27.4.10

Ribeira: o Consello Escolar do colexio público de Aguiño protesta polo recorte da axuda para potenciar o galego

Denuncian que pasou de 2.500 euros o curso pasado a 833 neste, co que tocan a 4 euros por alumno.


Ribeira, 27 de abril de 2010. O Consello Escolar do Colexio Público de Aguiño, onde está representada toda a Comunidade Educativa: Equipo Directivo, profesorado e familias, denuncia que, por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística "este curso suprimiunos a maior parte da axuda que recibíamos para potenciar o uso e valoración do galego a través de distintas actividades. Concretamente baixaron a axuda de 2500 euros a 833 euros, o que implica tan so unha media de 4 euros por alumno/a frente ós 12.5 euros dos que gozábamos en cursos pasados".

O recorte de gastos en Educación, explican, "afecta á calidade dos distintos procesos de ensino-aprendizaxe do noso alumnado. Este recorte, xunto co Decreto do Plurilingüísmo, é outra das actuacións da Consellería en contra da potenciación da nosa lingua. Esta medida deixa ó Colexio Público de Aguiño nunha situación de precariedade no ámbito lingüístico".


Relacionada:

Lingua galega: 35% menos de axudas aos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical