- Comezou a súa exitosa carreira no fútbol nas categorías inferiores do Xuventú Aguiño de Ribeira
Verónica Boquete, nunha imaxe da revista Protagonistas del Juego
Ribeira, 17 de abril de 2012. A santiaguesa Verónica Boquete Giadáns (Santiago, 9 de abril de 1987), que vai ser madriña do campionato Copa Sálvora deste ano 2012, comezou a súa traxectoria nas categorías inferiores do Xuventú Aguiño de Ribeira. Foi fichada polo Prainsa Zaragoza en 2005, con quen debutou na Superliga. Entre 2008 e 2010 xogou no Real Club Deportivo Español Feminino, onde conseguiu un subcampionato da Superliga e dúas copas da Raíña en 2009 e 2010.
No verán de 2010 fichou polo Chicago Rede Stars da Women's Professional Soccer de Estados Unidos, que a cedeu ao Buffalo Flash da W-League. Tras o verán, regresou ao RCD Español para xogar a tempada 2010-2011 na que anotou 39 goles en 26 partidos.
No verán de 2011 fichou polo Philadelphia Independence da WPS estadounidense con quen foi nomeada mellor xogadora da liga regular e conseguiu o subcampeonato da WPS. En setembro de 2011 fichou polo Energy Voronezh da Top Division de Rusia, con quen disputou ademais a liga de Campións da UEFA feminina e en xaneiro de 2012 fichou por dúas tempadas polo Tyresö FF da Damallsvenskan de Suecia.
É internacional coa selección feminina de fútbol de España e formou parte da selección que gañou o Campionato Europeo Feminino Sub-19 da UEFA en 2004.
Bo ritmo de inscrición
A inscrición de equipos continua a moi bo ritmo e nos próximos días quedarán pechadas as prazas, tendo os máis remolóns a oportunidade de meterse na Fase Previa onde 2 equipos de cada categoría (prebenxamín, benxamín e alevín) lograrán o pase para a Fase Final do 2 e 3 de Xuño no Campo Municipal de A Fieiteira en Ribeira .
Para máis información consulten a páxina web do evento: www.copasalvora.com ou tamén en www.copasalvora.blogspot.com o en Facebook: Copa Sálvora Futbol Base.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario