posibles actuacións no Porto de Noia. Dende o colectivo consideramos que se trata dun exercicio de democracia plantexar de forma clara ante a cidadanía cal é a opción que cada forza política defende como método de actuación no esteiro de Noia". Segundo este grupo, "debido as distintas aparicións públicas dalgún dos lideres locais, que poñen en cuestión os programas electorais cos que concorreron as eleccións de maio do ano pasado, están plantexando así un clima de confusión entre a veciñanza. Xa que non é posible unha unidade das distintas forzas con respecto ao proceso de rexeneración da ría, consideramos que debe haber un acordo plenario no cal se exprese cal é a formula que os veciños e veciñas queren para Noia, tratándose dunha democracia representativa. É función dos grupos políticos, que representan ao seu electorado a través dos distintos concelleiros e concelleiras decidir de forma lexítima, a través do pleno, cal é a actuación que quere Noia para o seu esteiro. E non hai outro método máis eficaz que unha moción.
Polos argumentos anteriormente citados pedimos que se presente a moción formulada polo Colectivo Escolleira no vindeiro pleno e que sexan as forzas políticas as que expresen de forma clara a súa posición con respecto ao Porto de Noia. Votando a favor ou en contra. E o resultado acadado será tomado polas distintas administracións como a vontade do pobo de Noia e deberase actuar en consonancia con iso. Tamén dende o colectivo animamos ao Concello de Noia a que explique mediante comunicado, charla informativa, rolda de prensa, mediante informe plenario, a situación actual con respecto a rexeneración da ría, posto que consideramos que a cidadanía carece desa información".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia