20.3.13

Rianxo: presentada a Rede de Músicas Soltas, que programa seis concertos entre primavera e outono

  • Este venres 22, primeiro concerto, con Ugía Pedreira e Fred Martins, que executan temas do disco Acróbata (música saborosa con cheiro ao mar do Atlántico da banda máis tropical na beira occidental e da catárquica da mariña lucense)

Rianxo, 21 de marzo, primavera xa, de 2013. Esta mañá presentouse o ciclo de concertos REDE DE MÚSICA SOLTAS que programa aCentral Folque, Central Galego de Música Popular e promove o Concello de Rianxo para recitais no Auditorio da vila durante as estacións de primavera e outono deste 2013.

Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo, e Ugia Pedreira, a directora focega de aCentral Folque e artista que abre o ciclo este venres acompañada de Fred Martins destacaron a importancia de manter activa a programación cultural durante todo o o ano e da oportunidade para o público local e da bisbarra de achegar artistas que están traballando desde diversos eidos da vangarda da música popular. Á procura de crear e asentar un público fiel á música ao vivo por un módico prezo (as entradas son a 5 € e hai posibilidade de mercar un abono para os seis concertos) aberto a todo o mundo.

Esta é unha rede tecida con concertos de autores galegos ou que viven en Galicia sendo doutras partes do mundo. Tamén son recitais de presentación de proxectos en activo, así temos os novos discos de Sérgio Tannus Trio (Son brasilego) e Davide Salvado (O ladrón de amorodos), a próxima estrea de Jazzología ou os novos temas de Xan Campos TrioDúo Fdez & Quintá e as cancións inéditas en Acrobata, o disco de Fred Martins e Ugia Pedreira.

O primeiro concerto será este venres 22 de marzo a partir das 20.30 h coa dupla atlántica de Fred Martins e Ugia Pedreira que farán un repaso por temas do seu disco Acróbata así coma presentarán algún inédito e descartes que non chegaron a ver a luz na publicación do CD.

Para escoitar música de Acrobata ou ter máis info: http://www.folque.com/acrobata/

Para ter máis info do ciclo: http://folque.com/produccion.php?txt=arbore_web90&txt_pai=arbore_web13



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical