27.4.10

Opinión: en Perspectiva cabaleira, un novo ismo, o "Diñeir-ismo"

Un artigo de Jorge Emilio Bóveda no que nos saíron moitas imaxes de animais, a pesares de non atopar a da vaca entre o millo (gatos, un touro e un porco... ben, a súa cacheira pendurada en Ribadavia). O artigo completo en
http://certo.es/index.php?page=dineir-ismo

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: concentración para pedir celadores en el Hospital da Barbanza, este viernes 30 de abril


La concentración de Ribeira será en la entrada del hospital este viernes 30

Ribeira, 27 de abril de 2010. El próximo viernes dia 30 de abril está convocada una concentración en la puerta del Hospital da Barbanza para pedir celadores en este centro. También habrá una similar en el hospital de Cee, que registra el mismo problema.


"Como es de todos conocido, este centro, junto con el hospital Virxe da Xunqueira de Cee son los únicos centros pertenecientes al Servizo Galego de Saúde que no cuentan con celadores en sus plantillas, creando así un agravio comparativo con los trabajadores que trabajan en centros tradicionales que sí tienen celadores, perjudicándose gravemente a algunas categorías como son las Auxiliares de Enfermería, que tienen que realizar sus funciones propias y también las funciones que en otros centros desarrrollan los celadores, incumpliéndose también el Estatuto Marco, en su artículo 17.a, que dice que todos los trabajadores tienen derecho a trabajar y realizar las funciones que le corresponden según su categoría", explican los convocantes.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: últimas representacións de "Sempre en Rianxo. O soño do Barbeiro", 8 e 9 de maio

Rianxo, 27 de abril de 2010. O Grupo Artístico de Teatro, Música e Danza de Rianxo interpretarán a obra escrita e dirixida por Pancho Martínez "Sempre en Rianxo. O soño do barbeiro". Serán as últimas representacións en Rianxo e terán lugar os próximos 8 e 9 de maio no Auditorio de Rianxo.

As representacións, no Auditorio, serán as últimas en Rianxo, con estes horarios:

O SÁBADO 8 DE MAIO será as 21:00 h

O DOMINGO 9 DE MAIO terá lugar ás 20:00 H

Os interesados/as poderán retirar as entradas (máximo 2 por persoa) no centro Sociocultural- Auditorio de Rianxo entre os días 3 e 7 de maio en horario de 9:00 a 14:00 h, ou ben o mesmo día das representacións (en ambos casos ata completar aforo).

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: proceso para momificar fungos, ao detalle

Música: os corrubedenses Inllorfeis vanse conquistar terras ourensanas

8 DE MAYO EN EL CAFE CULTURAL AURIENSE:

Abrirán CONTRA AS CORDAS, un nuevo grupo de hardcore de Ourense que empezó pegando muy fuerte y que dejaron muy buen sabor de boca en su debut en Noviembre con Toro bravo en Ourense y en Vigo con Adversión. Presentarán su primer disco: www.myspace.com/contraascordas

Seguidamente tendremos a una muy buena banda desde Corrubedo: INLLORFEIS. Hacen H.C./punk-rock muy muy guapo y en algunos temas meten gaita.Además es el ultimo concierto de la gira de presentación de su primer disco "TA CALAO".Es la ultima oportunidad que tendremos de ver a INLLORFEIS en esta intensa gira que los llevó por las principales ciudades de Galiza asi como una gira por Euskal Herria acompañados de SUTURA.
www.myspace.com/inllorfeis

Y finalmente la pedazo banda desde TORINO, Italia: BULL BRIGADE. Sin duda es uno de los mejores grupos de Oi! actualmente en Europa y vienen de participar en varios festivales antifascistas por toda Europa,compartiendo escenario con grupos de la talla de COCKNEY REJECTS, OPPRESSED, COCK SPARRER, STAGE BOTTLES ,etc etc......Temas que giran en torno al antifascismo , clase obrera y, como no, futbol. Coros perfectos.Algunos de sus miembros son ex- BANDA DEL RIONE, todo un mito del oi! italiano. En definitiva, todo un lujo tener este grupo en Ourense.
www.myspace.com/bullbrigade

NO OS PERDAIS ESTA CITA CON EL MEJOR HARDCORE/PUNK Y OI!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o Consello Escolar do colexio público de Aguiño protesta polo recorte da axuda para potenciar o galego

Denuncian que pasou de 2.500 euros o curso pasado a 833 neste, co que tocan a 4 euros por alumno.


Ribeira, 27 de abril de 2010. O Consello Escolar do Colexio Público de Aguiño, onde está representada toda a Comunidade Educativa: Equipo Directivo, profesorado e familias, denuncia que, por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística "este curso suprimiunos a maior parte da axuda que recibíamos para potenciar o uso e valoración do galego a través de distintas actividades. Concretamente baixaron a axuda de 2500 euros a 833 euros, o que implica tan so unha media de 4 euros por alumno/a frente ós 12.5 euros dos que gozábamos en cursos pasados".

O recorte de gastos en Educación, explican, "afecta á calidade dos distintos procesos de ensino-aprendizaxe do noso alumnado. Este recorte, xunto co Decreto do Plurilingüísmo, é outra das actuacións da Consellería en contra da potenciación da nosa lingua. Esta medida deixa ó Colexio Público de Aguiño nunha situación de precariedade no ámbito lingüístico".


Relacionada:

Lingua galega: 35% menos de axudas aos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: hoxe pola noite, na Galega, un filme rodado en 2005 nesta vila e arredores

Porto do Son, 27 de abril de 2010. Hoxe na Galega, a iso das 23:54h (un chisco tarde), emitirán o filme "Mariposa, bolboreta, papallona", que foi gravado por Porto do Son adiante (e algo de Noia e Outes). Inda que xa foi emitida nalgunha Casa de Cultura do concello, quizais haxa xente da bisbarra que non tivese ocasión de botarlle un ollo, polo que se recomenda pasar a voz -a berros se o paisano non escoita ben- para que alguén máis poida gozar das estampas do Son. Algunhas delas que xa non existen tal cal foron tomadas no 2005: por exemplo os arredores da igrexa da Atalaia, que se diferencian do pouco que se chegou a ver en "Making Son", agora con xardín e paseo...
Se non sabedes de que vai o filme, tedes a sinopse na web da Galega (onde fan referencia ao Son tamén): http://crtvg.es/programas/?p=611&m=1
A web que tiñan do filme, con apenas 4 fotos da rodaxe no Son, o cartel e o tráiler: http://bolboretadoblebanda.blogspot.com/
Unha entrevista ao director do filme, detallando os motivos para escoller Porto do Son: Pablo Garcí­a: "Me han educado con el objetivo de ser feliz".

Vía Toño Calo (MakingSon)

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: o Psoe anuncia que vai loitar por un novo centro de saúde, ao respostar a Xunta que non hai proxectado nada a curto prazo

-O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage vai presentar unha proposición non de lei para impulsar “un acordo no Parlamento para conseguir que a Xunta de Galicia construia un novo centro de saúde en Noia”.

-O Goberno Galego respostou a unha pregunta do deputado socialista interesándose polas previsións do goberno para dotar a Noia dun novo centro de Saúde

-A Xunta de Galicia resposta a Lage Tuñas que non teñen previsto construir un novo centro de saúde en Noia


-“Eu considero que en Noia precisamos un novo centro de saúde, incrementar o persoal sanitario e mellorar os equipamentos que existen na actualidade.”

-”Eu comprométome a loitar durante esta lexislatura dende a oposición para que en Noia se construia un novo centro de saúde, porque é necesario e considero que a Xunta ten que facer un esforzo, xa que as instalacións do Punto de Atención Continuada son moi mellorables” afirmaba Lage Tuñas.

Noia, 27 de abril de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, vén de anunciar hoxe que durante esta lexislatura traballará de xeito intenso “para conseguir un novo centro de saúde para Noia”.

Lage Tuñas xa se interesara pola construcción dun novo centro de saúde para Noia ao presentar no pasado mes de novembro do 2009 unha iniciativa parlamentaria “para preguntarlle á Xunta de Galicia si tiña pensado construir un novo centro de saúde en Noia”. O deputado do PSdeG recibíu resposta do goberno galego na que especifica que non hai previsións a curto prazo para construir un novo centro sanitario en Noia.

Os socialistas piden avaliar a situación do centro de saúde e do PAC noiés

Lage Tuñas explicaba que “os socialistas queremos saber o diagnóstico que ten feito o goberno galego sobre a situación sanitaria da área de Noia e por iso presentei esta iniciativa pero vexo que o goberno opta por descartar calquera acción de mellora da situación sanitaria en Noia”. “Temos moitas necesidades no ámbito sanitario e é preciso que se faga unha avaliación da situación do centro de Saúde e do funcionamento do PAC de Noia”, sostén o deputado socialista.

Eu considero que en Noia precisamos un novo centro de saúde, incrementar o persoal sanitario e mellorar os equipamentos que existen na actualidade e comprométome a loitar durante esta lexislatura dende a oposición para que en Noia se constrúa un novo centro de saúde e quero facelo buscando no parlamento un gran acordo co resto das forzas políticas, pensando na mellora da situación da sanidade en atención primaria en Noia, para o que convidaremos tanto ao PP como ao BNG a chegar un acordo”, rematou Lage Tuñas.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: "Fábricas da Cheynça" é o nome dun proxecto que supón 380.000 euros para acondicionar outro barrio de Noia


Barrio noiés de A Chaínza, a primeiros do século pasado

Noia, 27 de abril de 2010. O Concello de Noia, segundo informou o alcalde, Rafael García Guerrero, vén de ver aprobada a actuación na Chaínza, cun total de 380.000 euros, dos cales o Ministerio de Cultura aporta 100.000 euros e o Grupo de Acción Costeira os 280.000 restantes.

"Despois de moito traballo, de máis de dous anos co tema a voltas, por fin temos confirmado o financiamento para a intervención no Barrio da Chaínza. Grazas a unha subvención de 210.000 euros da Deputación e aos 108.000 euros postos pola administración local, o concello de Noia adquiriu por 318.000 euros a antiga fábrica de Curtidos da Chaínza, localizada nunha parcela edificable de 4.000 metros cadrados, na que habia unha antiga curtiduría do século XVIII", explica o alcalde.

</object>
Área rehabilitada no barrio da Pedrachán

Agora, baixo o nome de "Fábricas da Cheynça", esta actuación pretende investir 240.000 euros no entorno actuando, nas dúas pontes, na fonte, no lavadoiro no entorno do carballo da Chaínza e no adoquinado da zona, (unha actuación na liña da feita na Pedrachán) a segunda acción cun orzamento de 140.000 euros será na Curtiduria, na que se fará unha primeira fase consistente na limpeza de toda a parcela, a eliminación da construción de ladrillo deixando so a parte estrutural en pedra, e o adecentamento dos xardíns, consolidación das edificacións.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o papel de Rafael Dieste e outros intelectuais nas Misións Pedagóxicas ocupan unha mostra e un ciclo de charlas en Santiago


"Entre 1933 e 1936, o noso país foi o escenario dun curioso proxecto educativo. Ao igual que no resto do Estado, as Misións Pedagóxicas percorreron Galicia tentando achegarlle ao pobo a cultura. Cadros, monicreques, libros, música e mesmo cinema chegaban ás aldeas nunha caravana. Entre os participantes atopamos recoñecidos persoeiros das nosas letras como Rafael Dieste. Agora, unha exposición e un ciclo de charlas en Santiago de Compostela recuperan esta iniciativa única.

Percorrer o país e levando contidos culturais por diferentes vilas. Esta é a curiosa aventura na que se embacaron Rafael Dieste, Ramón Gaya, Antonio Sánchez Bargudo, Cándido Fernández Mazas, Otero Espasandín, Antonio Ramos Varela ou José Val del Omar, entre outros. En concreto, en 1933, unha expedición de seis meses precorreu boa parte da nosa xeografía no marco das Misións Pedagóxicas. Logo desta xira, desenvolvéronse diferentes misións en puntos concretos da nosa xeografía. Eugenio Otero, comisariou a exposición que se pode ver sobre este tema na Casa das Asociacións en Santiago de Compostela. “A misión do 33 é un pouco especial. Por vez primeira faise coincidir o que é unha Misión normal co Museo do Pobo”, explica. Esta iniciativa consistía e dúas coleccións itinerantes de copias dos máis coñecidos autores españois, como Velázquez, O Greco, Murillo ou Goya, que se trasladaban nunha serie de caixas e eran explicados por algúns dos misioneiros. Ademais, copias impresas destas obras se repartían entre os participantes e se deixaban nos centros receptores. “Isto esixía unha determinadas infraestruturas. Tiñan que ser vilas onde puidese, cando menos, chegar unha furgoneta”, lembra Otero. Así e todo, existen imaxes nas que se vé o traslado da caixa co material do Museo en barca entre O Pindo e Corcubión.

As sesións e os libros
Canda ás obras de arte, o proxecto incluía abondosas actividades “O normal era que se inaugurase con algunha conferencia, en moitas ocasións a falar sobre os dereitos. Había un especial interese porque a xente tivese algo de educación cidadá”, explica Otero. “Logo facíanse xogos coas nenos, e era habitual que se cantase. Logo pola noite, cando a xente viña de traballar, púñase música no gramófono, normalmente exemplos de diferentes lugares do Estado e mais algúns temas da propia zona. Tamén de publicaba algún filme documental, e sempre se remataba cunha felícula de Charlot”, lembra o comisario da mostra. Para alén das visitas propias das Misións, o padroado que as xestionaba a nivel estatal distribuiu por todo o país unha serie de bibliotecas con obras para adultos e nenos. En total no noso país quedaron 405 destes lotes, na maior parte dos casos instalados nas escolas das diferentes localidades.

Os monicreques chegaron de Galicia
Malia a que existía un Coro e Teatro do Pobo, formado por preto de cincuenta persoas, non era posible desprazar a grandes distancias esta formación, que tiña a súa sede en Madrid. Para paliar isto, creouse o chamado Retablo de fantoches unha montaxe de monicreques que se estreou precisamente en Malpica en 1933 baixo a dirección de Dieste. Neste espectáculo representábanse farsas de carácter popular que ao tempo tiñan intención educativa. Para este mesmo proxecto o escritor adaptou o romance La doncella guerrera, e a partir dos argumentos do espectáculo artellou o libro O quebranto de dona Luparia e outras farsas. Logo da estrea en Malpica, os fantoches dirixíronse á Fonsagrada, onde a Misión quedou atrapada pola neve. Neses días, o equipo aproveitou para refacer os monicreques, con papel e pasta cocidos nun forno e a colaboración dun carpinteiro e dunha costureira do lugar. Estes serían os bonecos que finalmente seguirían coas Misións por todo o Estado ata 1936. “Comezou en Galicia e logo foi fora, houbo campañas en Burgos ou en Cáceres. Precisamente foi alí, e nunha destas misións, onde Dieste coñeceu a súa muller”. Tamén participou nesta iniciativa, aínda que fóra do noso país, o coñecido pintor Urbano Lugrís, e segundo explica Otero, mesmo Carlos Velo. “Eu teño a idea de que foi nunha misión en Segovia onde colleu afección á cinematografía. Alí había un equipo de cinema moi novo, e se fixo unha filmación. Logo non seguiu colaborando, non sei por qué”.

A achega do país
Canda a estas iniciativas coordenadas desde Madrid, onde o propio Dieste residía, tamén houbo tentativas semellantes xurdidas desde a Universidade de Santiago. “Completamente pola súa conta, Rodríguez Cadarso iniciou unha serie de conferencias pola Coruña e Pontevedra con esta mesma finalidade”, lembra o comisario da mostra. Cando o proxecto chegou aos responsables das Misións en Madrid, felicitaron o promotor e mesmo procuraron evitar solaparse con esta actividade cando programaron as visitas a Galicia. Encol da adaptción de contidos desta iniciativa á realidade do noso país, Otero sinala que, segundo as listas da que el dispón, nas bibliotecas das Misións non se incluían libros na nosa lingua. “En Cataluña si que se enviaban obras en catalán”, puntualiza. Ao tempo, a maior parte dos contidos estaban tamén en castelán. “Dieste explicaba que el falaba galego nos lugares cando o ambiente se prestaba a iso”.

A exposición
A mostra que agora se pode ver en Compostela recolle parte dos contidos doutra exposición maior que hai varios anos puxo en marcha o Ministerio de Cultura e mais a Fundación Francisco Giner de los Ríos. Para alén de diferentes paneis que amosan a aventura que supuxo esta iniciativa, a Casa das Asociacións amosa tamén unha selección de documentos orixinais que explican o vencello galego do proxecto e algunhas das copias do cadros que conformaban o Museo do Pobo. Cartas de Dieste, libros co carimbo das misións ou textos orixinais nos que Ramos Varela explica a súa experiencia nunha destas iniciativas son algunhas das achegas inéditas deste proxecto, que amosa o entusiasmo que tiñan por difundir a cultura daqueles creadores".

Vía http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=16769#

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: fan un grupo no Facebook para que "Heredeiros da Crus" se rexunten e vaian a Eurovisión

Xa van case polos 1.500 seguidores e pretenden, exactamente, isto: "PORQUE XA ESTAMOS CANSOS DE QUE MANDEN SEMPRE "MUSICA LIXEIRA" A ESTE FESTIVAL, RECLAMAMOS UN POUCO DE ATENCIÓN DENTRO DO MUNDO DO ROCK EN GALEGO, E QUE MENOS QUE NOS REPRESENTE ESTE EMBLEMATICO GRUPO, O PRIMEIRO EN CRUZAR AS FRONTEIRAS CANTANDO NA NOSA LINGUA. QUEREMOS QUE SE VOLVAN A XUNTAR E QUEREMOS ROCK EN GALEGO EN EUROVISION!!!!!!!"
Aí queda iso. Nós estamos apuntados. A que agardades? Hai que ir a http://www.facebook.com/group.php?gid=296410457904

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: unha creación do ribeirense Manu González, no Centro Torrente Ballester de Ferrol

O Vídeo do Mes é unha actividade do Centro Torrente Ballester de Ferrol que inicia nova tempada adicada á difusión do traballo de novos creadores. Nesta ocasión está Manu González Gómez, de Ribeira, que xunto a Paula Gómez Vallejo fixo "Do verbo acumular", unha curta que é "algo máis cun aceno aos traballos de Richard Serra, a propósito do que se pode realizar cos materiais da escultura". Móvese entre os influxos cultos -Chris Cunningham, Paul McCarthy ou James Bidgood- e populares, de series míticas dos oitenta como Las Chicas de oro, Twin peaks, as telenovelas ou o luxo decadente de Las Vegas. Inxerindo sen control pero perfectamente combinados, os protagonistas da acción -os propios artistas- evidencian como ata un empacho pode ter un toque de distinción. Un atrezzo oportunamente aderezado co tema de Felix da Housecat, “Money, Succes, Fame, Glamour”.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o Bng pide máis transparencia nas subvencións e a construción dunha pista multiusos no parque Centenario

Incluimos os textos íntegros desas peticións, ás que hai que sumar a da substitución de canalizacións de fibrocemento en Abesadas.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical