POLITICAS DE NÚÑEZ FEIJOO ESTA ARRUINANDO ÁS MARISCADORAS DE GALICIA -A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira dixo que Feijóo "condena á miseria a un grupo de mulleres despois dunha vida chea de traballo no mar". Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar a Xunta, mediante unha moción, que con caracter de urxencia se restitúan as axudas de 557 euros ás mariscadoras que, cumpridos os 65 anos, necesitan seguir cotizando ao Réxime Especial do Mar, para complementar o período mínimo que dá dereito a unha pensión contributiva da Seguridade Social. A proposta foi rexeitada polo PP. A portavoz de Pesca enviou unha mensaxe de apoio as mariscadoras que se manifestaban hoxe as portas do Parlamento para reivindicar os seus dereitos, e amosou a solidariedade do PSdeG con todo o colectivo. Soneira dixo que a política de Feijoo condena á miseria a un grupo de mulleres despois dunha vida chea de traballo no mar. Lembra que a Xunta retirou una axuda mensual de 557 euros para as mariscadoras que foi aprobada na pasada lexislatura. “Quen é mais igual Señora Conselleira –preguntou dende a Tribuna da Cámara- as mariscadoras de mais de 65 anos que non teñen dereito a esta axuda, ou os medios de comunicación que cobraron da súa Consellería perto de 3 millóns de euros na organización de campañas informativas?”, espetou. E insistiu “ quen é mais igual ou os seus amigos da Confraria de Cambados?”, replicou. Explicou que a normativa vixente establece, como norma xeral, o cese da actividade no mesmo día en que, as mariscadoras, cumpran os 65 anos de idade. Nese momento dáselles de baixa no correspondente censo e, en consecuencia, non se lle revalida o Permex que lles autorizaría a seguir faenando. As persoas que se atopan nesta situación deberán solicitar a correspondente pensión de xubilación da Seguridade Social. Soneira replica que se trata dun colectivo moi pequeno, composto por mulleres que non teñen máis fonte de ingresos que os procedentes desta actividade e que, de non xerar as cotizacións necesarias para ter dereito a percibir unha pensión contributiva da Seguridade Social, están abocadas a sobrevivir cunha pensión non contributiva ou compartir a pensión do seu marido nos casos en que estean casadas. Neste punto a parlamentaria socialista loubou o traballo impulsado na pasada lexislatura neste asunto. Explicou que daquela quedou patente a indefensión e desprotección económica na que se atopaban centos de mariscadoras que superaban os 65 anos de idade e que non podían recibir ningún tipo de retribución pública alternativa pola vía das prestacións da Seguridade Social. Por iso se publicou a Orde de 8 de agosto 2007 (DOG 155 do venres 10 de agosto de 2007) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para que as mariscadoras a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización o réxime especial dos traballadores do mar co obxecto de conseguir pensión de xubilación. Nese mesmo ano publicouse a Orde do 30 de novembro onde se convocaban as axudas para o seguinte exercicio económico.
Detección de biotoxinas
Por outra parte a portavoz de Pesca tamén interveu anteriormente, trala comparecencia da Conselleira do Mar na que explicou que a Xunta vai recorrer o regulamento comunitario no método de análise de biotoxinas en moluscos. A deputada do PSdeG Marisol Soneira lembrou que o Goberno Central xa vai recorrer o novo método, e preguntou polo percorrido que terá esta iniciativa da Conselleira do Mar. Ademais rexeitou oporse a un método que asumen os países máis desenvolvidos de Europa para a análise das biotoxinas, tras coñecer que o Consello Regulador do Mexillón de Galicia defende a tese contraria á Xunta.
Salvador Fernández Moreda e Rafael García Guerrero asinaron esta mañá o convenio de colaboración
Noia, 9 de marzo de 2011. A Deputación da Coruña destinará 250.000 euros para dotar de terreo de xogo de herba artificial o campo de fútbol de San Lázaro, en Noia.
Así se recolle no convenio subscrito esta mañá, na sede da institución provincial, polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde noiés, Rafael García Guerrero. A achega provincial representa o 72% do importe total do proxecto, que ascende a 348.706,99 euros.
As obras consistirán na substitución do actual terreo de xogo por céspede de herba artificial última xeración, tipo Mondoturf, de 95 x 62 metros, con marcaxe para campo de fútbol 11 e fútbol 7, rede de rego de auga, de recollida de pluviais e equipamento.
A rede de rego contará con seis canóns tipo Rain Bird, colocados sobre postes de aceiro, e cuxo control se realizará cun programador de seis estacións. O equipamento do campo incluirá dúas porterías de fútbol 11 e dúas porterías abatibles de aluminio para fútbol 7, bandieríns de esquina e bancos.
As novas instalacións contribuirán a mellorar as condicións de xogo no campo noiés e permitirán un uso máis intensivo deste, cun menor mantemento.
Con este, son xa máis de 70 os campos de fútbol de herba artificial construídos pola Deputación da Coruña nos municipios da provincia, cun investimento que supera os 28 millóns de euros.
Dodro, 9 de marzo de 2011. O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller, e o Concello de Dodro súmase un ano máis a esta conmemoración cun programa de actividades que van máis aló dese día puntual.
As actividades previstas para este ano teñen como obxectivo, de acordo co Plan de Igualdade elaborado para o Concello, promover a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e sobre todo a autonomía de homes e mulleres para desenvolverse no fogar no relacionado coa cociña.
Dirixida a nenos e nenas en idade escolar preséntase a “CAMPAÑA DE CORRESPONSABILIDADE EN EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE” no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, que terá as seguintes actividades:
15 DE MARZO:Concurso de receitas para o alumnado , apoiado co desenvolvemento dunha sesión de formación en igualdade impartida por profesionais expertos no tema.
22 de MARZO:Entrega de premios ás 3 mellores receitas presentadas polo alumnado. Esta actividade verase recollida na elaboración dun tríptico.
26 de MARZO, 2, 9 e 16 de ABRIL:“CURSO DE INICIACIÓN Á COCIÑA PARA HOMES E MULLERES”, para o público adulto, no que as prazas estarán reservadas ao 50% para cada sexo. Ten como finalidade promover a autonomía das persoas novas na cociña, e adquirir os coñecementos básicos para desenvolverse no medio dos fogóns. Será impartido por un cociñeiro profesional, e terá lugar ao longo de 4 tardes de sábado no local sociocultural de Imo (antiga escola unitaria). Para os papás ou mamás que queiran asistir coas súas criaturas, poden facelo avisando previamente, pois facilitarase un servizo de atención aos menores.
Elaboración e presentación de biografías de mulleres significadas no concello por un motivo común.
Rianxo, 9 de marzo de 2011. O vindeiro sábado 12 de marzo, ás 12 da mañá na Biblioteca Pública Municipal "A.D.R. Castelao" (Praza de Rafael Dieste), terá lugar a representación dun contacontos. A actividade consiste na representación dun contacontos baixo o título de "O País dos mandóns" que pertence a colección de libros "A Igualdade Conta" da editorial Embora, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Sinopse:
Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país do revés, o país das chuches, o país da música, das cores… e no país dos Mandóns… O seu paso por este país coincidiu cun gran cambio; grazas a Clara, aquel lugar feo e triste converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñecese como O País da Igualdade.
Ghazafelhos adapta nunha pequeniña obra de teatro tres contos da colección A igualdade Conta, de Edicións Embora. Recreando unhas personaxes imaxinarias, fálannos de Flora e o seu segredo, da urna dos desexos e do País dos Mandóns; contos que nos convidan a sentirnos iguais dende as nosas diferencias.
Noia, 9 de marzo de 2011. Continúan os "Domingos de Cine" e a habitual programación teatral. Este mes hai que engadir as sempre interesantes Xornadas de Historia, que xiran arredor da figura do polígrafo Agrelo Hermo e tamén, aínda que non figuran, débense ter en conta como parte da axenda cultural as ponencias da I Aula de Saúde, que comezan o 15 de marzo e duran ata maio.
Esta fin de semana, o venres 11, Teatro de Ningures achégase a Noia coa obra "0,7% Molotov", que levou o Premio XIv Premio Rafael Dieste convocado pola Deputación da Coruña.O director e autor é Santiago Cortegoso. O argumento aborda a un home que se retira ao rural para facer viño e alí se atopa cunha rapaza solidaria que vén de estar en Africa. Os dous mundos enfróntanse. Será ás 22:00 h. Teatro Coliseo Noela,
Xa o domingo, día 13, ás 20:00 h, proxectarase "El Concierto", de Radu Mihaileanu. Inserida dentro do xénero de comedia musical, a película é de producción rumana, francesa e belga. Relacionadas:
Noia, 9 de marzo de 2011. O presidente de turno da Mancomunidade de Concellos Serra da Barbanza, o alcalde de Noia, Rafael Garcia Guerrero, reuniuse hoxe en Santiago co Secretario Xeral de Calidade e Avaliación ambiental da Conselleria de Medio Ambiente, Justo de Benito.
O actual presidente da Mancomunidade subliñou "o compromiso manifestado de defensa dos intereses dos concellos por parte da Xunta de Galicia. Sentímonos arroupados pola Administración autonómica. Colaborou xa cunha aportación económica de 100 mil euros no 2010 para a adquisición de terreos para a ampliacion da Planta de Compostaxe. Ademais, quero agradecer as xestións que está a facer o alcalde de Lousame para conseguir unha nova axuda para o 2011".
Planta de Servia en Lousame García Guerrero considera "moi positiva" a posición de defensa dos intereses municipais que se está a facer desde a Conselleria de Medio Ambiente neste asunto. "Debemos sinalar que a Xunta de Galicia impediu que Ecoembes introducira no novo convenio (asinado este ano) unha porcentaxe máxima de plástico film a recuperar, o que supón un auténtico soporte ás teses da Mancomunidade Serra do Barbanza. Son coñecidas as tentativas de Ecoembes para introducir esa porcentaxe máxima para o envase film, para reducir os seus gastos a conta de reciclar menos, pero a Xunta de Galicia mantivo a sua posición inalterable, o que claramente beneficia a posición dos concellos", argumentou o alcalde noiés e presidente da Mancomunidade, quen reitera que "a Xunta de Galicia estase preocupando polo tema, está colaborando tanto economicamente, como freando as pretensións de Ecoembes". Máis información sobre Ecoembes e as relacións con "Serra da Barbanza", no blog do alcalde de Noia, aquí, aquí e aquí. Relacionada:
Contundente victoria del primer equipo masculino del Boiro Voleibol, el HIPESCAR, en un partido trascendental de cara a sus aspiraciones ligueras, ya que al otro lado de la red estaba un rival directo, el Club Vigo Voleibol B. Los de Emilio Palacio se desplazaban a la ciudad olívica con la importante baja del receptor Manuel Pérez Andrade por motivos personales, pero en todo momento concentrados en hacer un buen partido. La disputa empezaba con un intercambio de golpes entre los dos equipos, del que los nuestros salieron con una mínima desventaja de tres puntos mediado el set. Desde este momento el HIPESCAR redució sus errores e imprecisiones, mantuvieron un buen nivel defensivo tanto en primera como en segunda línea, y consiguieron llevarse con justicia el parcial por 23-25. En el segundo set el HIPESCAR estuvo siempre al frente en el marcador gracias a una excelente construcción del ataque y a una defensa memorable durante todo el set. Los vigueses veían como cada ataque que efectuaban era defendido siempre con garantías de contraataque, situación que condicionó totalmente el desenlace de este parcial. En el tercero la tónica era similar a la del anterior parcial: grandes defensas de los boirenses y poderosas acciones en bloqueo y contraataque. La traducción en el marcador fue de una ventaja constante durante todo el set de 3-4 puntos, que llegado el momento caliente del mismo se reducirían para establecer la igualdad. En este momento el equipo demostró frialdad, orden y calidad para terminar con convicción el partido y dar un golpe en la mesa de la 1ª División Nacional Masculina.
Por el HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL jugaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Miguel Vázquez, Cristóbal Vázquez, Óscar Gómez, Jesús Vázquez "Pivot" y Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Ignacio Cibeira "Frigu", Gustavo Romero y los juveniles Antón Pérez y Martín Herrera.
Después de esta importante victoria en Vigo y del tropiezo del Universidad de Valladolid en la cancha del CV Rianxo por 3-0 el Hipescar lidera la clasificación de la liga nacional en solitario.
Nuevo tropiezo del REDESYL, dirigido por Antón Pérez, en este viaje a Pontevedra para enfrentarse al Comercial Durán. El REDESYL empezó el partido con muchas dudas, cometiendo errores que le facilitaban la papeleta al experimentado equipo pontevedrés. La traducción en el marcador fue de 2 sets en contra para los nuestros, que nada pudieron hacer para evitar que el Comercial Durán se los llevase con relativa comodidad. Todo cambió en el tercer set, la defensa del REDESYL empezó a funcionar muy bien de mano de un inspirado Adrián Armental "Naranxo" en la segunda línea, poniendo el contraataque como la mejor baza de los nuestros en este tramo del partido, y a un Manuel Pérez "Cholo" destacado en esta función. Esta actitud se mantuvo en el tercer y cuarto set, en los que el REDEYL mostró una cara muy diferente a la del comienzo del partido y se anotó esos 2 sets. El tie-break llegaba con un REDESYL en alza. De nuevo volvieron la dudas. En el comienzo del mismo el Comercial Durán consiguió una ventaja amplia (5-1), que se mantuvo hasta el final del parcial, que se anotarían los locales. Cabe destacara que para este partido el Redesyl contó con 3 importantísimas bajas como fueron el opuesto Alén García y el receptor Xavier Sarille por motivos personales, y el colocador Luis Lustres por lesión.
Por el REDESYL BOIRO VOLEIBOL jugaron: Rubén Taibo "Mechas", Roberto Rodríguez "Tito", Manuel Pérez "Cholo", Diego Romero, Fran López, Juan Resúa y Juan Lorenzo "Doc" (líbero). Como reservas estaba Juan "Mande", Antón Pérez y Adrián Armental "Naranxo".
Buen partido de las chicas del PROBOIN frente a un equipo muy renovado y con más potencial que el de la primera vuelta. Las boirenses dominaron sus dos primeros sets desde la mitad de los mismos, donde el potente saque y los ataque efectivos (tanto por centro como por las alas) no dieron opción a las pontevedresas. En el tercer set las chicas del PROBOIN quedaron estancadas en una de las rotaciones debido sobre todo a los fallos en recepción. Los saques locales estaban haciendo daño y la bola no llegaba bien para definir el ataque. En el cuarto la igualdad en el marcador reinó hasta el punto 18, a partir del cual las chicas del PROBOIN fueron sacando ventaja hasta el 21-25 final.
Por el PROBOIN BOIRO VOLEIBOL jugaron: Ángela Triñanes, María Triñanes, Carolina Cuadros, Alicia Novoa, Luci Paz, Sara Martínez y Carla Castro (líbero). Como reservas estaba Evelyn Urrutia, Ángela Fernández y Luisa.
Parecía que nuestros juveniles encontraban el orden y el buen juego, y eso reflejaba el marcador del primer set con 3-4 puntos de ventaja de los boirenses. Al final del mismo, los vigueses defendieron bien los ataques del TRILLIZOS y remontaron hasta hacerse con la victoria. El segundo set fue un cúmulo de errores en ataque y recepción y la ventaja fue siempre para los locales. Esta tónica se repitió en el tercer set, en el cual el Vigo no encontró ninguna oposición por parte de los boirenses.
Por el TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL jugaron: Diego Romero, Martín, Antón, Miguel, Dani Sieira, Ismael Martínez y Arsenio (líbero). También viajaron Diego García, Abel, Dani Vázquez, Lois y Xian.
LIGA PROVINCIAL JUVENIL FEMENINA - PLAY OFF FASE INTERZONAL JUVENIL FEMENINA
Encuentro sin mucha dificulta, en el que las chicas de Juan Resúa se adelantaban en la eliminatoria deshaciéndose del equipo rianxeiro por un claro 0-3 en 52 minutos de juego. Nuestras juveniles viajaban sin las 2 líberos habituales por lesión, pero supieron mantener un nivel aceptable de intensidad para superar con claridad a su rival. El partido de vuelta se disputará en Boiro la próxima semana, y el ganador de este cruce pasará a disputar las semifinales del intersector para el ascenso a la liga gallega.
Por el BOIRO VOLEIBOL jugaron: Patri, Ana, Katy, Andrea, Evelyn, Ángela y Sara (líbero). También jugaron Adriana y Sindy.
Mal partido de nuestros cadetes, que aprece que le tienen miedo especial al Vigo. Los dos primeros sets daba la impresión de que era el primer partido que jugaban, sin determinación, sin intención y muy perdidos en el campo; un sin fin de errores que propiciaron que en el campo estuviera un sólo equipo: el Vigo. En el tercer set las cosas empezaron a salir, pero ni se acercaban al juego de los últimos partidos. Partido para pasar página y seguir trabajando, que aún quedan rivales con los que demostrar el buen juego que se pueden hacer. Ánimo chicos.
Por el REYCA BOIRO VOLEIBOL jugaron: Abel, Isma, Fran, Raúl, Lois y Xián. También viajaron Dani, Alfonso y Óscar.
Boiro, 9 de marzo de 2011. Este venres, 11 de marzo, a Asociación Cultural Borobó ten prevista a súa IV Festa Audiovisual, nesta ocasión co gallo Día Internacional da Muller Traballadora. O acto, que terá lugar no pub Ese / A Pousada das Ánimas a partires das 21:30 horas, contará coas proxecións do documental “Señora de” e a curtametraxe “Camiño da memoria”, un coloquio posterior e, por último, un concerto a cargo dos grupos Malandrómeda e La Maldita. A Secretaria da Asociación Cultural Borobó, Silvia García Mirón, quixo salientar que “esta actividade, enmarcada baixo a denominación de “Festa Audiovisual” xa ben sendo unha constante na dinámica da nosa entidade, pero se nas anteriores ocasións quixemos focalizar a oferta das proxecións en torno ao formato ou xénero das pezas (curtas de ficción, documentais de corte social e curtas de animación) nesta ocasión buscamos centrarnos nunha temática concreta, a muller, e por isto proxectamos dúas pezas dirixidas, producidas e protagonizadas por mulleres, como apoio ao Día Internacional da Muller celebrado o pasado 8 de marzo”. As proxecións consistirán nas pezas de corte documental “Señora de”, de Patricia Ferreira, e “Camiño da memoria” de Valentina Alonso, Lucía Calvo e Alberte Mera.
PATRICIA FERREIRA: “Señora de…” (2009, documental, 80 min) “Señora de” está formado polas testemuñas de varias mulleres de todo tipo: do campo, da cidade, do mar e da terra adentro que se enfrontan aos seus recordos e falan por primeira vez do que foi a súa vida, de hábitos hoxe intolerables na sociedade occidental pero que constituiron a vida das mulleres na Galicia e a España dunha historia moi recente. LUCÍA CALVO, VALENTINA ALONSO, ALBERTE MERA: “Camiño da memoria” (2010, curtametraxe documental, 5 min) A Obdulia acábanlle de diagnosticar un principio de Alzheimer polo que todas as mañás a súa neta axúdalle con ejercicios para ralentizar a pérdida de memoria. O seu desexo é non esquecer un camiño que realmente lle importa. Tras as proxecións levarase a cabo un coloquio que constará de dúas partes. Por unha banda intervirán representantes das pezas: Lupe Lloves, que participou na produción e rodaxe de “Señora de” e Valentina Alonso, directora e guionista de “Camiño da memoria” para tratar temas relacionados coa muller no audiovisual e, pola outra, contarase cunha mesa redonda participada por Silvia Fraga, Parlamentaria de Igualdade do grupo socialista, Natalia Laíño, Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Boiro, e Begoña Urgoiti, Presidenta das Amas de Casa de Boiro, que aporarán a súa perspectiva sobre o papel e situación da muller na sociedade actual.
Tras este coloquio darase paso a un concerto a cargo de Melandrómeda e La Maldita, ambos de hip hop.
O presidente de Deputación voltará a Boiro para esta inauguración
Boiro, 9 de marzo de 2011. O Concello de Boiro, presidido polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes, inaugurará este venres, día 11 de marzo, ás 12.00 horas, o Centro de Formación – Escola de Hostelería – Viveiro de Empresas, situado no Polígono Industrial de Espiñeira, nun acto que contará coa asistencia do Delegado do Goberno en Galicia, D. Antón Louro Goyanes; o Presidente da Deputación da Coruña, D. Salvador Fernández Moreda; o Subdirector de Xestión Económica do Ministerio de Ciencia e Innovación, D. José María Álvarez Pérez; o consejero técnico do Ministerio D. Manuel Constenla Bergueiro; e a Deputada Provincial Rosana Pérez Fernández, entre outras autoridades.
A construción deste centro é unha aposta do goberno de Boiro para o estímulo do emprego, pois ten como obxectivo prioritario potenciar, mediante medios técnicos, asesoramento e infraestruturas, as iniciativas de emprego e proxectos empresariais que se poñan en marcha na localidade, sobre todo nos primeiros anos da súa andaina, que son os máis difíciles. Basicamente, é unha estrutura de acollida temporal pensada para ubicar a empresas nos seus primeiros pasos no mercado laboral; prestarlles determinados servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial, co fin de que, mediante unha xestión sen ánimo de lucro, se facilite o desenvolvemento xerminal de iniciativas de interese local.
Cómpre lembrar que este centro valeulle ao Concello de Boiro a concesión do distintivo “Ciudad de la Ciencia y de la Innovación” por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación, un premio que ven a reafirmar a aposta do goberno de Boiro polas políticas activas de fomento do emprego, ademais de por de manifesto a oportunidade e acerto do goberno local á hora de decidir investir parte do orzamento do Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local.
O centro conta, ademais, cunha escola de cociña, totalmente equipada, para impartir formación a través de programas pensados para a capacitación profesional dos desempregados que pretenden acceder ao mercado laboral, sobre todo en sectores que se consideran máis dinámicos nas comarcas de Barbanza e Noia: hostalería e turismo.
Os espazos básicos cos que contarán as empresas son os seguintes:
Locais privados ou despachos, equipados con armario de oficina, mesa despacho, caixóns, cadeiras, papeleira e percheiro, así como dotación de infraestruturas de iluminación, electricidade, climatización, teléfono e comunicacións.
Áreas comúns: recepción, administración, secretaría, aulas, sala de xuntas, fotocopiadora, fax e aparcamento.
O Centro de Formación – Escola de Hostelería – Viveiro de Empresas é froito da colaboración entre varias administracións. O desglose de investimento é o seguinte:
FASES
FINANCIACIÓN
ENTIDADES
IMPORTE (€)
PROYECTO
DESCRIPCIÓN
Fase I (2009)
Fondo Estatal para el Empleo y la sustentabilidad Local
993.012,77
Vivero
de empresas
Construccion de edificio
Xunta de Galicia
274.201,20
Taller de empleo “Viveiro de empresas”
Construcción edificio y equipamiento
Concello de Boiro
101.290,00
Fase II (2010)
Fondo Estatal para el Empleo y la sustentabilidad Local