9.3.11

Noia: o presidente de turno da Mancomunidade "Serra da Barbanza" louva o apoio da Xunta fronte a Ecoembes

Media_httpfarm5static_egfos

Noia, 9 de marzo de 2011. O presidente de turno da Mancomunidade de Concellos Serra da Barbanza, o alcalde de Noia, Rafael Garcia Guerrero, reuniuse hoxe en Santiago co Secretario Xeral de Calidade e Avaliación ambiental da Conselleria de Medio Ambiente, Justo de Benito.

O actual presidente da Mancomunidade subliñou "o compromiso manifestado de defensa dos intereses dos concellos por parte da Xunta de Galicia. Sentímonos arroupados pola Administración autonómica. Colaborou xa cunha aportación económica de 100 mil euros no 2010 para a adquisición de terreos para a ampliacion da Planta de Compostaxe. Ademais, quero agradecer as xestións que está a facer o alcalde de Lousame para conseguir unha nova axuda para o 2011".
Media_httpfarm6static_dektp

Planta de Servia en Lousame

García Guerrero considera "moi positiva" a posición de defensa dos intereses municipais que se está a facer desde a Conselleria de Medio Ambiente neste asunto. "Debemos sinalar que a Xunta de Galicia impediu que Ecoembes introducira no novo convenio (asinado este ano) unha porcentaxe máxima de plástico film a recuperar, o que supón un
auténtico soporte ás teses da Mancomunidade Serra do Barbanza. Son coñecidas as tentativas de Ecoembes para introducir esa porcentaxe máxima para o envase film, para reducir os seus gastos a conta de reciclar menos, pero a Xunta de Galicia mantivo a sua posición inalterable, o que claramente beneficia a posición dos concellos", argumentou o alcalde noiés e presidente da Mancomunidade, quen reitera que "a Xunta de Galicia estase preocupando polo tema, está colaborando tanto economicamente, como freando as pretensións de Ecoembes".

Máis información sobre Ecoembes e as relacións con "Serra da Barbanza", no blog do alcalde de Noia, aquí, aquí e aquí.

Relacionada:

Planta de Servia: acordan mercar o polvorín de Maxam


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical