10.7.10

Lousame: a camiñata programada o 23 de xullo a Santiago sae ás dúas da madrugada

Lousame, 10 de xullo de 2010. A Concellería de Deportes do Concello de Lousame coa colaboración da Agrupación de Protección Civil de Lousame organiza unha camiñata a Santiago para a realización do Camiño con motivo do Ano Santo Xacobeo.

Ringleira para cruzar a Porta Santa, que só se abre os Anos Santos (se Santiago cae en domingo)

A camiñata realizarase a madrugada do venres ao sábado 23 de xullo con saída ás dúas da mañá e chegada prevista a Santiago ás dez e media da mañá para escoitar a Misa do Peregrino. Para máis información sobre a inscrición: na Concellería de Deportes ou no teléfono 981 820 494.

Misa do Peregrino na catedral compostelana

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: do 16 ao 18 de xullo, Festas do Carme en Aguiño

Se es de Aguiño, xa o saberás (o programa) e se non es, e queres coñecer unha festa tradicional mariñeira, mírao en http://www.riveira.es/content.asp?ContentId=+2524

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Arte: "O soño das cores", sete autores galegos contemporáneos expoñen no auditorio ata o 10 de agosto

Cadro de Marina Cocós, unha das artistas qe expoñen

Ribeira, 10 de xullo de 2010.- O Auditorio Municipal acubilla ata o día 10 de agosto a exposición colectiva “O Soño das Cores”, na que se exhibirán un total 45 creacións pictóricas e escultóricas pertencentes a sete autores do panorama artístico contemporáneo galego. 

A iniciativa está promovida pola Asociación Galega Arte e Cultura (AGAEC) e recibiu a colaboración do Concello a través da súa Área de Cultura e Festexos, no obxectivo do departamento que dirixe Luciano Fernández de achegar aos veciños do municipio a arte en todas as súas facetas creativas.

Cadro de Carmen Sevillano

Nesta mostra participan as pintoras Marina Cocós, Aurora G. Pombo, Esther Molinero Ñacle, e Carmen Sevillano, e o pintor Manuel Nieto. 

Fran Lareo (á dereita de todo) xa estivo en Ribeira con "Figuramas" o ano pasado

No que respecta ao apartado escultórico, participará o brionés Fran Lareo, quen xa en agosto do ano pasado participara no recinto de mostras riveirense coa súa exposición “Figuramas”. Por último, Pepa Mariño exhibirá traballos nas dúas modalidades creativas.

Escultura de Pepa Mariño, chamada "Bailarina"

AGAEC é unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 2004, integrada por preto de trinta artistas plásticos, ademais de poetas, músicos e outros colaboradores. O obxectivo prioritario da asociación é a difusión e promoción da arte e da cultura en todas as súas manifestacións, tanto dentro da comunidade galega coma no exterior. A principal actividade de AGAEC é a realización de proxectos artístico culturais interdisciplinares e interculturais, en colaboración con outras institucións, organismos, fundacións, asociacións, etc.

Se queren consultar os curricula dos artistas, só teñen que buscalos na web de Agaec: http://www.artegalicia.org

Relacionada:


Artistas de Agaec na Casa mariñeira de A Pobra, vexa

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: los socialistas locales piden visión de futuro con respecto a la ubicación de la nueva lonja

Ribeira, 10 de julio de 2010. El grupo municipal del PSdeG-PSOE de Ribeira emitió una nota de prensa para pronunciarse sobre lo que consideran una errónea ubicación de la futura lonja. Como es costumbre en este medio, le ofrecemos la nota íntegra, sin interpretaciones ni cortes:

"Nadie podrá quitarle a Ribeira su hegemonía pesquera y consiguiente pujanza industrial y de desarrollo, a no ser que, quienes marcan los caminos e indican los itinerarios de progreso, no tengan la misma visión de futuro de los emprendedores de nuestro pueblo. Cuando los dirigentes, estatales, autonómicos o locales, se mueven por intereses electoralistas, de falso ahorro o de complacencia cortoplacista, siguiendo las directrices de gobernantes cortos de miras, el futuro de los pueblos puede quedar anquilosado.

Ribeira y su puerto no son una excepción, por culpa de la presbicia mental de quienes no ven más allá de sus pestañas. Esta falta de visión de futuro para el desarrollo de nuestro puerto, motivada por una enfermiza estrechez de miras que conduce a rellenar obsesivamente cada uno de los espacios existentes en las dársenas del puerto de Ribeira, pretende ahora dejar inoperativa la imprescindible explanada en donde los rederos ejercen su imprescindible labor. Esta forma de “urbanizar” Ribeira que tanto daño causó y está causando al bienestar y progreso de nuestra ciudad, pretende ahora bloquear, hasta la asfixia, las posibilidades operativas del transporte y de los servicios portuarios, moviendo la lonja de lugar, hacia donde más perjudica los intereses pesqueros, y, el consiguiente desarrollo del puerto de Ribeira. Hay decisiones y actuaciones en la historia de los pueblos, tales como esta de construir una nueva, moderna y necesaria lonja para nuestro puerto que, de realizarse en el pretendido espacio, al lado del cortijo de algunos intereses, significará el estancamiento definitivo y tal vez la puntilla del desarrollo comercial pesquero futuro, en beneficio de otros puertos gallegos que se aprovecharán de nuestra falta de visión.

Si Ribeira careciese de puerto exterior, tal vez habría que amoldarse. Pero con la ventaja de disponer de ese espléndido espacio, la nueva lonja de servicios y de contratación pesquera, debe aumentar su potencial y ayudar a la descongestión del puerto, ubicándose precisamente allí, sin duda alguna. Los socialistas de Ribeira, deseamos que las autoridades recapaciten y actúen con visión de futuro. Por nuestra parte, haremos lo posible por corregir tan grave y errónea decisión, pues no queremos ser partícipes de la pérdida de competitividad y progreso de nuestro puerto, y por consiguiente de nuestra ciudad".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: nenos entre 6 e 14 anos patrullarán Carragueiros, A Retorta, Mañóns e Barrana como instrutores medioambientais


Para formar parte desta iniciativa poden inscribirse antes do 19 de xullo

Boiro, 10 de xullo de 2010. Este é o terceiro verán no que funcionará a patrulla medioambiental nas praias de Boiro. Comezará as súas vixilancias o luns, 19 de xullo.Trátase dunha actividade desenvolvida por nenos de entre 6 e 14 anos nos areais de Carragueiros, A Retorta, Mañóns e Barraña. Os nenos uniformados patrullan as praias como instrutores medioambientais, premiando aos usuarios polas súas boas actitudes, con agasallos de cinseiros e chapas feitas por eles mesmos.


En praias do Algarve portugués hai cinseiros para que os fumadores tomen prestados e recollan as súas cabichas sen emporcar a area


Participarán na campaña deste ano aproximadamente 50 nenos que repartirán 2.500 cinseiros. A actividade é desenvolvida pola empresa Trebello, a cargo do monitor Luís Castro, por petición das concellerías de Turismo e Medio Ambiente do Concello de Boiro. A actividade está patrocinada pola empresa Javasan Excom, encargada da limpeza dos areais boirenses. Aínda quedan prazas para participar nesta actividade. Os que se queiran inscribir deberán facelo antes do 19 de xullo en info@trebello.com ou chamando ao teléfono 679.20.88.53 

Relacionada:


Policía infantil de Ribeira: esta é a XV Promoción

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: veciños de Baroña alertan sobre campistas que fan lumes en fincas privadas

"Os ocupas que acampan nas propiedades privadas (neste caso da miña dona) a carón do Castro de Baroña, notase que teñen "licenza" para todo, acampar e mesmo para facer lume, cando todo mundo sabe que está totalmente prohibido", explica Paco do Martelo (Arben) nesta imaxe no seu flickr.
A acampada libre non está permitida en moitos sitios, algo do que lles falan os rapaces de Axena

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Mar: a felicidade dun sueco en Ons nos anos 70

Impresionante documento. Véxano e difúndano: estamos a perder todo isto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical