Moncho Sampedro practica un deporte que xa conta con máis de dous millóns de licencias en todo o mundo
O Concello de Ribeira organizará un curso de iniciación a esta disciplina deportivaRibeira, 29 de abril de 2010.- O corredor ribeirense Moncho Sampedro, actualmente enrolado nas filas do Club Universitario de Santiago, acadou a 2ª posición na súa categoría, na proba celebrada a fin de semana pasada en Monte Segade (Lugo), correspondente á Liga Galega de Carreiras de Orientación. O orientador de Carreira, encadrado na categoría de veteráns (H-45), investiu un tempo de 1:02:31, só mellorado polo corredor local Fernando Seco (Fluvial de Lugo), cun tempo de 1:00:04. Na proba lucense déronse cita 372 corredores baixo a organización do club Fluvial. O ribeirense recibiu o trofeo de mans do ex-piragüista lucense, medalla olímpica en Montreal e Moscú, Luis Ramos Misioné.O deporte de orientación, a pesares de contar con status olímpico, é un deporte minoritario, aínda que segundo os expertos está chamado a ser o "deporte do século XXI". Consiste en atopar uns puntos determinados no terreo con axuda dun mapa e unha brúxula. É unha carreira individual cronometrada onde os participantes usan un mapa especial e unha brúxula para navegar polos diferentes terreos, e recorrer na orde fixada diferentes puntos secretos, tomando cada corredor a súa propia ruta, a través de todo tipo de terreos, normalmente de monte. Este deporte, nacido nos países escandinavos a finais do século XIX, conta na actualidade con máis de dous millóns de licencias en todo o mundo.
Precisamente, dentro da labor de divulgación, o Concello de Ribeira organizará un curso sobre Iniciación ó Deporte de Orientación, como unha das actividades do programa Escolas Deportivas que se celebrarán na vindeira época estival. Hemeroteca: o Concello de Ribeira xa organizou un curso sobre Orientación
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario