Boiro, 29 de abril de 2010. Na pasada fin de semana, o domingo 25 de abril, tivo lugar a primeira proba do Trofeo Rías Baixas que se disputou no circuito de Espiñeira en Boiro.
A proba disputouse sen incidentes e cun rigor horario e organizativo digno de calquera campionato, explícanos Fernando Abalo. "A proba foi moi disputada dende o principio e nela participaron algúns pilotos noveis do clube Barbanzano ademais dos membros con máis experiencia como David e Pablo Castro. Ambos conseguiron entrar na final e pelexar coma calquera acadando a cuarta e sétima posición respectivamente".
A próxima proba celebrarase en Vilagarcía o vindeiro 30 de maio.

O vencedor da proba foi Víctor Manuel Remiseiro, de Meis, que foi o máis regular de todos os pilotos e non cometeu nin un só fallo, nen sequera mecánico. O segundo posto acadouno Javier González Lomba, de Vigo, a tan só 6 segundos do primeiro despois de 30 minutos de final, o que da idea da loita entre os pilotos. Terceiro foi Carlos Fernández, tamén de Vigo, que a pesares dalgúns problemas de motor chegou a conquistar esta terceira plaza.
A próxima proba celebrarase en Vilagarcía o vindeiro 30 de maio.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario