17.4.12

Boiro: o venres 27 de abril, "Contos da terra da tarde", de Bieito Iglesias e concerto de David Lojo Quartet


O concerto será na Estación Leña Verde

Boiro, 17 de abril de 2012. A asociación cultural Barbantia informa no seu web da presentación do libro "Contos da terra da tarde", do escritor ourensán Bieito Iglesias, o venres 27 de abril, ás 20:30 h., no Salón de Actos do Centro Social de Boiro. Na presentación estarán, amais do autor, Xesús Laíño, presidente de Barbantia, Xosé Ricardo Losada e Helena Teixeira, concelleira de Cultura.
A continuación do acto terá lugar o concerto David Lojo Quartet, na Estación Leñaverde.



O mesmo día, en Ribeira:

Libro no Ateneo Valle-Inclán: o 27 de abril, "Héroes de polvo", de B. Manjón

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado 21, concerto do grupo de clarinetes da Escola de Música

Grupo_clarinetes_2012


Rianxo, 17 de abril de 2012. A Escola de Música de Rianxo comprácese en convidar a todo o mundo ao Concerto do grupo de clarinetes da Escola de Música de Rianxo, enmarcado nos actos do X Aniversario da Escola de Música de Rianxo.

  • CONCERTO: GRUPO DE CLARINETES DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
  • DÍA: sábado 21 de abril
  • HORA: 12:30
  • LUGAR: Auditorio de Rianxo



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: comezan a arranxar o campo de A Trinidade en Oleiros

  • 24.000 euros para os vestiarios
  • Agardan que a Deputación subvencione herba artificial

 

Ribeira, 17 de abril de 2012.- O concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez, acompañado da edil de Oleiros Herminia Pouso, e dos directivos do Atlético Oleiros, Cándido Castro (presidente) e Pepe Cameán (secretario) estiveron no día de onte a visitar os vestiarios remodelados do campo de fútbol de A Trinidade.

 

Esta actuación, cun importe cercano aos 24.000 euros, estivo desenvolvida polo Concello e supón a primeira fase do convenio de colaboración que a Administración Municipal (xa na anterior lexislatura) suscribiu co citado club. Esta obra permitiu, segundo palabras de Martínez Queiruga, "darlle outro aspecto tanto aos dous vestiarios interiores como os dous exteriores a través da colocación de baldosas en todas as paredes, adecuación das duchas, alicatados, etc...".

 

Juan Luis Martínez tamén informou de que se está en trámites coa Deputación de A Coruña para ver se o Concello pode recabar a colaboración da entidade provincial para implantar herba artificial no campo e amosou a súa esperanza de que nun futuro non moi lonxano se poda acometer ademais outra ambiciosa actuación, consistente na construción dunha instalación macrodeportiva nos terreos anexos ao campo que inclúa un campo de adestramento de dimensións reducidas para os cativos e un autódromo que permita disfrutar de actividades como o karting ou probas de rali.

 

O edil de Deportes salientou a intención que ten o Concello de rendibilizar ao máximo as instalacións de A Trinidade como campo de referencia para todos os clubs que operan na zona norte do municipio, dadas as grandes dificultades de poder afrontar os gastos de mantemento dun campo de fútbol por parroquia. Esta pretensión conta coa anuencia do Atlético Oleiros.

 

Pola súa parte, Cándido Castro manifestou o agradecemento do club por ter realizado xa esta primeira fase das obras.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: anuncian dous quilómetros máis de cemento en catro actuacións no borde marítimo

Rolda_de_prensa_herminia_pouso

  •  En Ribeira, Palmeira e Corrubedo, pendentes da nova Lei de Costas con que ameaza o novo executivo en Madrid
  • Aínda está por solucionar o problema de Areeiros e Palmeira Norte

 


Rafael Eimil, director de Costas en Galicia

 

Ribeira, 17 de abril de 2012.- O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, mantivo na tarde de onte unha reunión co director da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil Apenela, co obxecto de abordar distintos asuntos que son de interese tanto para o Concello como para os veciños do municipio e para as asociacións ecoloxistas.

 

Un dos temas que figuraban na axenda do rexedor local garda relación co deseño dun "ambicioso" Plan de Posta en Valor do Litoral de Ribeira no que se está a traballar dende o Executivo e que será presentado proximamente. Independentemente da futura presentación, hai catro actuacións concretas que –sumando máis de dous quilómetros de lonxitude- xa se sabe que formarán parte do mesmo e que foron tratadas unha a unha co máximo responsable autonómico da Demarcación de Costas.

 

Unha desas catro actuacións é a construción do Paseo Marítimo-Terrestre que unirá a cidade con O Touro. Con respecto a esta iniciativa –que se adscribe ao programa Riveira Atlántica 2015, cofinanciado con fondos FederRuiz Rivas presentou onte a Eimil Apenela o plego técnico correspondente para sacar a concurso conxuntamente proxecto e obra. Cabe recordar que este paseo ten por obxectivo, sempre segundo a visión do executivo ribeirense, mellorar o borde litoral entre o porto de Santa Uxía e a praia de Area Secada tratando de potenciar o uso recreativo e de ocio da zona. Terase en conta as necesidades de accesibilidade das persoas con mobilidade reducida e propiciará unha continuidade cidade-praia no entorno urbano.

 

Ademais, o alcalde solicitou no nome do Concello autorización de Costas para desenvolver outras tres actuacións que afectan a outras tantas parroquias:

 

      En Corrubedo, a construción dun Acceso Peonil que descorre polo borde marítimo entre a zona portuaria e a praia do Prado. A realización da infraestrutura entrañará os beneficios engadidos de que permitirá dotar ás casas do entorno de determinados servizos dos que actualmente carecen (principalmente o de saneamento) e, por outra banda, se eliminarán os problemas esporádicos de amontoamento de area que presentaba algún punto do vial que vai por detrás do areal citado.

 

      Na cidade de Ribeira, a ampliación do paseo marítimo de Coroso a través da construción dun corpo voado que, posicionándonos na plazoleta onde está a pedra volcánica de Adeje, irá ata á altura do colexio unitario de Deán e permitirá albergar máis metros de carril bici e, en segundo lugar, ampliándose tamén en dirección ás Carolinas ata as inmediacións do Club Náutico.

 

      E na parroquia de Palmeira, a construción dun paseo marítimo que una a zona do cámping de Coroso coa praia de Río Azor.

 

Segundo explicou a voceira do Goberno municipal, Rafael Eimil amosouse moi receptivo a todos estes proxectos e o Concello procederá agora á redacción dos planos de alzada correspondentes e ás plantas da infraestruturas. Herminia Pouso explicou que a conservación das mesmas correrá a cargo do Concello.

 

Areeiros e Palmeira Norte

Outro dos temas que abordou Manuel Ruiz co responsable de Costas foi a problemática que se suscita en Os Areeiros (Castiñeiras) e o norte de Palmeira como consecuencia do deslinde de 100 metros efectuado a consecuencia da aplicación da Lei de Costas de 1988.

 

Rafael Eimil informou ao rexedor da intención do Goberno do Estado de presentar o anunciado proxecto da reforma da Lei de Costas antes do verán, co cal o Executivo local estará pendente de poder coñecer o mesmo en profundidade para ver se propicia un arranxo definitivo a estes dous conflitos. En todo caso, o citado proxecto será presentado antes da aprobación inicial da nova redacción do PXOM, o que nos deixará ao Concello marxe temporal para actuar e tomar as decisións convenientes.


Relacionadas, outras actuacións de Costas nesta contorna:


Brañas de Laíño:
alegacións de Verdegaia ao proxecto de Costas


Proxecto de Costas en Laíño: ameaza ás escribentas das canaveiras






 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a Cruz Vermella local organiza un curso de primeiros auxilios en nenos e bebés

NdP Curso bebés.doc Download this file

  • Será en Muros, na escola San Xosé, en horario de 9 a 14 horas e cun prezo de 50 euros
  • Celébrase os días 28 de abril e 5 de maio (sábados)
  • Está dirixido á poboación en xeral, e máis en concreto a pais, nais, tutoras e tutores
  • Instruirase aos asistentes na prevención de accidentes, aplicación de técnicas axeitadas de autoprotección e soporte aos primeiros auxilios, así como resolución de situacións de urxencia vital para bebés e cativos
  • En Noia, tamén o 12 de maio, na Chaínza, todo o día (9-14 e 16-21 horas)
  • Máis información e inscricións: teléfono 981 825 405

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo ponlle moita música ao San Marcos 2012

Carteles-san-marcos-2012

Programación prevista:


Sábado 21 de Abril.- a partir das 23:00h no salón de actos, recital a cargo do grupo da Sociedade "A Misela"

Domingo 22 de Abril.- II Festival de Bandas de Música "San Marcos", que comezará cun pasarrúas a cargo das Bandas participantes pola Alameda de Noia a partires das 19:00h, para, de seguido, no interior do Liceo, dar comezo aos concertos, e no que participarán as seguintes Bandas:

  •     Banda da Escola Municipal de Música de Cee
  •     Banda de Música Municipal de Boiro
  •     Banda de Música Municipal de Lousame

Mércores 25 de Abril.- recital a cargo do Trío Nostalgias, a partires das 23:00h

Sábado 28 de Abril.- Encontro de Corais a partires das 20:00h, coa participación de:

  • Coral "Xúbilo" de Santiago de Compostela
  • Coral "Xan Mella" de Baio
  • Coral "Endesa" de As Pontes
  • Coral Polifónica do Liceo de Noia

Seguro que tamén lle interesa:






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: formalizouse o partido Máis Galiza en Outes, con Ramos Caamaño como responsable local

Outes, 17 de abril de 2012. O pasado sábado, 14 de abril, tivo lugar en Outes a primeira asemblea da Agrupación local de +Galiza para formalizar a constitución do grupo en Outes. Entre os asistentes estaban a maioría dos que xa o facían ata o de agora nas distintas reunións que o grupo nacionalista levaba a cabo con regularidade, xa que o conxunto das persoas que están a traballar segue a ser practicamente o mesmo, pero xa se puido ver algún rostro novo que se uniu á formación de cara a esta nova andaina.

Entre os puntos que se atopaban na orde do día estaban a elección do responsable local da agrupación así coma a do seu portavoz. Foi elixido por unanimidade dos asistentes Xosé Manuel Ramos Caamaño como responsable local e quedou como portavoz Xosé Ramón Riomao.


Dentro duns días a Agrupación Local de +Galiza presentarase diante dos veciños para expoñerlle as novidades da agrupación e os seus proxectos municipais nun acto de carácter participativo no que se lle dará voz á xente, escoitándoa e respondendo ás preguntas que se formulen.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: declaración institucional no Día da Acción Global contra dos Gastos Militares,


        Con motivo da conmemoración, hoxe, 17 de Abril, do DÍA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA DOS GASTOS MILITARES (http://demilitarize.org/), o Seminario Galego de Educación para a Paz quere facer pública a seguinte DECLARACIÓN.

         Diante da crise económica actual son moitos os gobernos que recortan drasticamente os seus presupostos, reducindo –esencialmente- as prestacións e os servizos sociais básicos, de maneira certamente grave, a educación e a sanidade, principais piares do Estado do Benestar. Sen embargo, o gasto militar segue a ter un peso moi importante nos presupostos e os recursos destinados á preparación da guerra continúan sendo escandalosamente elevados, globalmente, e en cada país. Máis de 4.000 millóns de dólares ó día gastamos en armamento e España ocupa o 11 lugar na exportación de armas, tamén a países en conflito ou que vulneran gravemente os dereitos humanos, violentando a súa propia lexislación interna.

         Por 13º ano consecutivo o gasto militar mundial continúa subindo, tal e como acreditan os Informes máis prestixiosos como o do SIPRI de Estocolmo (http://www.sipri.org/).

         Pola súa parte, os Presupostos Xerais do Estado Español para 2012 van nesa mesma dirección. A media oficial de reducción do gasto dos distintos Ministerios é do 17% mentres que o Mº de Defensa reduce, teóricamente, o seu nun 8%. Na práctica, o gasto militar español supera amplamente os 6.316 millóns de euros presupostados como gastos xa que a cantidade real acada os 18.000 millóns de euros, dos que máis de 12.000 millóns están disfrazados e repartidos en distintas partidas doutros ministerios e organismos, de tan maneira que dous de cada tres euros do gasto militar español están ocultos para a cidadanía e a sociedade.

         A esta vergoñenta situación debemos sumar a recoñecida débeda militar española que chega a 37.000 millóns de euros (máis de dúas veces a débeda da sanidade) contraída esencialmente -hai máis dunha década- polo presidente Aznar. Para reclamar o pago desa débeda e asegurar a súa devolución debemos entender o nomeamento de Pedro Morenés y Álvarez de Eulate Ex- Presidente do Consello de Administración de  Construccións Navais do Norte e ex- Director Xeral para España da empresa paneuropea de misís MBDA, ata onte mesmo, como quen di) como ministro de defensa do goberno de Rajoy.

         Paradoxicamente, partidas tan importantes para construír un mundo máis xusto e máis pacífico, para aplicar a xustiza e a solidariedade, como son as destinadas á cooperación ó desenvolvemento, recórtanse por riba do 50%.

         Por todo isto, no marco do DÍA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA DOS GASTOS MILITARES, queremos denunciar publicamente esta situación para sensibilizar á cidadanía e tamén para presionar ó goberno e ás forzas políticas para que, si hai que recortar, se faga, sobre todo, no gasto militar.

 

Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
www.sgep.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a futbolista internacional Verónica Boquete será a madriña da Copa Sálvora deste ano

Vernica_boquete_no_seu_faceboo

  • Comezou a súa exitosa carreira no fútbol nas categorías inferiores do Xuventú Aguiño de Ribeira

Media_httpprotagonist_gavkf

Verónica Boquete, nunha imaxe da revista Protagonistas del Juego


Ribeira, 17 de abril de 2012. A santiaguesa Verónica Boquete Giadáns (Santiago, 9 de abril de 1987), que vai ser madriña do campionato Copa Sálvora deste ano 2012, comezou a súa traxectoria nas categorías inferiores do Xuventú Aguiño de Ribeira. Foi fichada polo Prainsa Zaragoza en 2005, con quen debutou na Superliga. Entre 2008 e 2010 xogou no Real Club Deportivo Español Feminino, onde conseguiu un subcampionato da Superliga e dúas copas da Raíña en 2009 e 2010.

No verán de 2010 fichou polo Chicago Rede Stars da Women's Professional Soccer de Estados Unidos, que a cedeu ao Buffalo Flash da W-League. Tras o verán, regresou ao RCD Español para xogar a tempada 2010-2011 na que anotou 39 goles en 26 partidos.

No verán de 2011 fichou polo Philadelphia Independence da WPS estadounidense con quen foi nomeada mellor xogadora da liga regular e conseguiu o subcampeonato da WPS. En setembro de 2011 fichou polo Energy Voronezh da Top Division de Rusia, con quen disputou ademais a liga de Campións da UEFA feminina e en xaneiro de 2012 fichou por dúas tempadas polo Tyresö FF da Damallsvenskan de Suecia.

É internacional coa selección feminina de fútbol de España e formou parte da selección que gañou o Campionato Europeo Feminino Sub-19 da UEFA en 2004.


Bo ritmo de inscrición

 

A inscrición de equipos continua a moi bo ritmo e nos próximos días quedarán pechadas as prazas, tendo os máis remolóns a oportunidade de meterse na Fase Previa onde 2 equipos de cada categoría (prebenxamín, benxamín e alevín) lograrán o pase para a Fase Final do 2 e 3 de Xuño no Campo Municipal de A Fieiteira en Ribeira .

Para máis información consulten a páxina web do evento: www.copasalvora.com ou tamén en www.copasalvora.blogspot.com o en Facebook: Copa Sálvora Futbol Base.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: repartirán por Barbanza pousavasos en galego deseñados por unha alumna do "Félix Muriel"

Pousavasos_claudia3c_4


Rianxo, 17 de abril de 2012. O pousavasos da imaxe que acompaña esta información foi feito por Claudia Rodríguez (3ºESO C do "Félix Muriel"). É un dos gañadores a nivel de todo o Barbanza nun certame que fixeron os equipos de dinamización lingüística dos centros de ensino. No instituto de Rianxo houbo todos estes deseños.

Nun inicio, editaranse 5.000 exemplares do pousavasos, anque están intentando finanzamento para 10.000 unidades. Mil exemplares serán repartidos en establecementos asociados a Arousa Norte (principalmente casas de turismo rural) e os 4000 restantes inda non está concretado o xeito de distribución nos locais de hostalería de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira.

De ser posible, os pousavasos poríanse en circulación nas cafeterías o 17 de maio, Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Valentín Paz Andrade.

Vía IFM, Revista Bico da Ría

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical