29.4.10

Arte: Francois Robert deseña con ósos humanos contra a violencia

Dodro: A Sociedade Galega de Historia Natural pídelle á Ministra Espinosa que cese ao Xefe de Costas en Galicia

(Nota da SGHN) 
Tamén pretenden que o Ministerio de Economía non gaste “nin un céntimo de euro” no proxecto de Dodro

Carriz_Ulla_invCarriz_Ulla_ver

Fotografías: Carrizais do Ulla (Dodro, A Coruña) en inverno (arriba) e verán. Fonte: http://www.sghn.org

Dodro, 29 de abril de 2010. En dúas ocasións, o 31 de xuño de 2007 e o nove de febreiro de 2010, a Sociedade Galega de Historia Natural dirixiuse ó Ministerio de Medio Ambiente poñendo no seu coñecemento o grave e irreversible impacto ambiental do proxecto 20060677COS “Actuaciones medioambientales en la ribera del río Ulla, Término Municipal de Dodro (A Coruña)”.
En contra de toda lóxica ambiental, social e económica, o Xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Sr. Rafael Eimil, persiste na súa intención de levar a cabo o proxecto segundo novas de prensa de hoxe. Ó contrario que hai tres anos, o Sr. Eimil non pode alegar ignorancia (que xa sería grave nun cargo da súa responsabilidade), pois foi adecuadamente informado con datos científico-ornitolóxicos, ambientais e de interese social que son, simplemente, irrefutables e que demostran que dito proxecto é socialmente innecesario, ambientalmente perxudicial e, xa que logo, un despilfarro de fondos públicos.
Desbotada a ignorancia, caben diversas interpretacións para a actitude do Sr. Eimil pero, cualquera que ésta sexa, en opinión da SGHN é incompatible coa permanencia do Sr. Eimil no posto de Xefe da Demarcación de Costas en Galicia.
Por todo elo, a SGHN vén de solicitar á Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño que cese de maneira fulminante ó Sr. Eimil e que ordene a paralización inmediata do proxecto que ameaza ó LIC ES1140001 “Sistema fluvial Ulla-Deza” e ó 3% da poboación mundial de escribenta das canaveiras iberoocidental, ave en perigo de extinción.
Noutro escrito, a SGHN tamén solicita á Ministra de Economía e Facenda que faga canto estea dentro das súas competencias para evitar que un só céntimo de euro dos Orzamentos Xerais do Estado sexa despilfarrado en dito proxecto innecesario e perxudicial.

Os arquivos PDF con toda a información están en www.sghn.org

Antes publicamos:


Brañas de Laíñonegocian polo paseo con Costas


Brañas de Laíño:
alegacións de Verdegaia ao proxecto de Costas


Alegacións do Bng ao proxecto de Costas nas beiras do Ulla


Proxecto de Costas: ameaza a este paxariño

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: el representante de la Obra Social de La Caixa visitó el centro ocupacional de Artes Gráficas de Amicos

Amicos y la Obra Social “la Caixa” apuestan por la integración de las personas con discapacidad psíquica

Ribeira, 29 de abril de 2010. El representante de la Obra Social de La Caixa visitó hoy en Ribeira el taller ocupacional de Artes Gráficas y lavandería de Amicos, un centro de formación y atención a personas con discapacidad intelectual, pensado para formar y prestar asistencia a personas con discapacidad leve y moderada. Tiene una capacidad de atención de 25 plazas. Cuenta con servicio de comedor y transporte adaptado. Actualmente 15 personas de las comarcas de Barbanza y Noia están recibiendo formación en las disciplinas de artes gráficas y lavandería, con el objetivo de facilitar su inserción laboral.

Durante los últimos 4 años la Obra Social “La Caixa” ha colaborado con la asociación AMICOS en los proyectos de:
•    Construcción de Centro Comarcal de Atención a Personas con Discapacidad
•    Proyecto Integraescola
•    Construcción de Biocentro
•    Construcción de Taller de Artes Graficas y Lavandería

Gracias a La Obra Social de “La Caixa”, durante estos 4 años, 65 personas con discapacidad de las comarcas del Barbanza y Noia reciben asistencia, rehabilitación, formación e integración social. La Obra Social “la Caixa” cuenta con 5 líneas de ayudas a entidades sin ánimo de lucro que trabajan en distintos ámbitos. En Galicia, un total de 22 proyectos han resultado beneficiados por la convocatoria de ayudas a proyectos de Inclusión Social y Laboral de Personas con Discapacidades, en virtud de la cual han recibido una ayuda global de 284.300 euros. A nivel estatal, se han seleccionado 263 iniciativas, dotadas con alrededor de 4 millones de euros.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: finou o actor Tuto Vázquez, o "Ramón Couto" de Mareas Vivas

Transporte: a liña Ribeira-Padrón, a segunda ruta máis usada do servizo Noitebús

Con 2.454 usuarios, os barbanzáns son dos que máis empregan esta liña, cunha viaxe de ida e volta por só 2 euros, para evitar a fatal mestura do alcohol e a movida coa estrada


Vanse incrementar as rutas, con cinco novas nas provincias da Coruña e Lugo a partir do mes de maio

Ribeira, 29 de abril de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, incrementará os servizos de NoiteBús a partir do mes de maio con cinco novas rutas de transporte nocturno, nas provincias da Coruña e de Lugo. Na actualidade, existen 246 rutas: 109 na Coruña, 56 en Lugo, 39 en Ourense e 42 en Pontevedra (algunhas só funcionarán a partir do próximo mes de xuño).

Os novos traxectos, que prestarán servizo soamente ao longo do periodo de vacacións, estableceranse nas provincias de A Coruña e Lugo. Concretamente. na Coruña contarán coa ruta Ferrol-Ares-Miño; e na provincia de Lugo serán Viveiro-Ribadeo, Mondoñedo-Foz e Sober-Monforte, ademais do traxecto que enlazará as dúas provincias pasando polas localidades de Portomarín, Monterroso e Melide.

O prezo do billete para os usuarios continúa sendo de 2 euros (ida e volta), un importe moi accesible, co que se pretende evitar os desprazamentos en vehículo particular e así reducir a sinistralidade viaria.

Imaxe de Tamara Peña para a súa reportaxe sobre o botellón

Case 120.000 usuarios

Dende a Dirección Xeral de Mobilidade sinálase que, ao longo do primeiro trimestre deste ano, foron case 120.000 usuarios os que empregaron os servizos de NoiteBús. O éxito deste servizo vén avalado por un continuo incremento da demanda, consolidando o NoiteBús como unha alternativa cada vez máis clara ao vehículo privado.

Cabe sinalar que as liñas que rexistraron un maior número de usuarios foron: Ribeira-Padrón, con 2.454 usuarios; Carballo-Ordes-Carballo, con 1.732; Cambre-A Coruña, 1.212; A Coruña-Betanzos, con 2.145; Redondela-Vigo, con 1.890 usuarios; Negreira-Brión-Bertamiráns-Santiago, con 2.598; e Marín- Pontevedra, con 1.448.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asegura que o feito de que este programa estea dirixido á xuventude garante o seu éxito, xa que ofrece a posibilidade de desprazarse durante a noite por unha tarifa baixa unificada e conectando as principais zonas de ocio nocturno da xeografía galega.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Pesca: Ministerio de Medio Marino e Consellería de Mar, versións diverxentes sobre o dos pesqueiros apreixados en Mauritania


Un barco que desapareceu da costa de Ribeira, pero por outros motivos: o Sunny Jane

Ribeira, 29 de abril de 2010. O Ministerio de Medio Marino rexeita a "terxiversación realizada pola Conselleira do Mar da Xunta de Galicia". Así de rotunda comeza a nota de prensa do ente estatal, que tamén acubilla a Medio Ambiente e Medio Rural, logo das declaracións que fixo onte Rosa Quintana sobre o problema dos barcos retidos en Mauritania.

Como é habitual neste medio, ofrecémoslles as dúas versións sen ningún recorte, para que se fagan unha opinión vostedes mesmos:

Nota de Prensa da Consellería de Mar (28 de abril)

A conselleira do Mar lamenta a actitude de desidia do Ministerio de Medio Mariño ante a retención dos buques galegos en Mauritania

Mapa de Mauritania na Wikipedia

Rosa Quintana explicou e defendeu as xestións realizadas pola Xunta de Galicia durante o apreixamento dos buques “Loremar” e “Lameiro Uno”

A titular de Mar sinalou que, dende o 16 de abril, aínda foi esta mañá cando recibiu a resposta oficial da carta que enviou á ministra de Medio Mariño, Elena Espinosa, pedindo explicacións ao respecto


Rosa Quintana na Festa do Polbo de Porto do Son

Santiago, 28 de abril de 2010.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana lamentou no Pleno do Parlamento o trato de desidia do Goberno central cara os mariñeiros dos buques galegos “Loremar” e “Lameiro Uno”, retidos en Mauritania. A conselleira defendeu as xestións realizadas pola Xunta de Galicia durante o apreixamento dos buques e denunciou a falta de información ao respecto por parte do Ministerio do Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño.

A titular de Mar lembrou que tivo coñecemento da noticia da retención dos buques “a través dun teletipo de prensa que se publica na tarde do xoves, 8 de abril”. Informou que ela e o seu gabinete intentaron contactar co MARM, pero “por diversos motivos non foi posible obter máis información”. Engadiu que foron os familiares dos tripulantes retidos en Mauritania os que informaron ao seu departamento de varias circunstancias, entre elas “o tratamento de desidia por parte do Goberno central aos mariñeiros retidos”.

Neste sentido, Rosa Quintana, recalcou a prohibición do embarque dos mariñeiros afectados nun buque de titularidade estatal , a “nula preocupación de contacto cara eles e a tardanza de dez días en dar a coñecer a situación”. A titular de Mar, explicou que eses foron os motivos que a levaron a pedir explicacións á ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño, Elena Espinosa, a través dunha carta “da que obtivemos resposta oficial esta mañá e na que se desminte a versión ofrecida polos nosos mariñeiros”, engadiu.

Para informarse da situación e “establecer unha vía de traballo que levase a unha pronta resolución e clarificación da situación” a Consellería solicitou a mediación da presidenta da comisión de Pesca no Parlamento Europeo, Carmen Fraga. Foi ela “quen nos achegou novos datos”, informou Rosa Quintana e quen se puxo en contacto co delegado da Unión Europea en Mauritania para coñecer de primeira man a situación dos tripulantes naquel momento.

Ademais, a conselleira explicou que o seu departamento estivo en contacto permanente coa Asociación de Armadores de Marín, “que nos deu conta das causas do apreixamento e dos acontecementos”. Rosa Quintana recalcou que a Xunta fixo un seguimento do caso “aínda tratándose dunha cuestión que compete á Secretaría General do Mar e á UE” . Engadiu a súa preocupación “polos nosos mariñeiros e por aqueles que teñen dificultades nas súas actividades normais”.

Nota de prensa do Ministerio de Medio Marino (29 de abril)

El Ministerio de Medio Marino rechaza la tergiversación en sede parlamentaria por la Conselleira do Mar de la información sobre los pesqueros que fueron retenidos en Mauritania


Elena Espinosa es la ministra de Medio Marino


Madrid, 29 de abril de 2010. El Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino se ve obligado a rechazar la tergiversación realizada por la Conselleira do Mar de la Xunta de Galicia, Rosa Quintana, en el Parlamento de Galicia, de la información sobre los marineros pertenecientes a los barcos que fueron retenidos recientemente en Mauritania.

Ante la utilización tendenciosa de la Conselleira de su intercambio epistolar con el MARM, el Ministerio se ve obligado a precisar el contenido de la respuesta que le fue facilitada en relación a su carta, que previamente había sido objeto de un comunicado por parte de la propia Consellería. En este sentido, en la carta a la que Rosa Quintana hizo referencia ayer en el Parlamento de Galicia, el MARM transmitió a la Conselleira que desde el primer momento en que se tuvo conocimiento de las retenciones, a través del Director-Gerente de la Asociación de Armadores de Marín, se iniciaron  gestiones ante el Gobierno de Mauritania, tanto a nivel comunitario como a nivel bilateral.

Las gestiones realizadas a nivel comunitario tuvieron lugar los días 29 y 30 de marzo, tanto con comunicaciones a la  Comisión Europea a través de la Unidad responsable de los Acuerdos internacionales del Ministerio, como directamente, a través de la Embajada en Nouakchott, con la Delegación de la UE en Mauritania.

Se produjeron contactos telefónicos entre el Embajador de la UE y los representantes mauritanos, que culminaron con una carta del Ministro de Pesca mauritano a su Servicio de Vigilancia de Pesca, en la que aclaraba la situación administrativa en la que se encontraban los 4 barcos inicialmente acusados de falsa declaración de las especificaciones técnicas en las licencias, y con un escrito de la propia Delegación de la UE en Mauritania, solicitando explicaciones a las detenciones. De forma paralela, a nivel bilateral, el Embajador de España en Mauritania estableció, por un lado,  contactos con las máximas autoridades mauritanas, para resolver lo antes posible la situación, y por otro, se prestó apoyo logístico a los capitanes de los barcos afectados, con el desplazamiento al puerto de Nouadhibou del Agregado de Pesca de la Embajada Española. Estas actuaciones culminaron con la asistencia de nuestro Agregado, acompañando a los representantes de los 4 barcos, a una reunión con el Servicio de Vigilancia y Pesca Marítima, tal y como había solicitado por escrito la Asociación que representaba a los mismos.

La reunión de la Comisión de Conciliación concluyó con la absolución de dos de los barcos (PORTOSANTO Y FUENTE  DE MACENLLE) y una multa de 8 millones de ouguillas (se redujo un 20% la multa inicial) a los buques LOUREIRO UNO y LOREMAR, por conservar pescado a una temperatura inferior a la permitida por la legislación mauritana.
Cabe recordar, tal y como se establece en el Artículo 11 del Protocolo del Acuerdo entre la UE y Mauritania, que los buques que faenan al amparo del Acuerdo están regulados por las leyes aplicables en Mauritania, tal y como se resaltó en la última Comisión Mixta UE-Mauritania, celebrada del 22 al 26 de marzo de 2010 en Nouakchott.

Por otro lado, y en relación con las reiteradas insinuaciones de la Conselleira sobre una presunta negativa para realizar una reunión a bordo del barco de cooperación Intermares, el MARM informó a la  Conselleira de que en ningún momento este Ministerio recibió solicitud alguna para celebrar una reunión en el buque, por lo que tampoco pudo denegar su  celebración. El MARM quiere expresar por último que espera que la lealtad con la que actúa, en todos los asuntos, con la Consellería do Mar sea correspondida por la titular de este Departamento.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: se fora coma na película, só debería quedar unha medusa destas

Os rapaces de Axena fálannos nesta entrada dunha medusa que se cre que é "inmortal". Na película de Christopher Lambert "Os inmortais" (1986), só podía quedar un -o resto morría coa cabeza separada do corpo, cousas do cinema de ficción-. Mais hai que ler toda a entrada para ver que este tipo de inmortalidade enténdese doutro xeito. Estas medusas morren, mais teñen unha capacidade de adaptación incrible.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: O BNG local demanda a retirada do Plan de Ordenación do Litoral por ser lesivo para o municipio

(Nota de prensa do Bng)

Este é o contido íntegro da moción presentada polo BNG de Rianxo encamiñada a amosar o rexeitamento do Plan de Ordenación do Litoral da Xunta (POL) pedindo que o Concello demande a súa retirada por ser lesivo aos intereses de Rianxo.


Afecta cando menos a 500 casas que quedan ao abeiro de distintos graos de proteccion sen que se saiba á luz do documento as afectacións e o grao futuro de afectación.


MOCIÓN

Adelina Ces Quintáns como Portavoz do Grupo Municipal do B.N.G. de Rianxo, presenta a seguinte Moción relativa ao Plan de Ordenación do Litoral, actualmente en fase de consultas ás  institucións locais

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Este Grupo Político ten, entre as súas liñas programáticas, en lugar destacado a defensa e protección do noso medio ambiente, en particular o litoral, e, polo tanto, é partidario de adoptar todas medidas pertinentes para acadar este fin.

O Plan de Ordenación do Litoral (en adiante POL), elaborado pola Xunta de Galiza e actualmente en fase de consultas ás Administracións Locais, foi elaborado cunhas directrices e contén unhas determinacións que desprotexen a nosa costa e o noso litoral fronte ás agresións mais graves que ten sufrido ou  que puidera sufrir no futuro. Non impón ningunha limitación ao sector enerxético, senón que propón a súa ampliación na costa, especialmente da eólica. Non restrinxe para nada as instalacións de acuicultura, senón que avoga pola súa extensión na nosa costa nin as implantacións industriais existentes e non pon couto a implantacións futuras.

En todos estes aspectos o POL é extremadamente desproteccionista da nosa costa e do noso litoral. Para deixar as agresións como estaban e permitir outras novas, dende ningún punto de vista se pode atopar xustificación a este documento concreto do POL.

O POL utiliza conceptos e criterios alleos á realidade galega en moitos aspectos coa conseguintes disfuncións e solucións aberrantes:

A mais grave, a que máis resalta é a “Mellora Ambiental e Paisaxística”. Parte da hipótese de que no litoral galego existía unha franxa de territorio libre de edificación entre o borde do mar e os asentamentos tradicionais, afirmación que se podería soster en costa aberta pero radicalmente falsa nas Rias e na costa abrigada que sempre tiveron asentamentos a carón do mar, entre outros moitos. En definitiva, que os galegos nos enganamos cando nos asentamos hai moitos séculos ao borde do mar.

Baixo estas denominacións de mellora ambiental, corredores ecolóxicos ou de protección de corredor,  máis de cincocentas vivendas de Rianxo se encontrarían afectadas sendo vivendas algunhas centenarias, con todos os servizos e legais e que correríann o risco de ficaren fóra de ordenación e nas que únicamente se permitirían obras de rehabilitación e/ou mantemento no mellor dos casos.

Utiliza criterios levantinos cando da unhas proteccións absolutamente desproporcionadas a calquera rego ou posíbel rego de água; maior protección canto mais cativo sexa o curso de água. Mentras carecen de  protección rios como o Ulla, o Lérez en Pontevedra, hai regatos case inexistentes que chega a protexer medio quilométro ao seu arredor. Isto afecta especialmente ao Araño, Asados ou Isorna.

Como consecuencia da aplicación dos criterios antes expostos, o resultado é que todo o que o POL ten de laxo e desproteccionista en relación á enerxía, industria, acuicultura, recheos, infraestruturas, eucaliptización e o Dominio Público Marísitmo Terrestre, convertese en rigor extremado e desproporcionado en relación á edificación residencial, dotacional e comercial, grande parte moi lonxe da costa e fora dos 500 m. da Lei e Regulamento de Costas e da Louga, pois chega no caso de Rianxo a valora até catro quilómetros augas adentro  polo río Té e os seus regatos arriba.

O Pol contén unha inxente cantidade de erros e aparentes erros que respostan a diversas orixes: erros de grafía, omisións, confusións,..., entendíbeis nesta fase e que non son masivos nen maioritarios aínda que si abundantes. Non menor tamén é o cambio de cor e de cartografía no medio desta fase de consulta, así como a falta de disposicións adicionais que sinalen a concreción real do documento.

Por non citar tamén o ataque directo á autonomía municipal ao entrar de facto nas determinacións propias do planeamento municipal e coutar o seu desenvolvemento futuro cando estamos en pleno proceso inicial de elaborar un PXOM para Rianxo. 


En consonancia co exposto, proponse ao Pleno a adopción do seguinte acordo:

MOCIÓN

1.- Solicitar a retirada do actual documento do POL porque os criterios cos que foi elaborado fan imposíbel que en base a modificacións parciais se poida chegar a un documento válido.

2. - A elaboración de un novo Plan de Ordenación do Litoral con criterios axustados á realidade galega, ponderado e equitativo, que protexa o que realmente hai que protexer e non afecte ao que non debería quedar afectado por un POL ben ideado e realizado.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: un ribeirense, segundo nunha proba de Orientación en Lugo

Moncho Sampedro practica un deporte que xa conta con máis de dous millóns de licencias en todo o mundo

O Concello de Ribeira organizará un curso de iniciación a esta disciplina deportiva

Ribeira, 29 de abril de 2010.- O corredor ribeirense Moncho Sampedro, actualmente enrolado nas filas do Club Universitario de Santiago, acadou a 2ª posición na súa categoría, na proba celebrada a fin de semana pasada en Monte Segade (Lugo), correspondente á Liga Galega de Carreiras de Orientación.

O orientador de Carreira, encadrado na categoría de veteráns (H-45), investiu un tempo de 1:02:31, só mellorado polo corredor local Fernando Seco (Fluvial de Lugo), cun tempo de 1:00:04. Na proba lucense déronse cita 372 corredores baixo a organización do club Fluvial. O ribeirense recibiu o trofeo de mans do ex-piragüista lucense, medalla olímpica en Montreal e Moscú, Luis Ramos Misioné.
 
O deporte de orientación, a pesares de contar con status olímpico, é un deporte minoritario, aínda que segundo os expertos está chamado a ser o "deporte do século XXI". Consiste en atopar uns puntos determinados no terreo con axuda dun mapa e unha brúxula. É unha carreira individual cronometrada onde os participantes usan un mapa especial e unha brúxula para navegar polos diferentes terreos, e recorrer na orde fixada diferentes puntos secretos, tomando cada corredor a súa propia ruta, a través de todo tipo de terreos, normalmente de monte. Este deporte, nacido nos países escandinavos a finais do século XIX, conta na actualidade con máis de dous millóns de licencias en todo o mundo.
 
Precisamente, dentro da labor de divulgación, o Concello de Ribeira organizará un curso sobre Iniciación ó Deporte de Orientación, como unha das actividades do programa Escolas Deportivas que se celebrarán na vindeira época estival.

Hemeroteca: o Concello de Ribeira xa organizou un curso sobre Orientación

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Automodelismo: arrasaron no circuito da Espiñeira en Boiro os pilotos de Pontevedra

Boiro, 29 de abril de 2010. Na pasada fin de semana, o domingo 25 de abril,  tivo lugar a primeira proba do Trofeo Rías Baixas que se disputou no circuito de Espiñeira en Boiro.

A proba disputouse sen incidentes e cun rigor horario e organizativo digno de calquera campionato, explícanos Fernando Abalo. "A proba foi moi disputada dende o principio e nela participaron algúns pilotos noveis do clube Barbanzano ademais dos membros con máis experiencia como David e Pablo Castro. Ambos conseguiron entrar na final e pelexar coma calquera acadando a cuarta e sétima posición respectivamente".

O vencedor da proba foi Víctor Manuel Remiseiro, de Meis, que foi o máis regular de todos os pilotos e non cometeu nin un só fallo, nen sequera mecánico. O segundo posto acadouno Javier González Lomba, de Vigo, a tan só 6 segundos do primeiro despois de 30 minutos de final, o que da idea da loita entre os pilotos. Terceiro foi Carlos Fernández, tamén de Vigo, que a pesares dalgúns problemas de motor chegou a conquistar esta terceira plaza.

A próxima proba celebrarase en Vilagarcía o vindeiro 30 de maio.

Download now or preview on posterous
final.pdf (35 KB)

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical