12.2.12

Rianxo: o mítico gaiteiro de Asados, Xosé Romero, actúa o sábado 18 no auditorio

  • DÍA: sábado 18 de febreiro
  • HORA: 20.30 h
  • LUGAR: Auditorio de Rianxo


Rianxo, 12 de febreiro de 2012. O mestre gaiteiro Xosé Romero presenta o seu último traballo discográfico acompañado do grupo Taghaitaí, dos cales forman parte os músicos Manolo Maseda, Iván Costa, Lola Fernández e Edelmiro Fernández.

O concerto está organizado e patrocinado polo Concello de Rianxo e baixo a producción de Tradistudios. As entradas, de balde, comezarán a repartirse unha hora antes do concerto. Máximo dúas por persoa.

Novo CD con máis de 80 anos

O novo CD -Fol de feitizo redentor- de Xosé Romero, que foi fundador do grupo Os Rosales, presentouse en setembro do ano pasado e consta de 16 pezas compostas por el. A produción do disco correu pola conta do seu neto, Milo Romero.

Romero é considerado mestre, non só pola súa habelencia coa gaita, senón porque polas súas mans pasaron moitos alumnos para aprender gaita, bombo e percusión. Considerado un dos mellores gaiteiros galegos, algún dos seus temas están no repertorio de grupos tradicionais de longa tradición, como Son de seu.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical