20.3.13

Ribeira: Aguiño xa conta cunha pista polideportiva adicada ao S.D. Xuventú Aguiño

  • O alcalde estivo inaugurándoa esta tarde
Media_httpfarm9static_bxjdl

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, presidiu esta tarde o acto de inauguración da nova Pista Multideporte ‘S.D. Xuventú Aguiño’ situada fronte ao campo de fútbol de A Tasca.

O acto contou coa presenza de boa parte da xunta directiva deste club, co seu presidente José Manuel Vilas Álvarez á cabeza, ademais de outros membros como Ramón Gude Fernández, Rosa Vidal Fernández, María Vidal Fernández e Teresa Sampedro Canedo, ademais de outro presidente histórico da entidade como foi Manuel Regueira Fernández.

Ruiz Rivas recordou que este é a cuarta pista multideporte que o Concello de Ribeira vén de poñer en funcionamento nesta lexislatura, despois da apertura da ‘Irmáns Parada Alvite’ (“os primeiros grandes profesionais do fútbol que tivemos no concello”), a que se sitúa na praza do Centenario e a “Irmáns González Pérez”, recentemente inaugurada (“os únicos galegos que recolleron unha Copa do Rei e unha Liga”). O alcalde anunciu que se fará algunha máis, tal vez neste mesmo ano.

Así mesmo, manifestou que a Corporación quixo dedicar esta cuarta pista a un club “que dende fai moitos anos é exemplo de traballo, esforzo e bo facer” e que foi pioneiro nalgunha das súas facetas, tanto traballando as categorías base como apostando polo fútbol feminino cando ningún outro equipo do entorno ofrecía esta posibilidade.

Pola súa parte, José Manuel Vilas agradeceu ao Concello de Ribeira que realizase esta obra, que lle vai ser de suma utilidade aos rapaces do club.

Acto seguido, ambos procederon a descubrir un panel onde se resumen os méritos do Xuventú e, a continuación tería, lugar un partido na pista, de 40x20 metros, entre dúas formacións de categoría benxamín, baixo a atenta mirada de todos os veciños que quixeron estar presentes neste acto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado 23, concerto de Música de Cámara


Dende a Escola de Música de Rianxo comprácense en convidar a todo o mundo ao Concerto de Música de Cámara:

  • CONCERTO DE MÚSICA DE CÁMARA
Ensembles da Escola de Música de Rianxo
DÍA: Sábado 23 de marzo
HORA: 20:30 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo

O mesmo día, pero pola mañá ás 12:


Cartaz_concerto_msica_de_cmara

cartaz concerto música de cámara-marzo-2013.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: presentada a Rede de Músicas Soltas, que programa seis concertos entre primavera e outono

  • Este venres 22, primeiro concerto, con Ugía Pedreira e Fred Martins, que executan temas do disco Acróbata (música saborosa con cheiro ao mar do Atlántico da banda máis tropical na beira occidental e da catárquica da mariña lucense)

Rianxo, 21 de marzo, primavera xa, de 2013. Esta mañá presentouse o ciclo de concertos REDE DE MÚSICA SOLTAS que programa aCentral Folque, Central Galego de Música Popular e promove o Concello de Rianxo para recitais no Auditorio da vila durante as estacións de primavera e outono deste 2013.

Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo, e Ugia Pedreira, a directora focega de aCentral Folque e artista que abre o ciclo este venres acompañada de Fred Martins destacaron a importancia de manter activa a programación cultural durante todo o o ano e da oportunidade para o público local e da bisbarra de achegar artistas que están traballando desde diversos eidos da vangarda da música popular. Á procura de crear e asentar un público fiel á música ao vivo por un módico prezo (as entradas son a 5 € e hai posibilidade de mercar un abono para os seis concertos) aberto a todo o mundo.

Esta é unha rede tecida con concertos de autores galegos ou que viven en Galicia sendo doutras partes do mundo. Tamén son recitais de presentación de proxectos en activo, así temos os novos discos de Sérgio Tannus Trio (Son brasilego) e Davide Salvado (O ladrón de amorodos), a próxima estrea de Jazzología ou os novos temas de Xan Campos TrioDúo Fdez & Quintá e as cancións inéditas en Acrobata, o disco de Fred Martins e Ugia Pedreira.

O primeiro concerto será este venres 22 de marzo a partir das 20.30 h coa dupla atlántica de Fred Martins e Ugia Pedreira que farán un repaso por temas do seu disco Acróbata así coma presentarán algún inédito e descartes que non chegaron a ver a luz na publicación do CD.

Para escoitar música de Acrobata ou ter máis info: http://www.folque.com/acrobata/

Para ter máis info do ciclo: http://folque.com/produccion.php?txt=arbore_web90&txt_pai=arbore_web13



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: programa relixioso da Semana Santa, do 20 ao 31 de marzo

Cartel_semana_santa_riveira_20


Na imaxe, María do Carmen García Torrado, presidenta da Confraría do Paso e Elvira Pisos Arnoso, concelleira de Cultura de Ribeira


PROGRAMACIÓN DA SEMANA SANTA

 

20 – 21- 22 de MARZO

 

TRIDÚO DA SANTÍSIMA VIRXE DOS DOLORES

 

Eucaristía: ás 9 e 20 horas

 

Mércores: ás 6 da tarde. celebración do perdón. Nenos e rapaces de 1º e 2º de ESO.

 

Venres: ás 11 h. celebración especial para enfermos e impedidos. perdón sacramental, comuñón pascual e santa unción.

solemne eucaristía ás 20:30 h.

 

(Nota: os enfermos que non teñan medios para acudir ao templo e o desexen, dígannolo e facilitaráselles. Así mesmo, cantos desexen recibir os sacramentos na súa casa serán atendidos. Prégase aos familiares que o comuniquen)

 

Dirixirá os actos o padre Damián Bruyel (misioneiro comboniano)

 

DOMINGO DE RAMOS – 24 DE MARZO

 

Eucaristía na parroquia: 9:30 - 11:30 - 12:30 e 20:30 h.

 

Bendición das Palmas: 11 ante a cripta do Monumento.

11:00 Cruceiro de Santa Clara, a seguir,  Eucaristía no Templo.

 

25 – 26 DE MARZO

 

Catequese pascual para a mocidade -  20:00. Salón de Cristóbal Colón.

 

Reflexión espiritual para adultos - 21:00 h - Aula M. guerra.

 

27 DE MARZO

 

PROCESIÓN DO PASO “XESÚS NA HORTA DAS OLIVEIRAS”

 

Acompañada pola Cofradía do Paso, Banda de Música de Negreira e Banda OJE de Ferrol.

 

Saída da rúa Cristóbal Colón ás 22 horas percorrendo as rúas de Galicia, Rosalía de Castro, Malecón, Galicia e Cristóbal Colón.

 

(Nota: Segundo refire a presidenta da Cofradía do Paso, Mª Carmen García Torrado, este ano espérase a participación duns 90 cofrades durante a procesión)

 

XOVES SANTO – 28 DE MARZO

 

Celebración sacramental do Perdón ás 10:00 h.

 

Solemne Eucaristía “na Cea do Señor” ás 19:30 h.

 

Adoración ante o Santísimo Sacramento ás 22:00 h. Durante a noite as quendas de adoración nocturna celebrarán a vixilia especial deste día.

 

VENRES SANTO – 29 DE MARZO

 

Día de xaxún e Abstinencia.

 

Oración de Laudes e Sermón do “Encontro” ás 10:30 h.

 

Seguidamente celebración do Perdón Sacramental.

 

En Santa Clara - celebración penitencial ás 18:00 h.

 

Acción litúrxica “na Morte do Señor” ás 19:30 h.

 

Procesión do Santo Enterro e a Soidade ás 21:30 h.

 

SÁBADO PASCUAL – 30 DE MARZO

 

Catequese Pascual para os nenos ás 11:00 h.

 

Vésperas e Sermón da Esperanza de María ás 20:00 h.

 

Vixilia Pascual ás 22:00 h. A seguir, encontro fraternal e brinde no salón anexo ao templo.

 

DOMINGO PASCUAL – 31 DE MARZO

 

Eucaristía na parroquia: 11:30 - 12:30 e 20:00 h. A seguir, concerto de órgano a cargo do organista Joaquín Barreira.

Eucaristía en Santa Clara ás 11:30 h. 

(Estará toda a semana Hernán Javier Hernández,

sacerdote colombiano na Universidade Pontificia de Comillas)

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical