12.2.12

Dodro: absolto o ex alcalde socialista Arturo Díaz de acoso moral sobre a secretaria do Concello

sentencia ACOSO MERCEDES.pdf Download this file

  • Os socialistas pregúntanse quen subsana agora os danos morais do ex-rexedor trala campaña de desprestixio por parte do PP e algúns sectores da prensa
Media_httpfarm4static_ghdjw

Dodro, 12 de febreiro de 2012. Estes días fíxose pública a sentencia absolutoria para o anterior alcalde de Dodro, o socialista Arturo Díaz Díaz, sobre unha demanda interposta por Mercedes Fondevila sobre suposto acoso moral.

Segundo explica o novo secretario dos socialistas dodrenses, Xabier Castro Tourís, "a demanda interposta no seu día pola secretaria do Concello, e apoiada e animada dende moito tempo antes polo Partido Popular de Dodro, e tamén pola prensa, tivo moita repercusión. Gustaríame a min, e penso que a moitos veciños de Dodro que esta noticia da DECLARACIÓN DE INOCENCIA DE ARTURO DÍAZ DÍAZ, teña a mesma transcendencia mediática".

Na nota de prensa dos socialistas explícase que Mercedes Fondevila, secretaria do Concello, reclamaba unha indemnización de 250.000 euros por acoso moral ao ex-alcalde Arturo Díaz "e foi animada polo naquel entón xefe da oposición e hoxe alcalde do PP, Valentín Alfonsín Somoza, que xa en decembro de 2010 iniciou unha campaña de desprestixio e mentiras sobre o alcalde, e que incluso editou un folleto en xaneiro de 2011 no que acusaba de acosador ao entón alcalde. En maio de 2011, no mes das eleccións municipais pasadas, a prensa local fíxose eco desta demanda, facendo que un alcalde pasase por culpable de acoso grazas a facer caso a todo o que saía do Partido Popular de Dodro, como se a prensa no canto de informar o que fixo foi facer o traballo do PPP e desprestixiar a un honrado cidadán e alcalde. A sentencia que se adxunta declara inocente ao Concello de Dodro e ao ex alcalde Arturo Díaz. É unha mágoa que a prensa, incluído algún editorial dun periódico galego, fose parte dun proceso no que só tiña que informar. A reflexión que sacamos de todo isto é: quen paga agora o dano moral causado contra ex-alcalde? Parece que foi necesario mintir para enganar ao pobo, co único fin de acadar ser alcalde. E parece que vai seguir mentindo para conseguir os seus fins. Agardamos que co coñecemento desta sentencia, a xustiza sexa de verdade xustiza, e a prensa informe dela, coa intención de emendar o dano cometido con Arturo Díaz Díaz".

Nota de Certo: Pola parte que nos toca como medio de comunicación non nos sentimos aludidos por estas acusacións á prensa do PSOE dodrense. Certo sempre informou do que lle chegou e de quen lle chegou. Se determinado grupo político minte e engana aos veciños, é función dos outros grupos políticos desmentir e aclarar as cousas, defenderse ou, no seu caso, contraatacar perante as acusacións infundadas. Botarlle a culpa ao mensaxeiro, unha vez máis, non é a saída nin a solución. En Certo nunca se vetou ningunha información nin se omitiu ningunha nota de prensa nin se fará mentras sigamos na Rede.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical