Texto e fotos: Paco do Martelo
Porto do Son, 10 de agosto de 2011. O acto de onte pola mañá foi unha actividade complementaria das xornadas, que consistiu nunha visita guiada ás mámoas do Barbanza. A charla in situ foi impartida por Victoria Villoch Vázquez (arqueóloga).
Comezaron na Arca do Barbanza e despois desprazáronse á Casota do Páramo e daí seguiron a ruta a pé ata Armadoiro, Pedra da Xesta e rematouse en A Cabada. Pola tarde foi o acto de inauguración oficial das Xornadas. Presentou o acto o alcalde Luís Oujo, a conselleira de cultura Asunción Torres, Manuel Mariño e Patricia Torrado e falaron Victoria Villoch, que deu unha conferencia sobre "O megalitismo na Serra do Barbanza"; Xosé Ignacio Vilaseco, que disertou sobre "Unha arquitectura para a morte: os túmulos do NW peninsular" e Antón Abel Rodríguez Casal, con "O fenómeno tumular e megalítico en Galicia: caracterización xeral, problema e perspectivas". Este conferenciante foi moi crítico e non deixou titere con cabeza, abraiado polo descoidado que está o noso patrimonio megalítico en particular e todo en xeral.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia